Sentido da vida, técnica e tecnoloxía na sociedade postindustrial
Enviado por Bernabe y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,05 KB
O sentido da vida
A vida carece de sentido: Camus afirma que a vida é algo absurdo, sen sentido. Utiliza o mito de Sísifo para expresar o absurdo da existencia, que é unha secuencia de proxectos frustrados. Nin sequera o home que se une a outros e se enfronta ás inxustizas ten sentido, posto que a morte dará ao traste cos seus proxectos.
A vida ten sentido: Dous tipos, sentido inmanente ou transcendente.
Sentido transcendente: As relixións e en particular o cristianismo dan un sentido transcendente á propia existencia. Deus é o creador de todo e é o fin cara ao que tende todo o existente. A felicidade que persegue a persoa conseguiraa plenamente na súa unidade con Deus.
Sentido inmanente: Pode incluírse aquí correntes vitalistas e humanismos marxistas. Parte do feito de que o ser humano é o froito da evolución e que nada hai máis alá da vida sobre a Terra. O ser humano vai realizándose e desenvolvendo as súas capacidades e dotando de sentido á súa vida sobre a Terra.
Nós dámoslle sentido á vida: asumimos o protagonismo e dámoslle sentido á propia vida. Chega o momento do protagonismo dos cidadáns, o sentido da existencia hai que descubrilo na nova sociedade, na participación e a solidariedade.
Técnica
É todo conxunto de regras adecuadas para conducir de forma eficaz unha actividade calquera. Técnicas máxicas (as que veñen determinadas por unha serie de crenzas aleatorias e dogmáticas, son a base dos ritos relixiosos, e non se poden modificar). Técnicas racionais (son independentes dos sistemas de crenzas, pódense modificar e autocorrixir a través dun exame crítico da súa eficacia).
Tecnoloxía
É o conxunto de teorías e técnicas que fan posible aproveitar de forma práctica o coñecemento científico.
Época premoderna
A ciencia ou saber teórico estaba nitidamente separado da técnica e tanto a ciencia como a técnica debían estar supeditadas á praxis. O ideal da ciencia na Antigüidade clásica era o coñecemento contemplativo, por ese motivo concedíase maior importancia á teoría matemática. Na Idade Media a división entre ciencia e técnica mantivose sen alteracións. A Igrexa levaba as rendas do desenvolvemento científico e técnico.
Época moderna
No Renacemento comezara a gretarse o muro que separaba a ciencia da técnica. Esa ruptura supón, por un lado, que a ciencia e a técnica camiñaran da man e beneficiáranse da súa mutua influencia, mentres que por outro tentaren liberarse do control político ou relixioso. A ciencia sufrira unha forte sacudida polo estreito contacto coa técnica, e xa non se entendera como saber contemplativo, senón como saber instrumental que intervén na natureza. A partir da Modernidade as actividades científicas e técnicas independizáronse do poder político e relixioso. Na Ilustración, esa greta entre o poder e o desenvolvemento científico vaise afondar, o que concluirá coa teoría dos tres estados de Comte.
Época posmoderna
A cooperación entre ciencia e técnica da época moderna converteuse progresivamente en interdependencia a partir da Segunda Revolución Industrial. Os avances conduciron a un desenvolvemento económico, científico e tecnolóxico como nunca se observara ata entón e unha franca melloría nas condicións de vida de millóns de individuos. Ao mesmo tempo comeza a xerminar unha nova conciencia na sociedade que denuncia o lado negativo deste progreso. A partir da segunda metade do século XX, nace unha conciencia claramente ecoloxista, en defensa doutro tipo de organización social e de progreso económico.
Sociedade postindustrial
Tipo de sociedade que deriva fundamentalmente dos cambios producidos no sistema produtivo e cultural a partir da Segunda Revolución Industrial.
Trazos da sociedade postindustrial
- Organización científica do traballo: unha das formas de aplicación da racionalidade á vida económica foi establecer pautas para lograr maior coordinación, rapidez e eficacia na produción.
- Especialización: o alto nivel de esixencia profesional obríganos a formarnos e perfeccionarnos continuamente, o que redunda nunha maior produtividade.
- Informatización: a chegada das novas tecnoloxías á nosa vida cotiá é incuestionable.
- Globalización: unha serie de cambios sociais e económicos que resultaron do considerable aumento do comercio internacional.
Problemas da sociedade postindustrial
O paradoxo económico e social: aparecen as novas tecnoloxías, refórzase o sector terciario, aparece a enerxía nuclear e as renovables. Neste novo contexto, xérase un novo tipo de sociedade cuxas características son:
- Enorme expansión de aparatos tecnolóxicos sofisticados: fai posible que as persoas accedan a información instantánea, pero a incomunicación e o sentimento de soidade enchen as consultas.
- Incremento do tempo libre e grande oferta de actividades para o ocio: a pesar disto, xorde o estrés e o nerviosismo.
- Grandes investimentos en medicina: pero non se consegue aumentar a esperanza de vida, nin nos países desenvolvidos.
- Mellora das infraestruturas (proletarización nos países desenvolvidos, fronte á miseria e escravitude no Terceiro Mundo).
- Consecuencias ecolóxicas: a contaminación, o cambio climático, o esgotamento dos recursos enerxéticos, desaparición de especies de animais e vexetais e a modificación da paisaxe natural e biolóxica son temas realmente preocupantes.
Táboas da verdade
- (non) Negador ¬: as V son F e as F son V.
- (e) Conxuntor ∧: unha conxunción só é verdadeira cando son V os dous extremos.
- (ou) Disxunción ∨: é verdadeira se polo menos unha variable é verdadeira.
- Implicador →: é falsa cando o antecedente é verdadeiro e o consecuente é falso.
- Coimplicación ↔: é verdadeira se as dúas variables dos extremos coinciden, e é falsa se non coinciden.