Recursos naturais e materiais: minerais, forestais, hídricos e novos materiais

Química26,58 KB

Recursos minerais

Minerais metálicos

Os xacementos dos minerais proporcionan o elemento puro.

Minerais do ferro

É o metal máis abundante na codia terrestre e o más utilizado polo ser humano. Obtense de diversos minerais, que destacan os óxidos, como a magnetita, a hematita e a limonita, o carbonato siderita e o sulfuro pirita. O metal trátase en altos fornos, onde se fan reaccionar os óxidos con carbón a alta temperatura para absorber o osíxeno e desprendelo como dióxido de carbono. Aplícaselles procesos de oxidación e depuración. Ao eliminar o osíxeno, quedan por eliminar as impurezas da escoria, que se separan en fornos convertedores e dos que se obtén o ferro fundido. É o material base nos procesos.

Minerais do cobre

O cobre é un elemento menos abundante có ferro. As bolsas de cobre representan unha pequena fracción deste metal, que se obtén de óxidos, como a cuprita, e de sulfuros, como a calcosina, a calcopirita e a covelina. Ao extraer o mineral, o proceso de refinamento segue dous camiños:

  • Primeiro: tritúrase e fúndese o mineral nuns fornos, métese nuns convertedores e sométese a un proceso de depuración electrolítica; o elemento puro vai aos ánodos do circuíto.
  • Segundo: o mineral sométese a un proceso de lixiviación, que separa as partes solubles. O resto se obtén por electrólise.

Minerais do aluminio

É o terceiro máis abundante na codia terrestre. É moito máis doada e económica a súa reciclaxe que a obtención dun novo. A principal mena é a bauxita, agregado no que predominan os óxidos hidratados. O proceso de refinamento comeza coa lixiviación do mineral moído en sosa cáustica, para conseguir a decantación dos compostos sen aluminio. Despois déixase cristalizar e sométese a altas temperaturas para obter alúmina. Por último, a electrólise obtén o mineral puro.

Minerais non metálicos

Clasifícanse por familias segundo a súa composición química ou natureza.

Nitratos

Derivados do ácido nítrico, poden ter orixe orgánica ou inorgánica. Fórmanse por oxidación do amoníaco ou dos óxidos de nitróxeno. Existen grandes depósitos de nitratos de potasio e de sodio. Os de orixe orgánica obtéñense por descomposición da urea. O seu principal uso é como fertilizante para as plantas, que usan o nitróxeno para a síntese de proteínas. Os nitratos de potasio e de amonio empréganse para a fabricación de pólvora, e os de prata para as placas fotosensibles. O salitre é unha mestura de nitrato de potasio e de sodio.

Sulfatos

Son sales e derivados do ácido sulfúrico, presentes na codia terrestre en forma de xeso, baritina e sulfato sódico. As propiedades dependen do compoñente químico ao que estean unidos. A composición inicial determina a variedade das súas aplicacións.

Fosfatos

Son sales e derivados do ácido fosfórico, presentes na natureza en minerais como a apatita e no mundo orgánico, onde forman estruturas como dentes e ósos. Utilízanse como fertilizantes e interveñen como materia prima en distintos materiais. Aplícanse na depuración de augas e nos detergentes.

Outros minerais

  • Mármore: rocha metamórfica formada pola recristalización da calcaria. Úsase en escultura, construción e decoración.
  • Granito: rocha magmática composta por cuarzo, feldespato e mica, abundante na codia terrestre. Úsase na construción.
  • Areas: rochas disgregadas en forma de pequenos grans, proceden de rochas silíceas e úsanse no formigón.
  • Lodos e gravas: de tamaño maior nos seus grans, empréganse na construción.

