Revolución Rusa e Crise do 29: Historia e Impacto
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,91 KB
1. A Revolución Rusa1.1. A Autocracia TsaristaO Imperio dos Tsares era un inmenso país onde aínda se mantiña o absolutismo monárquico. O Tsarismo era unha autocracia que gobernaba por decreto, non estaba suxeito a ningunha constitución. Unha fiel burocracia e un poderoso exército aseguraban o control do Imperio, mentres a Igrexa Ortodoxa constituía un dos grandes piares ideolóxicos do réxime. A agricultura era a principal actividade económica e a terra estaba en mans de poucos terratenentes, que pertencían a unha aristocracia privilexiada. A maioría da poboación eran campesiños. Nalgunhas zonas do imperio iniciárase un proceso industrial. Xurdira un numeroso proletariado industrial. En 1898 fundouse o Partido Socialdemócrata Ruso, que en 1912 se escindiu entre menxeviques e bolxeviques liderados por Lenin. 1.2. A Revolución de FebreiroA conxuntura da Primeira Guerra Mundial creou en Rusia as condicións para un estoupido revolucionario. Como consecuencia disto, os desastres militares sucedéronse, houbo un descenso da produción agrícola e descontento entre os obreiros e campesiños. A poboación empezou a agruparse en Soviets. Os partidos burgueses (liberais ou kadet), os campesiños (social-revolucionarios) e os obreiros (menxeviques e bolxeviques) esixiron a abdicación do Tsar. A caída do Tsarismo: en febreiro de 1917 o poder pasou a un goberno provisional, dirixido por Kerensky. Rusia converteuse nunha república democrática. 1.3. A Revolución de OutubroAumentou o descontento popular e a influencia dos bolxeviques. Estes querían derrotar o goberno provisional e instaurar o socialismo. Os bolxeviques aspiraban a un goberno formado por campesiños e obreiros. Prometían a paz, a repartición de terras, a dirección das fábricas polos obreiros e a nacionalización da banca e dos transportes. O 25 de outubro, os Soviets impulsados polos bolxeviques fixéronse co poder en tan só 10 días. Co apoio do congreso, Lenin formou un goberno obreiro. O novo goberno estableceu as primeiras medidas revolucionarias: expropiáronse e repartíronse as terras, as fábricas quedaron baixo o mando de obreiros. Asinouse o tratado de paz en 1918 con Alemaña. 2. A URSS de Stalin2.1. A Guerra Civil e a Creación da URSSO goberno tivo que facer fronte á guerra civil. Unha fracción do exército Tsarista (privilexiados e campesiños acomodados) organizou o Exército Branco. Os Bolxeviques crearon o Exército Vermello, que baixo o mandato de León Trotsky, se impuxo. A guerra deixou sumido o país na miseria e ocasionou a morte de cinco millóns de persoas. O partido bolxevique, que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética, e os demais partidos foron excluídos. En 1922 creouse a URSS, dirixida por un parlamento (Soviet Supremo) e un só partido (PCUS). Trátase dun sistema totalitario no que as institucións non eran escollidas democraticamente. Xustificábase mediante a ditadura do proletariado. 2.2. A Pugna polo PoderLenin morreu en 1924. Diferentes posturas enfrontaron a Trotsky e Stalin. O primeiro defendía que había que exportar a revolución e o segundo defendía que se debía construír o socialismo nun só país. Stalin fíxose dono do partido e en 1927 exiliou a Trotsky e en 1940 mandou matalo. 2.3. O StalinismoImpuxo unha economía e sociedade colectivistas, co obxectivo de crear unha gran potencia industrial mediante:
O resultado foi unha rápida industrialización, pero a agricultura sufriu un atraso. A prioridade da industria pesada descoidou a produción de bens de consumo. Stalin exerceu unha verdadeira ditadura. O seu liderado quedou reforzado polo "culto á súa personalidade". Nos "grandes procesos de Moscova" (1936-1938), un violento aparato policial depurou os disidentes, e moitos deles foron executados, presos ou deportados a campos de traballos forzados (Gulag). 3. Estados Unidos: os Felices Anos Vinte3.1. As Consecuencias da Primeira Guerra MundialEstados Unidos saíu beneficiado da Primeira Guerra Mundial. A comercialización de produtos (comida, armas...) facilitou que acumulase a metade das reservas mundiais de ouro. Ao rematar a guerra, Estados Unidos converteuse na primeira potencia económica mundial. A produción agrícola e a industrial representaban o 44,8% da produción mundial. A súa importancia deu lugar a que se apoderase dos mercados mundiais dominados antes pola industria europea. Moitos países de Europa estaban endebedados debido aos empréstitos de guerra. Europa empobreceu tanto que depreciaban a súa moeda. 3.2. A Prosperidade AmericanaOs dez anos que seguiron o fin da guerra foron a década da prosperidade, dun modo de vida americano baseado no consumismo.
A expansión de Estados Unidos baseouse na produción de bens. O taylorismo e o fordismo incrementaron a produtividade e reduciron custos. O aumento dos salarios, as campañas publicitarias, a compra a prazos e os préstamos bancarios abrironlle as portas á era do consumo de masas. Investiuse moito máis na bolsa. Isto ocasionou unha burbulla especulativa, un aumento do valor das accións. Mercábanas e vendíanas aos poucos días. Foi tanta a loucura investidora que pedían préstamos para investir. 3.3. A Crise da SuperproduciónOs campesiños foron os primeiros prexudicados, xa que se endebedaran para mercar maquinaria para aumentar a produción. As exportacións diminuíron e no mercado americano acumuláronse moitos stocks. Os prezos baixaron e os campesiños arruináronse. Isto provocou a emigración e a marxinación. Na industria aconteceu algo semellante. As fábricas quebraban porque acumulaban moitos stocks e o paro aumentou. 4. O Crac do 29 e o New Deal4.1. Do Crac Bolsista á Gran DepresiónOs accionistas eran conscientes de que non seguirían a subir sempre. O 24 de outubro de 1929 (xoves negro), de súpeto todos quixeron vender as accións e ninguén mercalas. O valor caeu en picado, desencadeando a creba bolsista. A xente quitou os cartos do banco e moitos acabaron en creba por falta de fondos. En poucos anos afectaron tamen a industria e ao comercio da agricultira provocando unha receson economica. O consumo diminuíu, as fabricas quebraron, e o paro chegou a 13 millons en 1932, e caeron na miseria. A crise extendeuse ao resto do mundo porque os bancos estaunidenses retiraron os fondos que tiñan noutros paises e investiron menos provocando a quebra de moitos bancos. 4.2. A loita contra a crise: o New Deal En 1932 Freanklin D. Roosevelt gañou as eleccions gracias o seu programa chamado New Deal (nova reparticion) defencia a intervencion do estado. -As reformas económicas e sociais. Para frear a caida dos prezos e relanzar a actividade empresarial propuxo unhas medidas económicas: axudas a empresas con dificultades, creacion de empresas publicas en sectores sen fábricas e a destrucción dos stocks agricolas. O estado controla os bancos e obrigou a facilitar os prestamos. As reformas implantaronse xunto cunha serie demedidas sociais. Impulsou a realizacion de obras públicas, propiciouse unha politica de apoio aos prezos agricolas, o aumento de salarios e a reduccion a 40h semanais. Isto provocou o relanzamento da economia estadounidense e a diminucion dos parados. Maila estas melloras, a crise non se superou ata o esta |