A Revolución das Linguaxes Artísticas: Espazo, Idea e Corpo nos Anos 60 e 70
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Plástica y Educación Artística
Escrito el en
español con un tamaño de 2,55 KB
Espazo, idea, corpo (anos 60 e 70)
Este punto arranca co sentido da renovación profunda que houbo nas linguaxes artísticas neses anos, unha renovación moi intensa. Xurdiron unha serie de novas linguaxes artísticas, novos comportamentos e as novas vangardas que, basicamente, plantexaban facer arte dun modo diferente, optando por vías artísticas distintas ás tradicionais.
Novas Formas de Experimentación
Plantéanse novas formas de facer arte e existe un estudo moi forte sobre as linguaxes artísticas. Máis que tratar temas específicos, a arte vai interesarse por experimentar novas formas de facer arte. Estas pódense resumir en tres grandes vías:
- O Espazo: Unha investigación sobre o espazo sobre o que elaborar arte ou sobre o que intervir.
- A Idea ou o Concepto: Todo o que ten que ver coa arte conceptual, entendendo a obra de arte como un dispositivo que plantexa reflexións e problemas ao espectador para que pense.
- O Corpo: Outra das grandes vías que toma como centro de atención o corpo; ás veces é o propio corpo do artista o que se toma como campo de probas.
Contexto e Orixes das Novas Vangardas
Son tendencias que xurdiron, moitas delas, en Norteamérica, pero tamén en Europa e en Brasil. Foron anos moi experimentais, de facer probas e novos modos. Visto desde a distancia, parécennos experiencias moi básicas e elementais; simplemente eran probas sobre novas formas de facer arte. Eran cousas moi básicas pero que, neses anos, supuxeron algo así como destapar a caixa de Pandora.
Moitas desas experiencias non se inventaron nos anos 60, porque figuras como Marcel Duchamp xa as viñan practicando, ao igual que os dadaístas ou os futuristas. Non se inventaron nese momento, pero si que neses anos se investigaron con moita intensidade esas novas formas de facer arte.
A Influencia da Universidade na Arte
Moitas destas formas artísticas xorden das universidades, porque nese momento os estudos artísticos pasan a ser universitarios. As Belas Artes convértense en estudos de grao superior onde os estudantes de arte reciben clases de:
- Socioloxía
- Filosofía
- Lingüística
Deste xeito, prodúcese un aumento da parte teórica e os artistas comezan a especular con novas posibilidades. Moitas destas prácticas artísticas xorden, precisamente, do ámbito das universidades de arte.