Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: Aspectos Clave da súa Obra
Enviado por lidia y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,61 KB
Rosalía de Castro
Obra
Rosalía de Castro cultivouse nos xéneros da poesía, narrativa, ensaio, etc. e escribiu en galego e en castelán. En prosa utilizou maiormente o castelán excepto en Conto gallego e nos prólogos de La flor, A mi madre e En las orillas del Sar. As súas novelas inclúen El caballero de las botas azules (sátira á sociedade madrileña) e La hija del mar.
Significado de Cantares Gallegos
A súa publicación marca o comezo do Rexurdimento. Ata aquel momento, a obra máis sobresaliente da literatura galega moderna era A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos. Cantares Gallegos dá paso a unha literatura realista e convértese en modelo dunha serie de obras que se publicarían despois imitando o seu contido e a súa forma.
Estrutura e temática de Cantares Gallegos
Rosalía mesma explica que foi composto imitando A libro dos cantares de Antonio Trueba, de quen toma a idea de glosar os cantares. Consta de 36 poemas de xeito circular pechado (moza que canta, moza que se disculpa). Os temas son variados e a voz lírica pódese identificar coa da propia Rosalía; noutros poemas falan outros personaxes de modo popular e labrego. Podemos agrupar os poemas en catro grupos:
- Costumistas: os máis numerosos. Describen aspectos da vida galega. Ex: San Antonio bendito.
- Amorosos: monólogos e diálogos entre homes e mulleres con temática sentimental. Ex: Cantan os galos pró día.
- Intimistas: expresan vivencias e sentimentos persoais. Ex: Como chove miudiño.
- Temas sociais ou patrióticos: denuncian as inxustizas sociais nun ton sarcástico e irónico, sobre problemas como a emigración. Ex: Castellanos de Castilla.
Exemplos:
- Costumista: San Antonio bendito.
- Amoroso: Cantan os galos pró día.
- Intimista: Como chove miudiño.
- Social ou patriótico: Castellanos de Castilla.
Significado de Follas Novas
Publicado en 1880, aínda que escrito anteriormente (dixo no prólogo). O título responde á certeza que Rosalía tiña de estar creando un universo poético novo que ata daquela aínda non se vira reflectido na literatura. Os temas e a métrica corresponden á corrente renovadora da lírica do século XIX. Son poemas máis breves e sen tantos adornos, con combinacións métricas pouco ríxidas, ás veces insólitas e sorprendentes. A poeta busca expresar con isto a angustia, o desasosego e a inquietude. Trata de demostrar con isto que o idioma galego serve para expresar sentimentos e inquietudes existenciais humanas.
Estrutura e temas de Follas Novas
Consta dun prólogo e 137 poemas clasificados en cinco apartados: os dous primeiros con poesía de carácter intimista e os dous últimos con tipo social e solidario, e no último ambos.
- Vagedás: reflexión sobre a escrita feminina e trazos da súa obra. Vivencias e estados de ánimo propios. Desasosego e pesimismo. “Daquelas que cantan”; “O cravo”.
- Do íntimo: reflexións propias sobre a insolidariedade humana, o paso do tempo, a perda da ilusión, o amor...etc. “Ti onte, mañán eu”, “Soia”.
- Varia: carácter subxectivo e obxectivo, que mostran a complexidade da vida humana. Lendas e refráns da terra e relacións amorosas da muller. “Nin as escuras!”, “Espantada o abismo vexo”.
- Da terra: recupera o modelo dos poemas de Cantares Gallegos con personaxes e escenas populares, denuncias sobre a discriminación da muller. “Miña casiña, meu lar”, “Xan”.
- As viudas dos vivos e as viudas dos mortos: emigración, causas e consecuencias, sobre todo nas mulleres. Logo moi cultivada por Curros e Cabanillas. “Pra a Habana”, “Vivir pa ver”.
A lingua
Emprega a lingua falada da zona de Santiago, galego coloquial e espontáneo con sintaxe sinxela e léxico pouco rebuscado con castelanismos, vulgarismos e pseudogaleguismos. Tamén emprega solucións morfolóxicas diverxentes e alternancias léxicas. O trazo dialectal que máis predomina é o seseo.
Métrica e recursos estilísticos
Predominan formas métricas de arte menor, moitas veces con procedencia popular como o ritmo de muiñeira e o romance, que é a forma máis frecuente. Outras son de orixe culta como a cuarteta ou a redondilla. Só atopamos unha composición de arte maior: Aló no currunchiño máis hermoso. En Follas Novas emprega a asonancia e ritmo de muiñeira, o romance, a cuarteta... Neste libro si que emprega versos de arte maior, combinacións métricas insólitas e estrofas diferentes nunha mesma composición, que se reflicte á perfección no poema “Nin as escuras”. Tamén experimenta coa métrica en En las orillas del Sar, polo que se considera precursora do verso libre posterior. Os recursos estilísticos son tamén de inspiración popular, como a repetición e a antítese que intensifican o contido semántico e aumentan os efectos rítmicos e musicais do verso. Destacan a anáfora, o paralelismo sintáctico, os contrastes de campos asociativos antitéticos (luz/sombra, inverno/primavera) e a epanadiplose. Tamén aparecen comparacións, metáforas e símbolos, normalmente referidos á fauna e á flora.
Eduardo Pondal
Liñas temáticas e ideolóxicas de Queixumes dos Pinos
Céntrase en dous núcleos temáticos: o celtismo e a paisaxe. O tema principal é a recreación lírica dunha orixe mítica e celta do pobo galego e, para iso, Pondal bota man duns heroes de raíz celta e dunha mitoloxía capaz de facer renacer nos galegos a autoestima colectiva de Galicia como pobo diferenciado. Trata de guiar ao pobo cara a un futuro de liberdade onde prevalezan os bos e xenerosos, fronte aos imbecís que renegan do seu pobo. Outro núcleo temático é a paisaxe, representada pola agreste natureza bergantiñana recreada case sempre como non contaminada, ideal e bucólica. Personifica moitos elementos da natureza e actúan como confidentes do poeta. A muller aparece tratada de dous modos contrapostos: idealizada, como en Eu sei dunha doce meiga, e rebaixada a simple obxecto sexual como en Pilleina entre os pinos osa.
Os Eoas
É un longo poema épico que roza a perfección. Primeiro titulouse A América descuberta, logo Colón e despois chegou a ser Os Eoas -os fillos da aurora-, que é o nome que nos deron os indíxenas americanos. O propósito de Pondal era recrear a xesta do descubrimento e conquista de América, destacando a figura de Colón. Influíu sobre o libro o poema Os Lusíadas de Luís de Camões, tanto pola estrutura como pola versificación; tamén inflúe a épica clásica grecolatina e autores renacentistas. Considérase unha obra arcaizante por uns e por outros un poema épico que pretende establecer alicerces inconmovibles para as letras nacionais futuras. Rescatan a nosa lingua do coloquialismo e establecen o fundamento da lingua culta.
Significado da obra de Pondal
É unha das poesías máis innovadoras e orixinais do Rexurdimento. Innovadora por conectar coas correntes simbolistas e formalistas da poesía europea de finais do século XIX e é orixinal pola creación de mitos e polo desenvolvemento da teoría das orixes celtas de Galicia. Existe unha renovación temática, formal e lingüística. Identifica heroes celtas con elementos simbólicos e, a través deles, emite unha mensaxe ideolóxica de liberación para a sociedade galega, ata entón escrava. Busca un galego depurado e nobre. Pondal emprega uns recursos parecidos aos simbolistas e, ao manter unha actitude paralela á escola parnasiana, sitúase dentro das correntes de renovación poética europea de finais do século XIX preconizando un novo ideal lingüístico e estilístico que será continuado por autores como Lugrís Freire ou Cabanillas.
Manuel Curros Enríquez
Aires da miña terra
Formado por un conxunto de poemas moi heteroxéneos encadrados entre unha introdución para xustificar o emprego do galego e unha encomenda final, para amosar o compromiso cívico do autor. Divídese tematicamente en:
- Poemas cívicos ou sociais: os máis importantes, recollen os aspectos básicos do seu ideario progresista, democrático e galeguista con críticas á sociedade do seu tempo. Denuncian a tiranía e o fanatismo relixioso. Ex: A igrexa fría, ou as condicións dos labregos: O maio, As dúas pragas..., a ignorancia, a pena de morte...
- Poemas intimistas e de circunstancias: expresan a súa angustia e soidade: A Rosalía, Sola, ou reflicten algún acontecemento persoal ou algunha desgraza propia. ¡Ai! conta cando lle morreu o seu segundo fillo. Escribiulle unha elexía á súa nai.
- Poemas costumistas: tres poemas longos cos que gaña o certame de Ourense.
O Divino Sainete
É un longo poema narrativo de carácter satírico-burlesco. Curros é guiado polo poeta precursor Añón na súa peregrinación a Roma. Servíndose desta imaxinaria viaxe nun tren de sete vagóns que simbolizan os sete pecados capitais, Curros pretende:
- Criticar a igrexa católica e as institucións do goberno.
- Expoñer unha defensa do Rexurdimento, reivindicando unha literatura galega autónoma.
- Satirizar determinados inimigos persoais, como o xuíz Mella ou Emilia Pardo Bazán.
A obra mostra un mundo alegórico, cheo de inmoralidade e busca impulsar ao lector a loitar por algo mellor. Ao final do texto, a finalidade moral faise explícita cando Añón e Curros pídenlle á igrexa que renuncie ás súas riquezas e regrese a unha auténtica vida espiritual. Emprega o molde temático da Divina Comedia.
Significado da obra de Curros
- Foi o autor do primeiro libro en galego que presenta un claro compromiso social cos menos favorecidos: Aires da miña terra.
- Escribiu unha obra que inicia a corrente satírica da literatura galega moderna e serviu de modelo a outros escritores de tendencia social posteriores.
- Escribiu un poema narrativo de gran valía (A Virxe do Cristal) co que se demostran as posibilidades épicas do galego.
- Foi moi popular no seu tempo.