Recursos forestais, agrícolas e gandeiros

Forestais

Obtéñense dos bosques. Os elementos vivos destacados son as árbores, que configuran o biótopo asociado. Os bosques interveñen para manter o equilibrio da biosfera. Conservan o chan, que o protexen da acción da chuvia e do vento. Os materiais en descomposición enriquecen o chan co humus, un fertilizante natural para as plantas. Sobre a atmosfera, liberan osíxeno e absorben dióxido de carbono. A utilidade dos bosques é que constitúen un recurso natural insubstituíble. Os seus principais produtos son as madeiras e as leñas, e os recursos non madeireiros.

Madeira

Composta por lignina e celulosa. Utilízase polas súas propiedades e pola variedade de madeiras que existen, con moitos usos: material de construción, fabricación de mobles e decoración. A leña é a madeira de menor calidade e úsase para a combustión; é un tipo de biomasa. Hai escaseza de madeira e leña pola sobreexplotación.

Recursos non madeireiros

Pertencen a cortiza, a resina, os cogomelos, as bagas e os animais de caza. Son obxecto de maior aproveitamento segundo o alcance dos mercados, que buscan beneficios.

Agrícolas

Son produtos exclusivos da actividade humana. A agricultura é o conxunto de técnicas que buscan o cultivo da terra: tarefas de sementeira, fertilización e outros coidados para as plantas. Pretende conseguir alimentos.

Principais cultivos

A variedade de cultivos fai que se deba recorrer a grandes grupos de produtos. As plantas cambian dunha rexión a outra, o que implica o risco de dependencia de especies. Estableceronse bancos de sementes que conservan mostras de variedades. Destacan os cereais:

  • Trigo: cultivouse entre os ríos Tigris e Éufrates. Estendeuse por todo África e Europa.
  • Arroz: cultivouse na Ásia tropical e subtropical, con orixe na India. Introduciuse en China.
  • Millo: cultívase en México e en América Central, é o cereal máis importante.

Gandeiros

É unha actividade na que os seres humanos se ocupan da cría e do coidado de especies animais. Nos países desenvolvidos impuxéronse formas de explotación intensiva, e nos países en vías de desenvolvemento mantívose a forma tradicional. Dos animais criados obtéñense proteínas en forma de carne, leite e ovos. Os animais proveñen de materias primas. Algunhas especies utilízanse para realizar forza de traballo. Hai dous tipos de impactos: os debidos á explotación e os debidos aos residuos concentrados pola gandaría.

Recursos hídricos

Recursos provistos pola auga. A auga é un recurso polivalente: cobre o 70% do planeta. Destaca polo seu papel no mantemento da vida, e é imprescindible en agricultura, gandaría, industria e obtención de enerxía.

Fontes convencionais

Augas doces superficiais (ríos, lagos e marismas) e subterráneas (acuíferos, por infiltración de augas superficiais).

Fontes non convencionais

Augas recicladas (que se devolven ao medio) e desalinizadas (en zonas costeiras, para solucionar necesidades).

Ciclo hidrolóxico

Desde mares, ríos, lagos e seres vivos evapórase auga cara á atmosfera e fórmanse as nubes. A auga precipita sobre o chan como chuvia ou neve. Ao precipitar, unha parte evapórase, outra vai a ríos e océanos, e outra infiltrase na terra; así volve aos océanos e comeza outra vez o proceso.

Aplicacións enerxéticas

A enerxía hidráulica obtense do aproveitamento da enerxía cinética e potencial de ríos, saltos de auga e mareas. É unha enerxía sostible, con impacto ambiental mínimo se se usa a forza sen encorsetar, e é unha fonte renovable cun gran impacto ambiental cando se constrúen grandes obras. Aproveitamentos: muíños e centrais hidroeléctricas, que transforman a enerxía potencial en cinética (auga → turbinas) e esta en enerxía eléctrica nos xeradores.

