Taxa de natalidade fecundidade mortalidade infantil e esperanza de vida
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,01 KB
Poboación activa:
conxunto de persoas que aportan o seu traballo para producir bens e servizos económicos, durante un período de referencia determinado, e dentro do rango de idade xeralmente dos 16 aos 65 anos. Inclúe as persoas que teñen emprego (poboación ocupada) e as que están en expectativa de obtelo (poboación desocupada). Quedan excluídos aquelas persoas maiores de 16 anos que son estudantes, persoas adicadas a labores do fogar, xubilados, pensionistas, os incapacitados permanentemente para o traballo, os rendistas, menores non escolarizados e opositores (poboación inactiva).
Esperanza de vida:
idade máis alta que os membros dun territorio poden chegar a alcanzar, sempre e cando, se manteñan as tendencias de mortalidade existentes nun determinado territorio. No caso español esta taxa foi incrementándose ao longo do s. XX dende os 35 anos ata chegar á actualidade onde temos unha das taxas máis altas do mundo: 83 anos
Réxime demográfico
Son as características do movemento natural que presenta unha poboación nun momento determinado. Este termo está relacionado coa Teoría da Transición Demográfica que explica que un país pasa por diversas fases demográficas ou réxime desde forma paralela ás transformacións económicas que atravesa: antigo, de transición e moderno ou maduro. No caso de España, está inmerso no réxime demográfico moderno cunha estrutura avellentada polo aumento da esperanza de vida e a redución da fecundidade.
Crecemento vexetativo:
(ou natural) diferencia entre o número de nacementos e as defuncións nunha poboación e nun período de tempo determinado, xeralmente un ano. No momento actual en España este crecemento é negativo por posuír unha taxa de natalidade moi reducida e presentar unha taxa de mortalidade incrementada como consecuencia do avellentamento progresivo da poboación.
Padrón municipal de habitantes:
fonte demográfica onde se recollen os datos dos veciños dun municipio e as súas características básicas (idade, sexo, actividade profesional, enderezo...). A realización, mantemento, revisión e custodia do padrón municipal correspóndelle ao Concello e os seus datos constitúen a acreditación da residencia no municipio e da residencia habitual nel. Pola súa banda o INE coordina unha base xeral formada con todos los Padrones municipais, que se actualiza mensualmente.
Inverno demográfico:
situación que se produce actualmente en países que están no réxime demográfico moderno, con taxas de fecundidade que están por debaixo da taxa de reposición (2,1 fillos por muller), o que provoca un avellentamento da poboación e a necesidade de favorecer a inmigración de cara a cubrir os postos de traballo necesarios para o funcionamento da economía. Esta problemática é significativa nos países máis avanzados da UE e Xapón, así como tamén en Rusia.