La Revolución Francesa: Un Viaje a Través de sus Fases Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en español con un tamaño de 6,58 KB
A Revolución Francesa: Orígenes, Etapas e Consecuencias
Entre 1789 e 1792, suceden unha serie de acontecementos cruciais na Revolución Francesa. As causas pódense dividir en dous tipos:
- Causas mediatas: Inxustiza e irracionalidade, así como o abuso e os privilexios da sociedade estamental.
- Causas inmediatas: Francia atopábase nunha fonda crise económica e social, cunha crise de facenda crónica. Os estamentos privilexiados negábanse a pagar impostos.
Os Estados Xerais e o Nacemento da Asemblea Nacional
En maio de 1789, abrironse en Versalles, presididos polo rei Luis XVI, os Estados Xerais, formados polos representantes de cada Estado ou estamento: nobreza, clero e Estado do común. Seguindo a tradición, estaban separados no momento de deliberar e tiñan un único voto por cada grupo.
Os representantes do Terceiro Estado (burgueses) esixiron a deliberación conxunta e o voto por persoa e non por estamento. Nun pavillón de París (Jeu de Paume) reuníronse só os do Terceiro Estado. Alí declaráronse Asemblea Nacional e propuxéronse como obxectivo primordial elaborar unha constitución para Francia.
Nace a revolución, xa que se crea unha institución nova, á marxe da monarquía e en contra da monarquía. Esa Asemblea Nacional ten como obxectivo crear unha constitución. Eles, como representan á maioría, considéranse lexítimos representantes da nación e elixen a constitución. Está en xogo a soberanía, elixe o pobo.
A Toma da Bastilla e a Abolición dos Privilexios Feudais
O 14 de xullo, o pobo de París asalta A Bastilla para liberar prisioneiros políticos, opoñéndose ao absolutismo. As tropas reais non teñen forza suficiente para parar ao pobo. No campo, os campesiños loitan contra a nobreza. Tamén hai un clima contra os estamentos privilexiados.
Ante a radicalización popular, a Asemblea Nacional Constituínte, dous meses despois, decretou a abolición dos privilexios feudais e promulgou a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. Este é o primeiro documento importante da Revolución Francesa, un golpe definitivo contra a sociedade estamental. Recoñecía como dereitos inalienables as liberdades individuais e colectivas, así como a igualdade ante a lei e os impostos.
A Constitución de 1791 e a Monarquía Constitucional
O monarca acepta a constitución, que establece unha monarquía constitucional. A constitución ten máis poder que o rei. Os ideais do liberalismo político inclúen a separación de poderes, a soberanía nacional, a igualdade legal e o sufraxio censatario. O sufraxio censatario significa que só teñen dereito a elixir as persoas que teñan un determinado nivel de renda; os que están por debaixo dese nivel non teñen posibilidade de votar.
Exprópianse os bens da igrexa, e o patrimonio da igrexa pasa a ser propiedade do estado. Créase un exército nacional, formado por cidadáns que teñen o deber de defenderse con armas. Nace o servizo militar obrigatorio.
Esta constitución moderada respecta os intereses e ideas da burguesía media, mentres que os máis pobres non están recoñecidos. No 93 haberá unha constitución máis radical.
A Radicalización da Revolución e a Proclamación da República
A constitución do 91 favorecía aos grupos sociais que tiñan certa capacidade económica. Xérase un descontento, unido á decisión de Luis XVI de non seguir tolerando a constitución e intentar escapar de París para reunirse coas forzas políticas e militares que trataban de combater contra Francia. Esa fuga é descuberta, e a partir dese momento os franceses rexeitan a monarquía. A Luis XVI considéraselle un traidor. Entrase nun estado de guerra, unha etapa de terror e sangrenta. A revolución radicalízase.
No 93 haberá unha nova constitución. A situación orixinou un clima de revolta entre as clases populares, os sans-culottes, sectores urbanos máis pobres, que terán unha importancia enorme na revolución e esixen ter dereitos. Dous partidos políticos ou grupos diferéncianse: os xacobinos e os xirondinos.
Os xacobinos mobilizaron o descontento do pobo e, o 10 de agosto de 1792, as masas populares de París asaltaron o Palacio Real, apresaron ao monarca e proclamaron a República. Comeza unha fase nova, xa que se vai crear unha nova constitución con máis igualdade, principios básicos do pensamento xacobino: igualdade de dereitos e avanzar o que se poida coa igualdade económica. A igualdade é un dos temas fundamentais destes partidos ou grupos. Recoñecíase o sufraxio universal (só para varóns), onde todas as persoas maiores de 18 anos podían elixir votando aos gobernantes.
O Terror Xacobino e a Reacción Termidoriana
As medidas como a Lei de Maximum defendían as leis económicas, onde os prezos dos produtos básicos non se podían subir dun prezo que poñía o estado, e a protección dos pobres (protección económica). Decretouse a leva en masa para organizar un potente exército que se enfrontase á invasión estranxeira. Esta etapa coñécese como O Terror, onde os tribunais revolucionarios castigaban coa cadea ou coa morte aos sospeitosos de seren contrarrevolucionarios. Luis XVI foi o primeiro monarca condenado a morte. Robespierre foi unha figura importante neste goberno ditatorial pola situación de guerra.
Ese período de terror mantense ata xullo do 94, cando a burguesía dá un golpe de estado e se entra noutra fase. O período da Convención remata en 1794.
O Directorio e o Ascenso de Napoleón
Outra constitución establece o Directorio, que atende sobre todo ás capas da burguesía, dos que teñen certo poder económico. Non volve a monarquía, séguese coa república. O Directorio tiña opoñentes políticos, sendo un goberno que atendía aos máis ricos. O Directorio tiña unha etapa febril, con gobernos febles. A solución a esa debilidade é outro golpe de estado. A figura decisiva para poñer orde en Francia vai ser o xeneral Napoleón Bonaparte, que acabou sendo o protagonista, co apoio da burguesía, dun golpe de estado. Este vai crear o Imperio Napoleónico e comezará a conquistar territorios. En 1799 comeza o período que se chama o Consulado.