Resumen os dous de sempre castelao

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,65 KB

Vicente Risco


A Guerra Civil supuxo un duro golpe na traxectoria vital e literaria.

Produción narrativa:

A súa primeira creación narrativa foiDo caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros. Neste obra
Risco deixa constancia da súa ideoloxía, facendo patente a súa oposición frontal ao
pensamento racionalista. Rompe os tópicos da tradición de século XIX e incorpora á nosa
literatura asuntos como o esoterismo ou un mundo máxico e marabilloso.
A única novela de Risco éO porco de pé. A figura do protagonista, caracterizado como un
porco, sérvelle para criticar desde a vulgaridade o materialismo da nova burguesía ata a perda
da galeguidade. Destaca a ironía, longas enumeracións e imaxes paródicas e caricaturescas.
Produción ensaística:

Risco, gran teorizador e posuído dun innegable afán didáctico, atopou no ensaio o seu mellor
medio de expresión.
Teoría do nacionalismo galego, nesta obra postula o trazos diferenciais que lle dan a Galicia
status de nación.
Noutros ensaios, como Nós, o inadaptados, Risco espoñería a evolución ideolóxica da súa
xeración.

Ramón Otero Pedrayo


Produción narrativa:

Entre os seus relatos destaca O Purgatorio de D. Ramiro. Segue as líneas iniciadas por Risco
e Castelao.
Pedrayo publicou só un volume de contos na Pre-guerra: Contos do camiño na rúa.
Recompilación de sete narracións nas que ofrece unha visión entre melancólica e humorística
das vivencias de diversos personaxes ligados a fidalguía.
A primeira das súas novelas é Os Camiños da Vida. Predayo reconstrúe deste xeito, o
momento histórico do tránsito entre a Galicia que morre e a Galicia que nace.
A obra narrativa de Otero adoita clasificarse en tres grupos distintos:
Novelas histórico-culturalistas
Novelas e contos histórico-realistas
Novelas psicolóxicas

Produción ensaística:

Dentro da produción ensaística de Pedrayo atopamos estudios científicos, conferencias, guías, ...
Case todos eles versan sobre a xeografía e a historia, con Galicia como obxecto de reflexión.
Entre os máis relevantes podemos citar :


Pelegrinaxes, crónica da marcha a pé que fixeron él, Risco e outros amigos desde
Santiago ata o santuario de San Andrés de Teixido, mesturadas con reflexións sobre a vida
aldeá e descricións da paisaxe galega.
Ensaio histórico sobre a cultura galega, que presenta o desenvolvemento histórico e
cultural de Galicia, desde a Prehistoria ata o século XXV, destacando catro grandes
momentos de esplendor : céltico, ROMánico, Barroco e ROMántico.

Castelao


Produción narrativa
Cousas, formada por 45 narracións líricas que apareceron en dúas recompilacións, é
considerada a súa creación máis orixinal. Cada cousa consta de unha breve anécdota, o
centro da cal adoitan ser tipos populares, acompañada dunha ilustración que complementa
o contido da anécdota.
Os trazos básicos da fórmula narrativa deCousasson estes :
unidade perfecta entre debuxo e texto

carácter sintético e carente de artificiosidade
combinación de Realismo, lirismo e humor
protagonismo do pobo co que se busca a complicidade
Caracterízase pola precisión, o humor, a tenrura, o sentimentalismo e o compromiso cos máis débiles.


Os dous de sempre, é a única peza narrativa longa de Castelao. Nela desenvólvese de
forma paralela a biografía de dous personaxes: Pedriño e Rañolas, que sendo amigos
desde a infancia toman camiños diverxentes. Cada un representa un prototipo diferente de
persoa.
Castelao reproduce nesta obra pequenas unidades narrativas que se suceden nas que se
combina o humor, o lirismo e o Realismo.
Produción ensaística
No ámbito do ensaio histórico – político, escribiuSempre en Galiza, que consta dun adro,
no que Castelao compara a realidade galega coa estemeña. Desde unha perspectiva de
nacionalismo progresista, Castelao expón nesta obra as súas reflexións sobre múltiples
temas: o autogoberno, a defensa do idioma, o exilio, o sentimento de Galicia,....

Entradas relacionadas: