Revolución Industrial: Factores e Etapas
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,86 KB
Os Factores da Primeira Revolución Industrial
A Revolución Demográfica de Finais do Século XVIII
A poboación creceu lentamente. Había moitos nacementos, pero a mortalidade tamén era moi elevada por mor da fame e das enfermidades. Houbo moita natalidade, pero a mortalidade descendeu bastante. Comezaron as epidemias, a peste, etc., pero tamén apareceron as primeiras vacinas. A consecuencia foi que a poboación comezou a crecer bastante rápido (revolución demográfica). Houbo un aumento do consumo e desenvolveuse a técnica para xerar unha oferta masiva de bens.
A Expansión Agrícola do Século XVIII
Os cambios económicos iniciáronse no sector primario:
- Melloráronse as técnicas agrícolas: As melloras permitiron ampliar a superficie cultivada e introducir novos cultivos máis rendibles. Introducíronse novas máquinas e fertilizantes químicos.
- Reformouse a gandería: Producíronse forraxes. Desta maneira, aumentou o número de cabezas de gando e desenvolveuse a estabulación. A carne deixou de ser un alimento unicamente para os máis ricos.
- Cambiaron as estruturas agrarias: Acabaron coas propiedades señoriais e a terra converteuse nunha propiedade privada.
Os agricultores aforraron para formar un capital, e algúns investírono na industria ou na bolsa. Houbo novas técnicas e máquinas, e sobrou man de obra no campo.
Unha Nova Mentalidade
Houbo liberalismo económico, que defendía que o motor do crecemento económico era a iniciativa privada. As persoas debían ser libres. Houbo unha nova forma de pensar, máis aberta ao investimento, á innovación, ao risco e á procura do beneficio.
A Primeira Revolución Industrial
A Industrialización: A Fábrica e a Mecanización
As manufacturas elaborábanse en pequenos obradoiros artesáns. En todas as cidades había varios obradoiros que enchían a poboación de manufacturas. Os artesáns realizaban o traballo de forma manual, só usaban unhas poucas ferramentas e non tiñan un horario fixo. Os obradoiros foron substituídos por fábricas, onde os obreiros utilizaban máquinas para traballar. As primeiras máquinas funcionaban con vapor, e James Watt inventou a máquina de vapor. Cando apareceu a fábrica, tivo como consecuencia que as actividades industriais se centrasen só nalgúns lugares e tamén que se modificase a organización do traballo. Coa división do traballo aumentou a produtividade e os prezos dos produtos diminuíron.
Os Sectores Punta
- A industria téxtil algodoeira: O algodón chegou a Gran Bretaña desde as colonias, con prezos moi baixos. Moitas persoas traballaron con máquinas especializadas facendo pezas de algodón, como o tear mecánico.
- A industria siderúrxica: Tivo un gran desenvolvemento. Substituíuse o carbón vexetal polo carbón mineral. Construíronse altos fornos nos que se facía moito ferro refinado.
A Segunda Revolución Industrial: Nace a Grande Industria
Novas Industrias e Novas Potencias Industriais
Substituíron o carbón pola electricidade e o petróleo.
- No sector siderúrxico: Invención do forno Bessemer, que produce grandes cantidades de aceiro por pouco prezo.
- A industria eléctrica: Movían as máquinas coa electricidade e facilitou o desenvolvemento do medio de transporte.
- A industria química: Con diferentes materias primas para fabricar novos produtos.
O petróleo utilizouse como combustible nos transportes. A industria británica adaptouse ás innovacións, por iso Gran Bretaña perdeu a supremacía industrial.
O Nacemento da Grande Empresa e da Banca Moderna
As empresas eran pequenas e pertencían a unha persoa. As fábricas foron crecendo e víronse en dificultades para comprar novas máquinas. Creáronse as sociedades anónimas, o capital divídese en accións, as accións véndense e cómpranse nas bolsas. Os bancos concedían diñeiro ás empresas e pasaron a ser intermediarios entre as empresas.
Novos Sistemas de Produción
Aumenta a produción e houbo estes sistemas de traballo:
- O sistema chamado taylorismo dividiu o traballo en tarefas pequenas. Cada obreiro especializábase nunha tarefa e recibía un salario.
- Difundiron a produción en serie. Os produtos pasaban dun empresario a outro por unha cadea de montaxe.
Tamén se produciu un proceso de concentración empresarial.
A Aparición do Movemento Obreiro
Os Inicios do Movemento Obreiro
O movemento obreiro é o conxunto de iniciativas colectivas que levan a cabo os traballadores con diñeiro para mellorar as súas condicións laborais e políticas. Os traballadores protestaron polas súas condicións de vida e traballo, a isto chámase ludismo. Despois do dereito de asociación, empezaron a xurdir asociacións obreiras, que son os sindicatos. O instrumento dos traballadores era a folga. Tamén pedían o sufraxio universal porque os obreiros non tiñan dereito ao voto.
As Ideoloxías: Marxismo e Anarquismo
- Marxismo: É a máis importante das teorías socialistas. Dicía que nas sociedades industriais existe unha loita de clases entre a burguesía e os traballadores. Estes levaban a cabo unha revolución para destruír o capitalismo. Houbo unha ditadura do proletariado no que o estado regula a sociedade. Estableceríase unha sociedade comunista, sen clase social. Houbo partidos obreiros, o que deu lugar a partidos socialistas.
- Os anarquistas: Opoñíanse ao estado e aspiraban a substituílo por algunha asociación voluntaria entre as persoas. Rexeitaban a política, os partidos políticos e a participación en eleccións.