Aplicacións industriais

  • Materia prima: intervén en distintos procesos de fabricación e constitúe un compoñente máis do produto final.
  • Disolvente: serve para depurar produtos ou para facilitar a súa manipulación e almacenaxe.
  • Refrixerante: ten un elevado calor específico, polo que absorbe moita calor sen sufrir un gran aumento de temperatura. Auga con aditivos contra a corrosión úsase en motores de explosión, pezas sometidas a fricción e pilas atómicas das centrais.

Aplicacións agrícolas

Úsase auga pobre en sales e impurezas para regar. Os cultivos irrigados precisan ser regados.

Reservas e consumo responsable

A auga doce é só o 3% da auga da codia. O aumento da poboación, o uso indiscriminado, o quecemento do planeta e o mal manexo da auga poden poñer en perigo un ben fundamental para a humanidade. Recordemos tamén que o corpo humano é un 72% auga, e require uns 3 litros diarios para evitar a deshidratación.

Materiais

Propiedades

  • Electromagnéticas: relación coa electricidade e os campos magnéticos.
  • Térmicas: responden á calor e á temperatura.
  • Químicas: describen a maneira de reaccionar dun material con outras substancias.
  • Ópticas: refírense ás interaccións coa luz.
  • Mecánicas: describen o comportamento dun material fronte a distintos tipos de forza.

Principais forzas mecánicas

  • Dureza: resistencia a ser perforado ou rascado.
  • Tenacidade: capacidade de non deformarse por unha forza.
  • Plasticidade: capacidade de deformarse por medio dunha forza e non volver á súa posición.
  • Elasticidade: capacidade de recuperar a súa forma.
  • Ductilidade: capacidade de experimentar grandes deformacións.
  • Maleabilidade: capacidade dun material de sufrir unha deformación sen roturas.

Clasificación

Distínguense os de orixe mineral, os de orixe biolóxica e os materiais sintéticos. Os dous primeiros obtéñense da natureza de forma directa, e os sintéticos mediante un proceso de elaboración humana. Os minerais subdivídense en metais e aliaxes, e en non metais. Os biolóxicos segundo procedan de plantas ou de animais. Os sintéticos en polímeros, nanotecnolóxicos, eléctricos, siliconas, intelixentes e híbridos.

Metais e aliaxes

Os metais puros

Poden obterse da natureza. Para illalos necesítanse procesos de transformación complexos, que supoñen un gran consumo de enerxía e elevados custos. Propiedades: teñen gran dureza, trabállanse mediante procesos de fundición, son bos condutores da calor e da electricidade, utilízanse en aplicacións estruturais e pódense reciclar. O principal inconveniente é a súa tendencia á corrosión: os óxidos fan que o metal perda as súas propiedades, polo que hai que tomar medidas de protección.

O cobre

Primeiro metal puro empregado polo ser humano, grazas á posibilidade de atopalo en estado puro ou en minerais. Destaca pola súa capacidade de conducir a electricidade, e é o material para a fabricación de cables eléctricos. É metal doado de traballar, maleable, dúctil e brando. Pódese verter en moldes en estado fundido e acepta a soldadura. Distínguense polo seu grao de pureza e polo tratamento recibido; destacan os cobres electrolíticos e os térmicos.

O ferro

É o metal máis utilizado. É abundante na codia terrestre, de gran resistencia e maleabilidade, e úsase para fabricar estruturas. Destacan as súas propiedades magnéticas, polo que se emprega para os imáns. As súas propiedades mecánicas poden mellorarse con procesos de forxa e temperado, e trabállase por fundición. Admite a soldadura, pero corróese con facilidade. Úsase para estruturas que soportan moito peso, para ferramentas e para mecanismos.

O aluminio

A súa reactividade dificultou o seu illamento, pero inventáronse sistemas para a súa extracción. É bo condutor da calor e da electricidade, maleable, dúctil e brando. Admite a soldadura e os procesos de fundición. Forma unha delgada capa de óxido co osíxeno que o protexe. Ten numerosas aplicacións: construción de estruturas, vehículos, edificación e láminas de papel de aluminio.

Prata e ouro

Son metais preciosos con propiedades aplicables a moitas cousas, pero a súa escaseza e o seu elevado valor económico dificultan o seu uso. A prata é un metal dúctil e maleable, bo condutor da calor e da electricidade, de aí o seu uso en electrónica, e con alto índice de reflexión. O ouro é o máis dúctil e maleable de todos, de gran densidade, bo condutor e de moi alta resistencia á corrosión e ao ataque de axentes químicos. Úsase en xoiaría en forma de láminas.

As aliaxes

É unha combinación de varios metais, á que poden incorporarse pequenas cantidades de elementos non metálicos, para mellorar as propiedades dos compoñentes orixinais. As propiedades das aliaxes son moi parecidas ás dos metais de partida. Adoitan clasificarse en función do metal con maior proporción.

Aliaxes férreas

A principal é o aceiro, obtido ao engadir ferro cunha porcentaxe de carbono. Os aceiros sen outros elementos chámanse aceiros ao carbono. A súa característica é a resistencia mecánica: canta maior cantidade de carbono, maior dureza e resistencia. Os máis resistentes utilízanse para fabricar pezas de esforzos constantes, mentres que os brandos son para elementos tratados en frío. Nos aceiros aliados intervén outros elementos que confiren mellores propiedades mecánicas ou químicas, como o aceiro inoxidable, que incorpora cromo. Utilízanse para fabricar elementos mecánicos, rodamentos e cigoñais.

Aliaxes non férreas

Destacan as do cobre e as do aluminio:

  • Bronce: aliaxe de cobre con estaño, nunha proporción inferior de estaño. É resistente e non se afecta pola corrosión. Ten propiedades similares ás do aceiro e empréganse para fabricar utensilios e ferramentas, e hoxe tamén para elementos de decoración.
  • Latón: formado por cobre e cinc, mestura que confire maior dureza e ductilidade. Non produce chispas por impacto, o que o fai máis adecuado para fabricar elementos en contacto con substancias inflamables. É dúctil en frío e utilízase en ferraxaría e para válvulas.
  • Duraluminio: aliaxes do aluminio con outros metais, como o cobre, o magnesio, o manganeso e o cinc. Corrixe a falta de dureza e de resistencia do aluminio. Úsase para fabricar estruturas resistentes e lixeiras.

Materiais minerais non metálicos

Materiais cerámicos

Obxectos fabricados a partir de arxila, unha mestura de silicatos de aluminio e óxidos de ferro. Mesturada con auga, a arxila forma unha masa plástica e uniforme, que adquire rixidez ao secar. A cocción aumenta e estabiliza esa rixidez. Son resistentes ás altas temperaturas, pero fráxiles e fácilmente fracturables. Ao engadir cuarzo, obtense unha cerámica menos plástica, e as arxilas moldeables resérvanse para obxectos. Clasificación:

  • Uso estrutural: para a fabricación de ladrillos e baldosas.
  • Fabricación de obxectos: materiais moldeables.
  • Refractarios: con alto contido en sílice, soportan temperaturas elevadas.

Materiais de construción

Destacan os cementos, un grupo de conglomerados que, mesturados con auga e con agregados de minerais pétreos, forman unha mestura pastosa que se endurece en cuestión de minutos. É útil e produce estruturas sólidas; coñécese como formigón. O cemento máis utilizado é o tipo Portland, composto de arxila e calcaria. Pódese almacenar durante anos. Ao mesturarse con auga, o endurecemento tarda unhas semanas. Engádeselle xeso para que endureza máis rápido. Para variedades especiais existen os cementos férricos e os cementos rápidos. Utilízase así o chamado formigón armado, moi resistente. Tamén existen os áridos, materiais fragmentarios obtidos de minerais pétreos, para a elaboración de morteiro.

O vidro

Substancia fabricada a partir de sílice, que se funde a altas temperaturas con boratos e fosfatos. É un material amorfo, en estado vítreo, no que as unidades moleculares teñen cohesión suficiente para ter rixidez mecánica. Arrefríase ata solidificar e, ao quentalo, pode volver á súa forma líquida. Acostuma ser transparente. É maleable e pódese deformar mediante técnicas, aínda que en frío é fráxil. Aplicacións: resistencia aos axentes químicos, para fabricar recipientes de todo tipo, escasa condutividade eléctrica e gran número de variedades. A vitrocerámica é un novo vidro: ao someter o vidro a temperaturas elevadas convértese en vitrocerámica.

Materias de orixe biolóxica

De orixe vexetal

  • Papel: compón láminas de celulosa, con función estrutural. Fabricado na China. Pouco denso e brando.
  • Madeira: composta por celulosa e lignina, obtense das árbores. É un material lixeiro e resistente, recurso renovable e reciclable.
  • Fibras téxtiles: o algodón obtense das sementes da planta e compón de fibras de celulosa. O liño é unha fibra téxtil obtida do talo da planta, herbácea que se desenvolve en climas cálidos; dela tamén se obtén fariña e aceite. O xute obtense dunha planta de rexións tropicais, contén lignina e ten tacto áspero. As fibras de cánabo obtéñense dos talos da planta, de aspecto similar ao xute, e delas se obtén celulosa para fabricar papel.

De orixe animal

  • La: obtense do pelo dos animais. É moi lixeira e elástica, e tiene un importante papel de illamento térmico.
  • Seda: producida polo verme da seda. As fibras son moi finas e longas, de aspecto brillante e tacto suave, con elevado custo.
  • Coiro: formado por fibras de colaxeno de animais. É un material resistente, que pode ter maior ou menor dureza e rixidez. Úsase na confección de carteiras e maletas.

Polímeros

Macromoléculas compostas por longas cadeas, estrutura típica dos compostos orgánicos. A unidade molecular menor chámase monómero.

Clasificación segundo a orixe

  • Naturais: encóntranse na natureza, formados por seres vivos. Pertencen a eles as proteínas e a celulosa.
  • Artificiais: obtéñense dos polímeros naturais mediante modificación química. O celuloide foi o primeiro.
  • Sintéticos: resultado do deseño e fabricación humana. O PVC é o máis usado.

Clasificación segundo as propiedades físicas

  • Elastómeros: de gran elasticidade, como o caucho.
  • Plásticos: ante unha forza, deformanse.
  • Duroplásticos: substancias de gran dureza e rixidez, como a baquelita.

Clasificación segundo a resposta á calor

  • Termoplásticos: a altas temperaturas pasan a estado líquido e fluen. Ao arrefriar, endurecen.
  • Termoestables: non se funden coa calor, que impide o movemento libre das moléculas.

Polímeros naturais e artificiais

Existen moitos polímeros naturais (lignina, celulosa, quitina, caucho), de estrutura moi diversa: as proteínas están formadas por aminoácidos, e o caucho por isopreno. O máis utilizado é a celulosa, presente nas paredes das células vexetais. Entre os artificiais está a nitrocelulosa, que se obtén mediante o tratamento da celulosa con ácido nítrico, coñecida tamén como nitrato de celulosa, e empregada para fabricar explosivos ou pinturas. O raión, ou seda artificial, é moi flexible e obtense da fibra da celulosa mediante un baño alcalino; hai diferentes tipos e úsase na confección como substituto da seda natural. O caucho vulcanizado obtense do natural ao someterlo á vulcanización (quentar unha mestura de caucho e xofre); é moi elástico e resistente.

Polímeros sintéticos

A maior parte obtéñense dos derivados do petróleo.

  • Nailon: polímero sintético formado por longas cadeas de monómeros unidos por enlaces amida. Forma fibras moi lixeiras e resistentes, e utilízase como substituto da seda e do raión na confección de prendas de vestir.
  • Poliestirenos: grupo de termoplásticos con tres formas. O poliestireno de choque é rígido e opaco, e úsase para fabricar obxectos mediante moldeo por inxección, como carcasas e xoguetes. O poliestireno cristal ten unha rixidez parecida á do de choque e úsase para obxectos transparentes ou caixas de discos; a mestura de choque e cristal úsase para envases desbotables. O poliestireno expandido é moi lixeiro e úsase como illante térmico e acústico e en artigos de deporte acuático.
  • Poliésteres: teñen enlace de tipo éster. O máis coñecido é o PET, transparente, resistente ao desgaste e estable fronte aos axentes químicos; úsase en envases alimentarios.
  • Poliuretano: sintetízase grazas a un proceso de condensación de poliésteres. A súa estrutura inclúe burbullas de gas, que o converten nun material de baixa densidade e gran illante. Arde con facilidade.
  • PVC: polímero termoplástico con dúas variedades: unha rígida, que se utiliza para elementos estruturais e para a construción, e outra flexible, para fabricar revestimentos.
  • Polietileno: o máis común dos plásticos. Obtense do etileno, en forma de longas cadeas lineais. Ten gran estabilidade química, é impermeable e fácil de moldear. Serve para bolsas e tubaxes, e recíclase con facilidade.
  • Metacrilato: de gran rixidez e transparencia, empréganse como substituto do vidro. Moldéase en quente e pódese cortar e pulir en frío. Úsase para fabricar mobles e cartelería.

Novos materiais electrónicos

Semicondutores

Materiais cunha resistencia ao paso da electricidade que depende de distintos factores, e que poden chegar a interromper o paso da corrente. Os máis empregados son o silicio, o galio e o selenio; o máis usado é o silicio, co que se fabrican os chips dos ordenadores.

Superconductores

A supercondutividade é a capacidade que posúen certos materiais de non opoñer resistencia a unha corrente eléctrica. Permiten o transporte de enerxía sen perdas. Exemplos: mercurio, nanotubos e titanio.

Piezoeléctricos

Materiais que posúen a capacidade de converter a enerxía mecánica en eléctrica e viceversa. Pódense atopar minerais como o cuarzo e a turmalina, ou compostos como o nitrato de litio. Utilízanse como sensores de acendedores ou de reloxos.

Nanotecnoloxía

Engloba campos da ciencia e da técnica nos que se estudan substancias de dimensións moi reducidas. Os nanotubos son estruturas tubulares, con diámetros de poucos nanómetros, construídas con carbono. Teñen comportamento eléctrico semicondutor e supercondutor, enorme resistencia mecánica á tensión e gran capacidade para producir calor. Poden empregarse para absorber e almacenar distintos materiais.

Outros novos materiais

  • Siliconas: polímeros nos que as cadeas están formadas a partir do silicio. Son moi flexibles, lixeiras e moldeables, e manteñen a súa estabilidade tanto a temperaturas moi baixas como moi altas. Coa calor adquiren resistencia. Son illantes da calor e da electricidade e úsanse en próteses e material cirúrxico.
  • Materiais intelixentes: capaces de responder de modo reversible e controlable ante diferentes estímulos. Poden utilizarse para desenvolver sensores e actuadores. Un caso particular son os chamados materiais con memoria de forma, capaces de recordar a disposición da súa estrutura espacial e de volver a ela. Presentan esta propiedade algunhas aliaxes metálicas.
  • Materiais híbridos: compóñense dun material base, chamado matriz, ao que se engaden fibras. A matriz proporciona estabilidade ás fibras e solidez ao conxunto, e as fibras confiren elasticidade. Os máis utilizados, con fibras de vidro e carbono, teñen unha matriz de poliéster. Son materiais lixeiros e de gran resistencia, e úsanse na industria aeronáutica e na construción naval. Existen tamén híbridos de matriz metálica, empregados en pezas sometidas a altas temperaturas.

Descargar

PDF Word HTML