Séculos XIX e XX: España e a I Guerra Mundial
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,68 KB
Cronoloxía de España: 1833-1875
1833: Triunfo do liberalismo. Goberna María Cristina.
1836: Desamortización de Mendizábal.
1837: Constitución de 1837.
1840: María Cristina dimite. O xeneral Espartero ocupa o posto.
1843: Isabel II, raíña.
1844: Década Moderada.
1845: Nova Constitución.
1854: Bienio Progresista.
1855: Desamortización de Madoz.
1866: Pacto de Ostende.
1868: Fin do reinado de Isabel II. Revolución "La Gloriosa".
1869: Constitución de 1869.
1870: Reina Amadeo I.
1873: Fin do reinado de Amadeo I. Primeira República.
1875: Afonso XII é rei (Restauración dos Borbóns).
Cronoloxía: Paz Armada e Primeira Guerra Mundial
1890: A Paz Armada.
1905: Primeira crise de Marrocos.
1911: Segunda crise de Marrocos.
1914: Crise do verán. Comeza a Primeira Guerra Mundial.
- 1914: Guerra de movementos.
- 1916: Guerra de posicións (Batalla de Verdún e de Somme).
- 1917: Crise de 1917.
- 1918: Ofensiva de 1918 (Acaba a guerra).
Década Moderada (1844-1854)
Durante os primeiros dez anos, Isabel II encargoulle o goberno aos moderados, dirixidos polo xeneral Narváez. O Estado organizouse de forma centralista e igualáronse as leis en todos os territorios. Partidos progresistas: Demócrata (esixía sufraxio universal) e Republicano (proclamaba a república). Leopoldo O'Donnell dirixiu o pronunciamento de Vicálvaro.
Bienio Progresista (1854-1856)
O poder pasou de novo aos progresistas, pero acabáronos botando fóra e foron marxinados do poder. Lei de Ferrocarrís.
Crise final do reinado de Isabel II
Houbo revoltas no campo e na cidade por problemas económicos. Os progresistas, republicanos e demócratas foron excluídos do poder. A raíña era cada vez máis impopular, cunha vida escandalosa, e preocupábase pouco polo goberno. En 1866, progresistas, demócratas e republicanos asinaron o Pacto de Ostende, acordando a expulsión dos Borbóns.
Revolución de 1868
Serrano e Prim lideraron a revolución. Isabel marchou de España. Serrano presidiu mentres non se elixiu un rei. Prim atopou o príncipe Amadeo de Savoia. Amadeo I era moderno e demócrata, pero non o querían, preferían un rei español. Acabou abdicando porque non puido superar o rexeitamento.
Primeira República (1873-1874)
Non daban atopado un rei. Dous problemas: a maioría dos grupos políticos eran monárquicos e os republicanos estaban divididos entre os que querían unha república federal e os que querían unha república unitaria. Durou once meses. Deuse un golpe de Estado en 1874 para a restauración dos Borbóns.
Restauración (1875-1902)
Etapa de estabilidade política. O xeneral Martínez Campos proclamou rei a Afonso XII, partidario de monarquía constitucional, que nomeou a Cánovas del Castillo presidente do goberno. Cánovas finalizou a guerra de Cuba e a carlista. Creou un novo sistema político no que participaban todos os partidos que aceptasen esta monarquía, unha nova constitución e a alternancia no poder para organizar o sistema político.
Constitución de 1876
Para os moderados: soberanía compartida entre Cortes e Rei. Para os progresistas: ampla relación de dereitos e liberdades.
Sistema de quendas
No poder alternábanse conservadores e liberais. Había corrupción electoral (o rei decidía que partido quería que formase parte do goberno e logo apañaba as eleccións para que saíse o partido escollido). Dúas formas para gañar: caciquismo e pucheirazo.
Oposición ao sistema
- Anarquistas: CNT (Confederación Nacional do Traballo).
- Socialistas: PSOE (Partido Socialista Obreiro Español).
- Nacionalistas: En contra do Estado centralizado.
Liberalización das terras
Abolición dos morgados e desamortización (de Mendizábal ou de Madoz).
Sociedade de clases
- Dirixente: Aristócratas e burguesía.
- Media: Funcionarios, pequenos empresarios, comerciantes.
- Populares: Campesiños, obreiros, mendigos, criados.
Primeira Guerra Mundial (1914-1918)
Paz Armada
Características:
- Dous bloques militares: Tripla Alianza (Alemaña, Austria, Italia) e Tripla Entente (Francia, Rusia, Gran Bretaña).
- Carreira de armamentos polo temor mutuo.
Crise do verán de 1914
O herdeiro austrohúngaro foi asasinado por un terrorista cando ía a Saraxevo. Austria aproveitou e mandoulle un ultimato a Serbia ameazándoa coa guerra se non lle deixaban investigar o asasinato. Negáronse e declaráronlle a guerra. Serbia, aliada con Rusia, iniciou a guerra contra Austria e Alemaña, que esixiu deter a operación. Non recibiron resposta, entón Alemaña declaroulle a guerra tamén a Rusia, e despois a Francia. Gran Bretaña non sabía que facer, pero ao ver que Alemaña invadiu Bélxica, foille enriba a Alemaña. Italia separouse da Tripla Alianza.
Desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial
Os imperios centrais recibiron apoio de Turquía e Bulgaria. A Tripla Entente recibiu axuda de Italia, Romanía, Grecia e os Estados Unidos. Interviron Estados de América e de Asia, pero non foron moi activos. A Primeira Guerra Mundial durou catro anos.
Fases da Primeira Guerra Mundial
Guerra de movementos (1914)
O plan alemán era gañarlle a Francia e logo a Rusia. O Estado Maior alemán desenvolveu o plan Schlieffen, que consistía nun ataque sorpresa a Francia atravesando Bélxica, pero os alemáns foron detidos na batalla de Marne. Rusia, aliada con Francia, atacou a Alemaña. Alemaña derrotounos, pero conseguiron forzar os alemáns a desviar as tropas ao leste e así salvar París.
Guerra de posicións (1915-1916)
Coa derrota de Alemaña, Francia conseguiu defender as posicións logradas e estabilizar a guerra. Intentaron romper esta estabilidade atacando zonas secundarias: no Mediterráneo, os británicos intentaron illar Turquía, pero fracasaron; as colonias alemás que tiñan en África foron conquistadas polos británicos; en Oriente Medio, os aliados ocuparon Palestina, Siria, Arabia e Iraq.
Crise de 1917
En 1917 tivo lugar a Revolución Rusa, na que os comunistas estaban en contra do tsar e destronárono. O goberno comunista quería retirarse da guerra e asinou un tratado con Alemaña no que acordaron que Rusia abandonaba a guerra e cedíalle unha parte do territorio a Alemaña. Estados Unidos entrou en guerra; non defendía a ninguén, pero vendíalle armas aos aliados.
A ofensiva de 1918
Ao retirarse Rusia, Alemaña intentou un último ataque, pero neste momento os aliados estaban axudados por Estados Unidos, entón houbo unha ofensiva aliada. Alemaña pensaba que Austria a ía axudar, pero Austria xa tiña bastantes problemas de seu, e retirouse. Acabouse retirando Turquía e, finalmente, Alemaña.
Paz de París
Conxunto de tratados asinados polos países vencidos. Tres obxectivos: impedir que Alemaña volvese atacar, conseguir que os países vencedores tivesen o poder equilibrado e manter illada a Rusia.
Tratado de Versalles
Recoñecía a Alemaña e os seus aliados como responsables da guerra, facíalle pagar os danos e obrigábaa a reducir os militares. Os Estados Unidos illáronse porque non estaban de acordo co Tratado de Versalles. Un dos puntos deste tratado era crear a Sociedade de Nacións (reunir os principais países do mundo para solucionar os conflitos de forma pacífica).
Vocabulario
Desamortización: Incautación e venda polo Estado de bens doutras institucións.
Rexencia: Cando unha monarquía non é gobernada polo seu lexítimo rei, por incapacidade, minoría de idade ou ausencia.
Pronunciamento: Forma de sublevación militar típica do século XIX, cuxo obxectivo era cambiar un determinado sistema político.
Cantonalismo: Movemento que tiña como obxectivo a creación de Estados soberanos e federados dentro de España.
Morgado: Terras vinculadas a unha familia nobre que non se podían vender nin ceder.