Semántica Galega e Lírica Medieval: Conceptos e Cancioneiros

Enviado por Chuletator online y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 5,69 KB

Relacións de afinidade, oposición e xerarquía semántica

Relacións de afinidade semántica

  • Sinónimos: Palabras distintas que teñen un mesmo significado. Diferenciamos entre sinónimos totais ou parciais.
    Exemplo: golpe e raposo (en determinadas falas onde designan o mesmo animal).
  • Polisemia: Unha única palabra que posúe varios significados que gardan relación entre si (presenta unha soa entrada no dicionario).
    Exemplo: chave (para abrir unha pechadura, ferramenta mecánica ou signo musical).
  • Homonimia: Palabras que orixinalmente eran distintas pero que acabaron coincidindo na súa forma. Teñen entradas distintas no dicionario.

Tipos de homónimos

  • Homógrafos: Palabras que se escriben e se pronuncian exactamente igual.
    Exemplo: golpe (efecto de golpear / raposo).
  • Homófonos: Palabras que se pronuncian igual, pero se escriben de xeito diferente.
    Exemplo: habano (cigarro) e abano (utensilio para dar aire).

Relacións de oposición semántica

  • Antónimos: Palabras con significados opostos. Diferenciamos entre:
    • Antónimos graduais: Aqueles que admiten graos intermedios.
      Exemplo: quente / frío (existe o termo medio: morno).
    • Antónimos complementarios: A afirmación dun implica necesariamente a exclusión do outro.
      Exemplo: aceso / apagado.
    • Antónimos inversos (ou recíprocos): Un termo implica a existencia do outro.
      Exemplo: mercar / vender.

Relacións de xerarquía semántica

  • Hiperonimia: Relación que se establece entre un termo xenérico (hiperónimo) e varios específicos (hipónimos).
    Exemplo: animal (respecto a can, gato, balea...).
  • Hiponimia: Relación que se establece entre o termo específico (hipónimo) e o seu xenérico.
    Exemplo: can, gato, balea (respecto a animal).
  • Cohiponimia: Relación de igualdade que se establece entre cada un dos hipónimos que comparten un mesmo hiperónimo.
    Exemplo: a relación entre gato - balea - can.

Campo semántico e familia léxica

  • Campo semántico: Conxunto de palabras da mesma categoría gramatical que teñen en común algún trazo no seu significado.
    Exemplo: bicicleta, tren, barco... (pertencentes ao campo semántico dos medios de transporte).
  • Familia léxica (Familia de palabras): Conxunto de palabras que comparten o mesmo lexema.
    • Regulares: Mantñen o mesmo lexema sen variacións.
      Exemplo: pan, panadeiro, panadaría...
    • Irregulares: Presentan variacións ou alteracións no lexema.
      Exemplo: persoa, persoal, personaxe...

Lírica Galego-Portuguesa: Cancioneiros e Pergamiños

A produción poética medieval galego-portuguesa chegou ata nós grazas a importantes coleccións manuscritas:

  • Cancioneiro de Ajuda: Consérvase na Biblioteca da Axuda en Lisboa e está datado a finais do século XIII ou comezos do XIV. Conserva 310 cantigas, case todas pertencentes ao xénero das cantigas de amor.
  • Cancioneiro da Vaticana: Custodiado na Biblioteca Apostólica Vaticana. Trátase dunha copia do século XVI realizada en Italia sobre un códice orixinal anterior hoxe desaparecido. Reúne arredor de 1200 composicións de todos os xéneros.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: Conservado tamén en Lisboa (antigamente coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancuti). É o máis completo de todos, pois posúe unhas 1700 pezas de todos os xéneros.
  • Pergamiño Vindel: Documento singular que contén as 7 cantigas de amigo do trobador Martin Codax, das cales seis aparecen acompañadas pola súa correspondente transcrición musical.
  • Pergamiño Sharrer: Fragmento que contén a letra e a música de sete cantigas de amor compostas polo rei D. Dinis de Portugal.

Os Oficios da Lírica Medieval

Na creación e difusión da lírica galego-portuguesa participaban diferentes figuras sociais e profesionais:

  • Trobador: Membro da nobreza que compoñía as cantigas (letra e música) e, en ocasións, tamén as interpretaba el mesmo.
  • Segrel: Pertencente á pequena nobreza ou fidalguía de sangue. Era un profesional que interpretaba as súas propias composicións e cobraba por iso.
  • Xograr: Situábase na escala social máis baixa dos tres. Era única e exclusivamente o intérprete, en pazos e castelos, das cantigas que compoñían os trobadores, actuando moitas veces acompañado dalgún instrumento musical. Algúns xograres tamén escribiron os seus propios poemas, un acto que fixo que fosen ridiculizados polos trobadores.
  • Menestrel: Músico profesional que se ocupaba exclusivamente da execución instrumental e da parte musical do espectáculo.
  • Soldadeira: Mulleres que participaban no espectáculo musical e escénico, acompañando os xograres con cantos, bailes e coreografías.

Entradas relacionadas: