Tensións da Guerra Fría e a Formación da Unión Europea
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 11,2 KB
Tensións nos Bloques da Guerra Fría
Durante a Guerra Fría tamén se produciron tensións no interior dos dous bloques. No bloque soviético, as desavinzas coa Iugoslavia comunista do mariscal Tito, o heroe da resistencia contra os nazis, optaron por unha vía propia de organización social e económica, diferente do modelo soviético. Defendía unha posición de neutralidade. As relacións entre a China comunista e a Unión Soviética comezaron a deteriorarse. En 1956 produciuse un movemento popular antisoviético en Hungría que foi esmagado polo exército ruso. Posteriormente, Checoslovaquia viviu un proceso de cambio cara a unha democratización, a chamada "Primavera de Praga". A URSS, que temía que as reformas liberalizadoras se estendesen a outros países da Europa do Leste, sufocou este movemento coa entrada de tropas do Pacto de Varsovia.
No bloque occidental, en Irán en 1979, o sha de Persia, apoiado por EE.UU., foi expulsado trala revolución islámica. A resistencia dos grupos islámicos mantiña vivo un sistema de guerra civil que perdura ata a actualidade. Pero a intervención foi especialmente relevante en Latinoamérica, onde se producían intervencións de tropas estadounidenses en Nicaragua, Guatemala, El Salvador, Panamá, etc. Ou EE.UU. deu o seu apoio a diversos golpes de estado, como os que acabaron cos réximes democráticos de Chile e Arxentina.
Os grandes países occidentais estaban gobernados por réximes parlamentarios. A alternancia no poder exercíase entre un bloque de centro-dereita e outro de centro-esquerda, cuns partidos comunistas apartados dos gobernos. Este esquema podía aplicarse tamén a EE.UU. A mediados dos anos 70 impúxose tamén a transición democrática dos réximes militares do sur de Europa: Portugal, España e Grecia. No bloque oriental implantábase o modelo soviético cuns partidos comunistas que dominaban o poder.
Estados Unidos
O momento máis significativo desta etapa foi a presidencia de Kennedy, que foi elixido presidente tralas eleccións de 1960. Intentou cambiar aspectos básicos da sociedade norteamericana promovendo o intervencionismo económico do estado, a adopción de medidas sociais e a eliminación da discriminación racial. Coa elección de Nixon culminou o mandato de Reagan (1981-1989), abandono dos programas sociais, un forte incremento dos gastos militares e un liberalismo económico radical que beneficiou ás grandes empresas e ás maiores fortunas.
Reino Unido
O Reino Unido tivo que asumir despois da segunda Guerra Mundial unha decadencia económica a causa da perda do seu imperio colonial, dualismo conservadores-laboristas. Produciuse un xiro moi destacado coa elección como primeira ministra de Margaret Thatcher. Defendeu unha política de liberalismo sen reparos, favoreceu ás grandes empresas, someteu aos poderosos sindicatos, desnaturalizou parte de empresas estatais e dos servizos públicos, e aumentaron as diferencias sociais.
Francia
Francia viviu unha posguerra baixo a notable influencia do xeneral De Gaulle, figura clave na resistencia contra a ocupación alemá. Acabada a guerra, os franceses aprobaron por referendo a derrogación da III República e o inicio dunha IV. O novo réxime caracterizouse pola persistencia de gobernos débiles, constante inestabilidade política na que desenvolveu un papel destacado un poderoso partido comunista sempre marxinado do poder. O principal problema que afrontou Francia nestes anos foi a independencia de Alxeria, xa que esta colonia contaba cun millón de colonos franceses opostos radicalmente á independencia. En 1957, as frecuentes crises de goberno propiciaron o regreso de De Gaulle ao poder, que impulsou o inicio da V República, que se caracterizou polo reforzamento do poder presidencial. O presidente dispoñía da facultade de disolver as cámaras e de someter a referendo calquera tema de goberno. O recoñecemento da independencia de Alxeria en 1962 e o movemento estudantil en maio de 1968, que influíu en todas as mobilizacións xuvenís de Europa occidental. Os estudantes ocuparon a Sorbona e millóns de traballadores sumáronse á folga estudantil paralizando Francia. Os movementos estudantís europeos cuestionaron valores, costumes e formas de facer política propias da Europa da posguerra.
Alemaña
A parte de Alemaña que quedou baixo control de EE.UU., Reino Unido e Francia converteuse en 1949 na República Federal Alemá e nela instaurouse trala guerra un réxime democrático cos gobernos de Adenauer e Erhard. Espectacular recuperación da economía, sinatura definitiva da paz con Francia mediante o tratado franco-alemán de 1963 que puxo fin a case cen anos de inimizade. Willi Brandt, a súa maior contribución política foi a apertura cara aos países do bloque soviético. En 1970 recoñecíanse as fronteiras xurdidas pola segunda Guerra Mundial, recoñeceu a República Democrática Alemá mais non as súas fronteiras. A reunificación das dúas Alemañas en 1990 deu orixe á maior potencia europea.
Italia
A peculiaridade italiana consistiu na existencia dun forte partido comunista que organizaba política e culturalmente a case un terzo do electorado. Outro gran partido era a Democracia Cristiá, que estivo sistematicamente á fronte de todos os gobernos italianos.
