Teatro nos primeiros anos do seculo XX na literatura galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,51 KB

A dramaturxia dos primeiros anos do século XX sitúase entre a corrente tradicional do teatro costumista e histórico de finais do século XIX (ámbito rural e mariñeiro, intencionalidade didáctica, folclorismo, particularismo, coros) e o teatro nacionalista da época das Irmandades (universalismo, preocupación polos aspectos formais, ruptura da dualidade urbano/rural, introdución de novas formas e tendencias, dramaticidade).

    Un elemento fundamental do noso teatro no pobo foron os “coros populares”. A súa actividade teatral, preludio da das Irmandades, levounos a estrear numerosos espectáculos por toda Galicia.

    Entre os autores máis representativos:

- Xosé San Luís Romero (1872-1966). Emigrou novo a Arxentina onde representou varias pezas teatrais, volveu a Galicia e foi un autor de gran éxito. Ex.: O fidalgo, un logrado drama anticaciquil estreado en Santiago en 1918.

- Xavier Prado Rodríguez (1874-1942). Coñecido por “Lameiro”, foi un autor moi recoñecido. A súa obra dramática foi recollida en dous tomos publicados baixo o título de Monifates e farsadas. A súa obra achégase a corrente decimonónica pero chea de comicidade.


O teatro das Irmandades


A estrea en 1919 da peza de Ramón Cabanillas A man da Santiña significou a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galega (dependente das Irmandades da Fala) e, o comezo dunha nova xeira na historia do noso teatro. Porque nun contexto de efervescencia político-
cultural, o teatro galego converteuse nun instrumento ideal para espallar popularmente o ideario nacionalista. As liñas herdadas do teatro precedente van ser superadas gracias a tarefa de dramaturgos vinculados ás Irmandades.

  Prodúcense un cambio nos temas (finalidade propagandística): recreación de episodios sinalados da nosa historia (Pardo de Cela...), reivindicación social coa emigración de fondo, a recuperación cultural (loita pola dignificación da lingua e cultura galegas).

   Aparecen novas posibilidades: o drama simbolista, o teatro cómico e infantil, a comedia burguesa, incluso a ópera. Esta renovación veu acompañada dun grande éxito de público.



Entradas relacionadas: