A Revolución de 1868 e o Reinado de Amadeo de Savoia

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,93 KB

REVOLUCIÓN DE 1868:

Causas

  • Crise económica tras o reinado de Isabel II, que coincidiu cunha crise de subsistencia (malas colleitas: pouca produción: prezos elevados: fame).
  • Crise financeira porque todo o diñeiro investido na creación do ferrocarril non se recuperou, xa que non acadou toda a demanda que se esperaba.
  • Crise industrial do téxtil pola Guerra de Secesión americana, que encareceu o prezo dos seus produtos (algodón).
  • O Partido Progresista (Prim) e o Partido Demócrata firman o Pacto de Ostende para conspirar contra o sistema isabelino e unificar o seu poder (logo adhírense os unionistas (Serrano)).

Revolución

No 68, os gobernos conspiradores álzanse contra Isabel para defender a liberdade, soberanía, separación Igrexa-Estado, sufraxio universal e proclamar a República. Isabel deféndese con armas e os revolucionarios responden igual e vencen: a raíña dimite e exíliase. Pero nacen discrepancias no grupo dos vencedores pola radicalidade das novas ideas e nomean un Goberno provisional centrista (Serrano: rexente; Prim: presidente), que disolve as Xuntas e desfai a Milicia Nacional.

Resultados

O novo goberno convoca eleccións a Cortes constituíntes (sufraxio universal masculino) e redactan a Constitución de 1869: democrática, con amplos dereitos e liberdades, igualdade, soberanía nacional, establece que o rei non pode vetar as leis, só darlles o visto e prace, facilitaba a liberalización do mercado internacional e acababa co proteccionismo. Como non había rei, establecen unha rexencia para Serrano, que provocou conflictividade social, pero era imposible acordar as esixencias da xente, así que a rexencia tendeu a vías máis radicais.

Forzas Políticas

  • CARLISTAS e MODERADOS na dereita: monarquía tradicional, importancia do catolicismo, querían a volta de Isabel II (Cánovas del Castillo).
  • PROGRESISTAS no centro (Prim): goberno monárquico pero subordinado á soberanía nacional e liberdades públicas.
  • REPUBLICANOS (Pi y Margall, Figueras): defendían goberno republicano, separación Igrexa-Estado, laicismo, non intervención do exército na política, regulación de leis laborais. Un sector republicano era o dos UNITARIOS (Castelar), un pouco máis conservadores.

Amadeo de Savoia

Prim fai un consenso para atopar un rei para España e entrégalle o trono ao democrático Amadeo de Savoia, e con el comeza unha nova etapa democrática.

Dificultades

Non tiña apoio nin aristocrático, nin clerical, nin militar ou popular, que estaban todos fartos de gobernos fracasados e ademais o consideran ilexítimo por non ser español. Amadeo establece sufraxio universal e liberdades políticas e intenta consolidar o réxime democrático, pero a gran débeda pública acumulada anteriormente fai reemerxer o conflito carlista e as mobilizacións republicanas.

Inestabilidade

Os moderados conspiran para restaurar a monarquía borbónica no príncipe Afonso. Cánovas del Castillo vai convencendo a unionistas e progresistas de que a monarquía borbónica garantiría a estabilidade fronte ao excesivo liberalismo de Amadeo. A Igrexa situouse a favor desta postura. Os carlistas reorganizáronse para sentar no trono ao seu propio candidato. No 68, Amadeo estaba disposto a arranxar o conflito de Cuba (últimos territorios españois) e prometeu o fin da escravitude na illa, pero ao non ter apoios non puido solucionar o problema pacificamente...

Fin

Nesta situación de caos e rexeitamento cara a el total, Amadeo renuncia ao trono queixándose de que España era un país salvaxe, corrupto e ingobernable.

Entradas relacionadas: