Teatro galego no primeiro terzo do seculo xx

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,58 KB

4- O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO S. XX: IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS

O que está en azul é o que hai que engadir, substituíndo así o contexto histórico da páx. 220

Nas primeiras décadas do século
XX, a literatura galega recibiu un notable pulo, non só na narrativa, senón noutros xéneros como a dramaturxia. Este pulo foi grazas ós avances no eido cultural galego como: o nacemento de a RAG (1916), das Irmandades da Fala (1916) ou do Seminario de Estudos Galegos (1923). O obxectivo de todas estas institucións era a defensa e difusión do galego como punto de partida para a recuperación da cultura galega.

A dramaturxia dos primeiros anos do século xx sitúase a medio camiño entre a continuidade do teatro costumista e o histórico de século xix e o teatro nacionalista das Irmandades.

O teatro das Irmandades.

A estrea en 1919 da peza de Ramón Cabanillas A man de Santiña significou a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galego e, ao mesmo tempo, o comezo dunha nova xeira na historia do noso teatro

Nun contexto de grande efervescencia político-cultural, o teatro galego converteuse nun instrumento ideal para estallar popularmente o ideario nacionalista.

A intención propagandística comporta a busca dunha temática acorde con ela: A recreación de episodios singulares da nosa historia, reivindicación social, recuperación cultural…

Xorden así, novas formas dramáticas como: o drama simbolista, o teatro cómico e infantil, a comedia burguesa…

Algúns dos principias dramaturgos do momento foron:

* Ramón Cabanillas.

Compuxo dúas obras: A man de Santiña e O Mariscal.

* A man de Santiña: é o primeiro intento de comedia burguesa da nosa dramaturxia. Con ela Cabanillas consegue demostrar que a lingua galega non desmerece calquera argumento ( os protagonistas de clase social alta, tamén falan galego).

* O Mariscal: é unha traxedia histórica en verso centrada na figura de Pedro Pardo de Cela, símbolo da rebelión fronte a Castela.

O teatro de Cabanillas adoita describirse como poético, modernista no estilo e con tendencia á mitificación de ambientes e personaxes.

* Antón Villar Ponte.

Foi fundador das Irmandades da Fala, no seu seo ocupouse de impulsar a difusión do teatro galego. Destacamos a súa obra
Os evanxeos da risa absoluta.

O teatro das vangardas.

Nomeamos así o teatro dun grupo de autores que naceron a finais do século XIX e comezos do XX que manteñen unha relación próxima coas vangardas históricas e polo tanto se deciden por unha renovación controlada.

De entre estes autores imos destacar a Rafael Dieste coa súa obra A fiestra valdeira

É unha comedia ambientada nunha vila costeira e que ten de protagonista a don Miguel, un vello mariñeiro que simboliza a loita do home na defensa da súa propia identidade.

A peza divídese en tres lances, que se corresponden coa estrutura de exposición, nó e desenlace. Trata dun mariñeiro enriquecido na emigración que quere ser retratado por un pintor. Este pinta como fondo do cadro unha fiestra na que se ven escenas mariñeiras. A súa muller e a súa filla queren que ese fondo, que lle recorda épocas pasadas, sexa substituído por outro máis acorde coa situación actual, un xardín fidalgo. A partir de aí prodúcese un conflito no que antigos compañeiros de don Miguel se senten desprezados e un deles corta un anaco do lenzo.

O teatro da xeración Nós.

A renovación no teatro da xeración Nós caracterizábase da seguinte maneira:

- Desvincúlase da función propagandística. O teatro é unha arte de por si.

- Depúranse elementos costumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos.

- Incorpóranse tendencias da dramaturxia europea. O teatro é un espectáculo total: música, danza, pintura...

Entre os autores, destacamos a obra de:

Vicente

Risco.

É autor dunha única obra dramática, O bufón de El-Rei, fortemente marcada polo simbolismo. Trátase dun drama situado nunha corte medieval de tipo artúrico: unha raíña adúltera e o seu amante son delatados ante o monarca polo su bufón, cheo de celos.

Este bufón, protagonista da peza é un ser deforme, envexoso e intrigante. A través del, Risco cuestiona a relación ente a deformidade física e a moral.

* Ramón Otero Pedrayo

O teatro de Pedrayo, igual ca a súa prosa, non ten o obxectivo de presentar

acontecementos senón, máis ben, de recrear ambientes, espazos, personaxes...

Os espazos son acotío simbólicos ou indefinidos; os personaxes poden ser persoas, animais, cousas...

A primeira peza teatral escrita por Otero Pedrayo, A lagarada. Trátase dunha traxedia dionisíaca desenvolvida nun ambiente rural na estación da vendima. Os personaxes son labregos e no fondo da historia agroman a cobiza e a luxuria.

Contén elementos de tipo simbolista, como o xogo coas sombras ou o parlamento das pipas da adega.

* Castelao.

A súa única peza dramática, Os vellos non deben de namorarse, comezou a escribila antes da Guerra Civil, pero non puido estreala ata 1941, no exilio arxentino. Concibida como un espectáculo integral ( texto, música, danza, luminotecnia, decoración...), componse de tres lances nos que presenta tres versións do tópico drama do vello namorado dunha rapaza nova e, nos tres casos, de forma simétrica, remata coa morte do protagonista.

Entradas relacionadas: