Que significa tanatico

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,33 KB

Procedemos a analizar un texto escrito por Álvaro Cunqueiro titulado “A voadora de Serantes”

incluído no seu libro Os outros ferientes. Este autor está enmarcado na época de posguerra (1939-

1975) dentro do xénero narrativo e concretamente “Realismo máxico”. Carácterízase por mesturar

elementos ficticios con reais (uso da topografía) como da intertextualidad. Entre as súas obras

destacadas están Merlín e familia, Se o vello Sinbad volvese ás illas...

O tema do texto é a aparición dunha muller que voa nun contexto rural preto de Ferrol. Trata sobre

unha muller enmeigada que é asasinada por dous veciños mediante unhas bombas de palenque,

caendo no chán un zapato vermello cunhas moedas chamadas “amadeos”, que tamén eran

fantásticas porque cobraban vida.

A estrutura do relato presenta tres partes, introducción (l .1-8) na que se da a coñecer aos

personaxes, o lugar e o tempo, o nó () no que se conta o problema da meiga e a conclusión () na que

sabemos o desenlace fatídico da muller e a outra historia dos amadeos.

Como carácterísticas do autor e presentes neste texto debemos mencionar o Realismo máxico no que

unha protagonista voe cunha banqueta, que as moedas teñan vida propia, que se mate cunha bomba

de palenque. Outra carácterística é o ambiente rural, porque as personaxes fan tarefas relacionadas

co mundo dos animáis. Ademáis, a linguaxe empregada por Cunqueiro é sinxela e popular,

recollendo termos coñecidos por la maioría da poboación. Para finalizar, o texto é humorístico,

buscando a complicidade do lector.


Procedemos a analizar un texto escrito por Álvaro Cunqueiro titulado “Merlín e familia” publicado

en 1955. Este autor está enmarcado na época de posguerra (1939-1975) dentro do xénero narrativo e

concretamente “Realismo máxico”. Carácterízase por mesturar elementos ficticios con reais (uso da

topografía) como da intertextualidad. Entre as súas obras destacadas están A voadora de Serantes ,

Se o vello Sinbad volvese ás illas...

O tema do texto é a vida doméstica de Merlín e dona Xanebra. A historia cóntase a través do criado

Felipe de Amancia, antigo paxe do mago Merlín, que lembra tempo despois, na súa vellez, os días

vividos co seu señor.

A estrutura do relato presenta tres partes, introducción (l .-8) na que se da a coñecer ao señor Merlí

e as súas orixes misteriosas, o nó () no que se describe a dona Xanebra e a vida na súa casa e a

conclusión () na que o narrador recordá o prestixio que lle tiña a xente a Xanebra polos seus

bordados.

Como carácterísticas do autor e presentes neste texto debemos mencionar a intertextualidade na que

o protagonista Merlí é un personaxe sacado da cultura inglesa mesturada coa realidade en Galicia.

Outra carácterística é o Realismo máxico, porque suceden cousas irreais nun mundo de realista.

Ademáis, a linguaxe empregada por Cunqueiro é sinxela e popular, recollendo termos coñecidos

por la maioría da poboación. Para finalizar, o texto é humorístico, buscando a complicidade do

lector.


Procedemos a analizar un texto escrito por Ánxel Fole titulado “Á lus do candil”, tratándose da súa

primeira obra narrativa. Este autor foi un dos que apostou a editorial
Galaxia para renovar a novela

nos anos 50 . Carácterízase polo Realismo enográfico e a influencia da narración popular oral. Entre

as súas obras destacadas están Terra Brava , Contos da néboa...

O tema do texto é a perigosidade do lobo cara o ser humano. Describe como os lobos “traballan” á

xente, como lle pasou ao Pastrán de Vesuña, e logo conta a historia de Emilio o castrador no monte

e como casi morre.

A estrutura do relato presenta tres partes, introducción (l .-) na que o narrador explica como os

lobos “traballan” psicoloxicamente á súa presa, o nó () no que Emilio o castrador vai ao monte e é

acosado por unha manda de lobos, e conclusión () na que Emilio é rescatado polos seus cuñados.

Como carácterísticas do autor e presentes neste texto debemos mencionar o tratamento de asuntos

misterios como o comportamento dos lobos, fórmulas de apertura de ubicación cronolóxica e as

apelación constantes ao auditorio. Ademáis, a linguaxe que emprega Fole é rica e enxebre, coa

presenza de abundantes dialectalismos e vulgarismos. Para finalizar, o texto é dramático,

empregando unha moralexa para rematalo.


1. O Golpe de Estado do xeneral Francisco Franco e a consecuente Guerra Civil española (1936-1939) truncou toda a producíón literaria.

Por que a literatura en lingua galega quedou prácticamente paralizada tras a Guerra Civil?

Pola prohibición polo novo réxime, a emigración dos autores e a censura.

Que importancia tivo a publicación de Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño en 1947?

Foi a primeira obra publicada da literatura galega tras o longo paréntese da Guerra Civil.

Que papel desempeñaron as revistas literarias como Mensajes de poesía, Xistral ou Alba na recuperación cultural?

Foron canles paralelas de distribución de producíón en galego que supuxeron un paso máis na visibilización da literatura galega mentres non se consolidaban editoriais fortes.

Cal foi a función do suplemento cultural do xornal La Noche na reorganización do galeguismo?

É moi importante porque se trata da primeira plataforma que reúne as figuras que sobrevivían na Galicia interior para crear un proxecto galeguista.

En que ano se fundou Editorial Galaxia e cal era o seu principal obxectivo?

A editorial Galaxia nace no 1950 en Vigo e busca: -Restablecer os lazos co galeguismo de preguerra na procura dunha lexitimidade histórica e simbólica. -Deseñar un programa editorial destinado a afondar nas claves da nosa identidade.

Que dous autores foron fundamentáis na renovación da narrativa galega nos anos 50?

Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro.

8. Cales son as tres xeracións poéticas da posguerra que se mencionan no texto? A Xeración do 36, A Promoción de Enlace e 2A Xeración dos 50 (F.M).2


Que carácterísticas definen a Promoción de Enlace?

A “Escolá de tebra”. Carácterízase polo seu intimismo e temática existencial e anguriosa, ademáis de polo compromiso social.

Que obxectivos tiña o teatro independente que xorde nos anos 60?

Buscaban:

- Achegar o xénero teatral ao pobo e rescatar a súa función social.

- Rachar co concepto de teatro burgués e apostar pola descentralización e a itinerancia.

- A modernización da producíón dramática.

- A creación de infraestruturas necesarias para o seu desenvolvemento.

Explica que significa a expresión “mudez literaria” referida ao período 1936-1950

Significa o punto de partida da literatura galega tras o longo paréntese da Guerra Civil grazas á publicación en 1947 do poemario de Aquilino.

Por que se pode considerar que Editorial Galaxia foi clave no rexurdimento cultural galego?

Porque deseñou un programa editorial destinado a afondar nas claves da nosa identidade: Galaxia pretendía transmitirlles ás novas xeracións unha identidade e un patrimonio cultural en conexión co galeguismo que a guerra tan brutalmente pretenderá agochar.

Que diferenzas existen entre a Xeración do 36 e a Xeración das Festas Minervais?

A Xeración do 36 viviu o silencio literario da guerra, non tiñan formación académica específica e trataban temas sobre a existencia do ser humano. Por outro lado os das Festas Minervais son universitarios que se dan a coñecer en certames literarios e tratan temas intimistas


Que é a chamada “Escolá da Tebra”? Que temas predominan nela?

É unha corrente poética marcada polo existencialismo, a angustia e a tristura. Predominan temas

como a soidade, a morte e o silencio.

Por que a paisaxe cobra un novo significado na poesía da Xeración dos 50?

Porque deixa de ser unha paisaxe idealizada e agora se vai basear nunha reflexión profunda da

grandiosidade da natureza.

Explica as dúas fases do teatro independente galego

Fase de eclosión: nace o primeiro grupo de teatro independente: o Grupo Teatral O Facho. Neste

momento desenvólvense unha rede de asociacións, teleclubs e agrupacións veciñais que alentan a

creación de actividades culturáis

A fase de desenvolvemento: xorde unha mostrá que non só se encarga da representación teatral

senón tamén da creación de textos e da formación de actores e actrices. Ten unha grande acollidapola intelectualidade, que aplaude a iniciativa e se ve con posibilidades, por fin, de debater e

contrastar opinións.

Que importancia tivo a Mostrá de Teatro Galego de Ribadavia para a cultura galega?

Foi o punto de encontró principal do teatro galego, no que os autores podían debater e contrastar

opinións.

Entradas relacionadas:

Etiquetas:
Galego