Resumo da fiestra valdeira por lances

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,07 KB

T4 O teatro deste período, tamén chamado de  preguerra, pode dividirse en: 1. TEATRO DAS IRMANDADES. A través da revista,  A Nosa Terra recoñecéuselle ao teatro a súa relevancia na recuperación da identidade do país a través da ideoloxía nacionalista.O ideario das Irmandades entendía o teatro como un medio para promover a cultura e a lingua galega.
Era unha forma de chegar a un gran público e infundirlle unha ideoloxía  e concienciación galeguista.     A pesar de todo, neste período seguen arrastrándose os problemas da década anterior:Falta de grupos profesionais.Falta de apoio institucional. Desvalorización da lingua galega nas clases medias urbanas; en realidade os potenciais consumidores de teatro. Ausencia de obras dramáticas en galego. Coas Irmandades, créase en 1919 o  Conservatorio Nacional de Arte Galega    coa intención de promover o teatro galego. Nese mesmo ano de 1919, o Conservatorio Nacional de Arte Galega ofrece a súa primeira representación“ A man da Santiña”  de Ramón Cabanillas. Publicada en 1921, é unha comedia de asunto amoroso que se desenvolve nun ambiente de clase alta. Ricardo volve das Américas con fortuna, despois  de sete anos. Marir Rosa, que aínda lle conserva o antigo amor, coida que el está  namorado da súa curmá Santiña. O enredo resólvese finalmente co encontro de ambos . Cabanillas compuxo“ O Mariscal “,  en 1926 a petición de Antón Vilar Ponte, que quería unha peza política coa lenda do mariscal Pardo de Cela, mitificado como abandeirado da oposición galega ao centralismo, polo seu enfrontamento histórico cos Reis Católicos.   Outros autores foron,  Leandro Carré, Armando Cotarelo e Xaime Quintanilla 
cultivaron o teatro. 
2. TEATRO DAS VANGARDAS.  Os seus autores comparten cos membros da Xeración NÓS a concepción do teatro coma “ unha arte total ”. Incorporan as técnicas dramáticas que se estaban a facer en Europa;  teatro da Arte Rusa, simbolismo, expresionismo, saudosismo e o teatro clásico grego. Tamén  as influencias dos grandes dramaturgos europeos;  Ibsen, Yeats ou Maeterlinck.  O principal dramaturgo foi Rafael Dieste. De menor relevancia,  outros como, Xaime Quintanilla e Álvaro Casas.      Rafael Dieste: Dotou ao teatro de modernidade, evitando a tradición e o costumismo. Introduce as características vangardistas na posta en escena e na súas creación dramática. Nas súas pezas todo ten un significado e todos os elementos da posta en escena actúan como símbolos. 
 A fiestra baldeira  (1927), unha comedia de estrutura clásica en tres lances e de carácter simbólico. O personaxe principal, don Miguel, e un cadro onde aparece retratado este  ollando a través dunha fiestra un fondo mariñeiro constitúen o centro da acción. Don  Miguel é un indiano que fora mariñeiro e a súa muller e a súa filla opóñense a que no  cadro aparezan motivos mariñeiros para ocultar a súa humilde orixe. O desenlace é feliz  ao reconciliarse don Miguel co seu pasado e reivindicar os valores do pobo mariñeiro.
 3.  TEATRO DA XERACIÓN NÓS. Seguen as mesmas ideas iniciadas polas Irmandades e polas vangardas. Foxen da propaganda e eliminan os elementos costumistas e realistas, en favor dos vangardistas. Trataron  de dotar ao xénero dramático de madurez e universalidade, achegándoo a movementos modernos, como o simbolismo e o expresionismo.         Seguen o modelo do “ teatro da arte ”, que consiste na simplificación das formas e na aplicación de  técnicas modernas.  Consisten, basicamente, en orientacións sobre como representar a obra escrita;   introdución de máscaras sobre o rostro dos actores, a importancia do decorado, xogos de luz, o vestiario, a música … Con estas innovacións a representación gaña na posta en escena e atrae aos espectadores cultos e burgueses.   Ao mesmo tempo, serve como dinamizador da cultura galega, integrando referentes culturais propios, celtismo  e foráneos, atlantismo. Con estes autores  o teatro galego acada as cotas máis altas coñecidas ata o momento. Destacamos:

Vicente


Risco: Concibía a dramática como o xénero que lle permitía reflectir a súa filosofía vital. Para el o teatro era a arte total xa que nela se integraban a literatura, a pintura, a música e a danza,  A única peza teatral de Risco é “ O bufón de El Rei ”;  drama en catro lances de corte simbolista que mestura a lenda e a traxedia. Presenta unha reflexión sobre a conduta humana, polo que non busca unicamente divertir.
Otero Pedrayo: Nas súas obras  trata de contribuír á normalización e dinamización da cultura galega. A súa dramaturxia non ten como obxectivo presentar acontecementos, senón recrear ambientes, espazos  e personaxes. Aposta por un teatro experimental e novidoso      A primeira peza teatral escrita por Pedrayo foi, “ A lagarada ”; nela reflicte o pequeno mundo da sociedade rural galega da época dun xeito crítico e analítico. Presenta un mundo moi opresivo  dominado pola miseria económica e moral. Contén elementos de tipo simbolista como o xogo coas sombras. 
“ O teatro de máscaras ”. É un conxunto de pezas breves de tendencia simbolista e moi relacionadas coa vangarda expresionista.  Por último citar unha  peza humorística; “ O  desengano do prioiro”  
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao:  Sente predilección polas tendencias dramáticas que se facían en Europa. A súa relación co teatro abarca moitas facetas: deseñador de decorados, de vestiario, director artístico. A súa única obra  “ Os vellos non  deben de namorarse” ; foi estreada en 1941 en Buenos Aires . Concibida como un espectáculo integral (texto, música, danza, luminotecnia, decoración,…). Componse de tres lances nos que presentan tres versións do drama do vello namorado dunha rapaza nova e, nos tres casos, remata coa morte do protagonista.

Entradas relacionadas: