Rosalía de Castro: Cantares Gallegos e Follas Novas, Poesía Popular e Identidade Galega
Cantares Gallegos
O 17 de maio, Rosalía asinou a súa dedicatoria neste libro. A autora confesa terse inspirado en Libro de los cantares, de Antonio Trueba.
Compónse de 32 cantares na edición de 1872 e 38 na de 1909, coa procura de reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo. É unha obra que se organiza como un volume de poesía folk e que responde aos postulados da Xeración do 68 e ao ascenso da lírica popular en Europa e España. Rosalía mostra sensibilidade coa problemática e a marxinación das mulleres das clases populares. Asistimos a unha alegoría da identidade de Galicia, á defensa do país, das súas xentes e do seu idioma contra as inxustizas.
Estrutura
O libro ten unha estrutura circular, enmarcada entre o primeiro e o último poema. Ambos están postos na voz dunha meniña gaiteira, a quen a autora lle pide que cante en galego, en representación do pobo. Nos seguintes poemas cede a palabra a diferentes tipos populares, cunha voz lírica profunda e íntima. O libro péchase coa voz dunha moza que se escusa modestamente pola falta de graza do seu cantar.
Poesía Folk
O poema ten os seguintes temas:
- Lirismo popularizante: composicións articuladas a través de vivencias de personaxes do rural cotián. Rosalía emprega un ton desenfadado. Dentro deste conxunto destaca a temática amorosa: exponse as queixas dos namorados, as mágoas deixadas por antigos amores e os resentimentos, dun xeito desenfadado.
- Voz de muller: Rosalía promove unha mirada en clave de «voz de muller», dominante no poemario. As mulleres do rural aparecen reflectidas a través de estampas e frescos que amosan a súa presenza en romarías ou traballos. Tamén poden aparecer os desexos máis íntimos da protagonista.
- Glosas de maior carga social e patriótica: temas como a emigración, a miseria ou a marxinación que sofren os galegos.
Recursos
Os poemas presentan unha sinxeleza na forma. Os recursos que empregan son populares. Rosalía usa as comparacións e descoida a metáfora. Abundan os paralelismos, anáforas, repeticións e antítesis. Emprega o verso muiñeira e as formas populares de arte menor, aínda que tamén hai décimas, redondillas, cuartetas e octavas reais.
Follas Novas
Foi publicado en 1880, incorporando as composicións de Vaguedás. Comeza cunha dedicatoria de Rosalía agradecendo o apoio económico da Sociedade de Beneficencia dos Galegos na Habana. Logo segue o prólogo de Emilio Castelar e dúas palabras da autora. A intención do texto era ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos. Rosalía volve mostrar a súa solidariedade coas mulleres, reflexiona en voz alta e interioriza as penas e os sufrimentos alleos. O poemario inclúe 5 libros e 36 poemas breves. A estrutura da obra segue un proceso no que descubrimos dúas tendencias: a intimista e a social.
Temática
Visión pesimista que Rosalía ten sobre o mundo.
1. Visión intimista
- Os sentimentos de soidade ou desamparo son os seus compañeiros constantes.
- O amor, o odio, o resentimento e a vergoña.
- O repouso identifícase coa morte.
- Sentimento de saudade e dor de vivir.
2. Visión social
- Situación da muller escritora.
- Inxustizas e hipocrisías sociais.
- A emigración.
Métrica e Recursos
Presenta unha enorme variedade e complexidade métrica. A maior innovación atópase nas ricas combinacións polimétricas, na alternancia dos versos longos e quebrados e nas estruturas estróficas mixtas. O estilo é sinxelo e con poucos recursos expresivos: poucas metáforas e moitas comparacións que, xunto coas estruturas reiterativas, fundamentalmente paralelísticas, e o contraste, son os recursos máis empregados. Emprega o símbolo da negra sombra.