O Teatro Galego e a Prosa do Grupo Nós: Análise e Contexto Histórico
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,99 KB
O Teatro Galego entre 1936 e 1976
Tras a Guerra Civil, o teatro viuse condenado ao silencio. Nos anos 60 aparecen os primeiros grupos de teatro independente ligados ao movemento estudantil e ás asociacións culturais. Máis adiante iníciase a celebración da 1ª mostra de Teatro Galego de Ribadavia, que supón unha plataforma para a representación da produción teatral do momento. Nesta época podemos establecer tres etapas:
1) Teatro da posguerra
Representa a continuidade coa renovación teatral que se estaba a dar antes da guerra. Destacamos a:
- Blanco Amor: Fundou a compañía Teatro Popular Galego e converteuse nunha das principais figuras do teatro independente. Destacamos: Farsas para títeres
- Cunqueiro: Renova o teatro galego con obras como O incerto señor Don Hamlet.
- Carballo Calero: En obras como A farsa das zocas aplica a técnica da farsa a contidos da vida rural e da tradición.
2) Xeración dos 50
Conseguiron alcanzar altos niveis de calidade literaria nas súas pezas teatrais e o seu exemplo serviu de estímulo para autores máis novos.
Características:
- Estes autores son a 1ª xeración posterior á Guerra Civil.
- Cultivaron tamén outros xéneros literarios.
- As súas obras están condicionadas por unha fonda preocupación sociopolítica.
- O texto dramático é un instrumento de loita.
- Abordan temas moi heteroxéneos.
Destacan:
- Daniel Cortezón: É partidario dun teatro comprometido que contribúa a evitar a perda da memoria histórica. Destaca Prisciliano.
- Manuel María: Na súa obra O meu mundo non é deste reino, o autor parodia o discurso político da ditadura.
3) Mostra de teatro de Ribadavia
Os lentos cambios no contexto sociopolítico propiciaron a recuperación das actividades teatrais. Aparece o grupo Abrente, que ten unha concepción profesional do teatro galego.
Características:
- Autores vinculados de forma directa á práctica teatral.
- Gusto polo experimentalismo e conexións coas tendencias do teatro europeo.
- Teatro comprometido no que se denuncia a opresión.
- Amósase interese tamén polo teatro infantil.
Destacan:
- Manuel Lourenzo: Nas súas obras destacamos:
- Unha liña clásica, onde retoma conflitos para representar a realidade galega. Destaca Electra.
- Unha liña histórica, onde retoma figuras do pasado de Galicia e mostra unha visión anovada deles.
- Unha liña de teatro inmediato, onde acostuma ter un carácter máis experimental.
- Roberto Vidal Bolaño: Presenta unha visión crítica e irónica da realidade. Destaca: Saxo tenor.
A Prosa do Primeiro Terzo. Grupo Nós
A prosa das Irmandades
A prosa galega experimentou grandes avances como o demostran os seguintes feitos:
- A aparición en galego do ensaio na que destacan: Antón Vilar Ponte, Lois Porteiro Garea e Vicente Viqueira.
- O desenvolvemento da prensa en galego. Destaca o xornal A Nosa Terra ou a revista Nós.
- A aparición de coleccións de novela curta. Destacan as editoriais Céltiga e Lar.
A prosa do grupo Nós
Xorde un grupo de escritores que contribuíron ao progreso da nosa literatura: o grupo Nós que supuxo a consolidación e modernización da prosa galega.
Eran universitarios, de elevada formación intelectual e crían que a súa misión era elevar a cultura galega. Se interesaban moito pola literatura irlandesa e a cultura bretoa, e isto levounos a conectar Galicia con Europa nun afán de modernización.
Vicente Risco
Foi fundador das Irmandades, da revista Nós e do Partido Galeguista. Ao comezar a Guerra Civil abandonou o galeguismo.
Ensaio
Atopou no ensaio o vehículo adecuado para plasmar o seu didactismo. Na súa evolución ideolóxica distinguimos unha etapa non galeguista, outra galeguista e logo outra non galeguista. Destaca Os inadaptados.
Narrativa
Anovou ao incorporar temas urbanos e exóticos e ao reescribir temas populares. Destaca O porco de pé, novela satírica e didáctica contra o ascenso da burguesía.
Otero Pedrayo
En Santiago estudou Filosofía e Letras, en Madrid licenciouse en Dereito e doutorouse en Xeografía e Historia. Participou nas Irmandades e en Nós, a pesar de que ao principio non participou no galeguismo.
Ensaio
Case toda a súa produción versa sobre xeografía e Historia. Destaca: Peregrinaxes, crónica da viaxe que fixo a pé a San Andrés de Teixido.
Narrativa
As súas novelas clasifícanse en:
- Realistas: Destaca Mesón dos ermos.
- Culturais: Destaca Arredor de si, na que retrata a súa xeración.
Castelao
Estudou Medicina en Santiago, participou nas mobilizacións agraristas e nas Irmandades. Foi director artístico da revista Nós e fundador do Partido Galeguista. Ademais de ser escritor foi político, debuxante, pintor…
Narrativa
Foi un artista que mesturou texto e plástica. As súas obras reflicten a vida do pobo e na súa prosa hai un compromiso coas clases máis humildes. Destaca Cousas, que é a súa creación máis orixinal. Cada cousa consta dun debuxo que complementa o texto.
Ensaio
Destaca Sempre en Galiza, onde expón a súa ideoloxía galeguista.
Florentino Cuevillas
Foi o arqueólogo e prehistoriador do Grupo Nós. Destaca Prosa galegas, na que trata de difundir e explicar a cultura galega dende as súas raíces.