Sintaxe galega: oracións subordinadas, clases e perífrases verbais

Español4,56 KB

Sintaxe

Oracións subordinadas

As oracións subordinadas completan o sentido da oración principal ou, dentro dunha frase, funcionan como modificador do núcleo.

Clases de oracións subordinadas

Subordinadas substantivas

Desempeñan calquera función propia dos substantivos (suxeito, CD, suplemento). Poden ir introducidas por que.

  • De suxeito: introducidas pola conxunción que.
  • De CD: introducidas por que ou se.
  • De CI: introducidas pola preposición a.
  • De suplemento: precedidas pola preposición esixida polo verbo + nexo que ou quen.
  • De atributo: funcionan como atributo en oracións copulativas, introducidas por un artigo + que ou quen.
  • De predicativo: oracións que teñen como predicado un participio ou un xerundio.
  • De complemento axente: introducidas pola preposición por.
  • De complemento do nome, complemento dun adxectivo, complemento dun adverbio: funcionan como complemento ou modificador dun substantivo.

Subordinadas adxectivas

Desempeñan unha función de modificador dun substantivo. Son relativas e poden exercer funcións sintácticas de suxeito, CD, CC e CI.

Clases:

  • Especificativas: restrinxen o significado do antecedente.
  • Explicativas: informan sobre algunha calidade propia do substantivo ao que modifican.

Subordinadas adverbiais propias

  • De lugar: indican o lugar no que se desenvolve a acción expresada polo verbo principal. Poden substituírse por un adverbio de lugar e vanse introducidas polo nexo onde.
  • De tempo: indican o tempo no que se desenvolve a oración principal. Pode substituírse por un adverbio de tempo e van introducidas polos nexos cando, mentres, ou locucións como tan pronto como, antes de, sempre que, despois de que.
  • De modo: indican o xeito de realizar a acción principal. Poden substituírse por un adverbio de modo e van introducidas polos nexos como, segundo, conforme ou locucións como de xeito que, sen que, como quera que.

Subordinadas adverbiais impropias

  • Consecutivas: expresan unha consecuencia do que se di na oración principal. Nexos: así que, de modo que, polo tanto, logo, tan.
  • Causais: expresan a causa ou motivo do que se di na oración principal. Nexos: porque, pois, xa que, posto que.
  • Condicionais: expresan unha condición que ten que cumprirse para que se poida realizar o que indica a oración principal. Nexos: se, a condición de que, no caso de que.
  • Concesivas: expresan unha dificultade para o cumprimento do expresado na oración principal. Verbos en subxuntivo ou infinitivo.
  • Finais: indican o propósito ou aquilo que se realiza coa acción indicada na oración principal.
  • Comparativas: marcan o segundo termo dunha comparación. A principal expresa unha cantidade igual, maior ou menor que a subordinada. Poden ser de igualdade, superioridade ou inferioridade.

Perífrases verbais

Temporais

  • Futuro inmediato: ir + infinitivo (vou comprar o xornal); haber de + infinitivo (hei de chamar); estar a (ou para) + infinitivo (miña nai está a chegar).

Modais

  • Obrigación: haber de, ter que, deber de.
  • Posibilidade ou dúbida: haber de, deber de.

Aspectuais

  • Imperfectivas: indican unha acción que se está desenvolvendo: estar + xerundio; andar, levar, ir, vir, seguir.
  • Perfectivas: indican unha acción como un proceso xa rematado: acabar de, levar, etc.
  • Reiterativas: a acción preséntase como realizada varias veces: ter, volver a.
  • Incoativas: presentan a acción no momento de comezar: poñerse a, botar a.
  • Terminativas: indican unha acción no final do seu proceso: chegar a, acabar por.

Descargar

PDF Word HTML