O Bloque Soviético
A expansión do comunismo trala guerra foi rápida. Stalin e a URSS, prestixiados pola súa vitoria contra a Alemaña nazi, influíron na construción de novas democracias populares en países do Leste e dentro de Europa. O termo democracias populares estableceuse para diferenciar o modelo ruso das democracias burguesas de Europa occidental. Características: a colectivización agraria, a nacionalización da industria e os transportes e a planificación estatal. As democracias populares estaban unidas nunha alianza militar (Pacto de Varsovia) e noutra agrupación, o Comecon. A vitoria de Mao Zedong en 1949 fixo da inmensa China unha república popular comunista. O partido comunista impúxose como partido único. A Unión Soviética e Krushev intentaron unha certa reforma do réxime democrático e fomentaron a distensión das relacións con EE.UU. a través da coexistencia pacífica. Breznev, co que se iniciou a última e decadente etapa da URSS. A Breznev sucedéronlle outros secretarios xerais do partido, todos eles de avanzada idade. En 1985, o PCUS elixiu como secretario xeral a un home novo, Gorbachov. O bloque de países comunistas do leste de Europa estivo sempre sometido ao control e aos intereses da URSS. A pesar do duro control político e social, estes réximes estiveron axitados por explosións de descontento: en 1953 na República Democrática Alemá, en 1956 en Hungría, en 1968 en Checoslovaquia. A pesar de chamarse populares, non garantían nin as liberdades persoais nin unhas condicións de vida aceptables. Os disidentes que se opuñan ao modelo soviético foron aumentando paulatinamente.
Proceso de Unión Europea
O proceso de unidade de Europa despois da segunda Guerra Mundial. Anteriormente, europeos notables propuxeran proxectos de unidade europea, pero os fortes sentimentos nacionalistas fixeron fracasar estes intentos.
Comezos da UE
As súas orixes máis profundas poden atoparse na reunificación franco-alemá. A xeneralización da idea de integridade europea produciuse despois da segunda Guerra Mundial. Cuestionouse a necesidade de superar os efectos da guerra e de evitar outra conflagración. O fin da guerra mostrara a debilidade de Europa no marco internacional, máis evidente ao quedar o vello continente dividido en dous bloques opostos. Os países de Europa occidental, arruinados pola guerra, tiñan a necesidade de se agrupar para reconstruír as súas economías e para facerlle fronte á ameaza do expansionismo soviético. Neste sentido, o Plan Marshall de axuda estadounidense supuxo un impulso para este proxecto.
O Proceso de Construción Europea
En 1948, a OECE, encargada de coordinar os investimentos do plan de axuda estadounidense (o Plan Marshall). O Consello de Europa foi creado en 1949 coa súa influencia simbólica. A CECA, que foi o xermolo actual da UE, creouse en 1951 por seis estados occidentais: Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. Gran Bretaña, hostil á perda de soberanía, rexeitou formar parte dos primeiros intentos europeístas. A CEE e EURATOM naceron polo Tratado de Roma en 1957 polos seis países que fundaran a CECA. Paralelamente construíuse a Asociación de Libre Comercio. O éxito da CEE fixo que en 1967 solicitasen o seu ingreso nela o Reino Unido, Dinamarca e Irlanda, que se fixo efectivo seis anos despois. En 1981 incorporouse Grecia e en 1986 Portugal e España.
Economía Despois da 2ª Guerra Mundial
De 1945 a 1973, o mundo desenvolvido capitalista viviu unha etapa de crecemento económico excepcional pola súa amplitude, a súa duración e a súa regularidade.
A Economía Occidental Trala Contenda
EE.UU. foi a potencia occidental que resultou economicamente máis beneficiada pola segunda Guerra Mundial. En 1945 converteuse no líder do mundo capitalista e dirixiu a recuperación doutras economías capitalistas ás que dominou sen ningún rival. O dólar converteuse en moeda internacional; as formas máis eficaces de produción desenvolvíanse a través de patentes estadounidenses; as súas empresas dominaban os mercados internacionais. Europa occidental, entre 1945 e 1950, foi un período de reconstrución económica coa axuda importantísima de EE.UU. a través do Plan Marshall. A partir de 1950 houbo un gran esplendor co conseguinte aumento do nivel de vida. Nos países europeos aumentou a intervención do estado na economía, co apoio dos socialistas, comunistas e demócrata-cristiáns. Consolidouse o chamado estado do benestar, no cal o estado garantía educación, sanidade, desemprego, etc. Xapón tivo unha evolución económica parecida á europea.
A Economía do Bloque Soviético
O bloque soviético constituíu o Consello de Asistencia Económica (Comecon) en 1949, que facilitou os intercambios entre países membros. O desenvolvemento económico do bloque soviético centrouse na industria pesada, deixando nun lugar secundario a industria de produtos de consumo. Afectáballe a baixa produtividade, excesivos gastos militares e escaseza permanente de artigos de consumo fixeron que este modelo produtivo se derrubase nos anos oitenta.
A Crise Económica do 73 e as súas Repercusións
A crise de 1973 supuxo unha fase de recesión económica. A crise do petróleo en 1973, o enfrontamento árabe-israelí desembocou na decisión dos países produtores de petróleo, moitos deles árabes, a aumentar fortemente o prezo deste produto. Polo tanto, as economías desenvolvidas de Occidente, grandes consumidoras desta fonte de enerxía, víronse moi afectadas. A crise manifestouse en todos os sectores económicos, aumentando vertixinosamente o número de parados. O incremento da produtividade e a concentración empresarial. No campo da doutrina económica, a crise do 73 fomentou a aparición do neoliberalismo, que outorga ao estado un papel secundario na actividade económica e que fai do libre mercado o eixe exclusivo da política económica e social.