Recuperación e Desenvolvemento da Literatura Galega (1890-1999): O Papel das Irmandades e o Grupo Nós
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,98 KB
O Rexurdimento e a Crise do Uso Oral (Finais do Século XIX)
Chegada a finais do século XIX, constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico; así mesmo, paténtase un descenso no nivel de uso oral. A lingua galega non vive aínda unha situación normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais —clases altas e medias— e en ámbitos xeográficos —urbanos— concretos.
O contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega dos comezos do XX seguía a caracterizarse pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.
O Salto Cualitativo: Do Galeguismo ao Nacionalismo
A toma de conciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á propiedade da terra, unida á evolución do galeguismo cara ao nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da lingua. O nacionalismo está tan vencellado ao idioma como esencia de identidade colectiva, que as súas primeiras manifestacións as constitúen as Irmandades da Fala.
As Irmandades da Fala: Defensa e Cultivo do Idioma
Creadas para a defensa, dignificación e cultivo do idioma, a primeira Irmandade da Fala fúndase na Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago...).
Para o espallamento do seu ideario crearon un xornal de expresión totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis salientables foron:
- Os irmáns Vilar Ponte
- Losada Diéguez
- Vicente Risco
- Ramón Cabanillas, etc.
Reivindicacións e Actividade Editorial
En 1918 celebran a «I Asemblea Nacionalista Galega», que tivo como conclusións a reivindicación da autonomía integral, a oficialización da lingua e a inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra.
As Irmandades promoveron a elaboración de dicionarios e gramáticas, estudos lingüísticos e reivindicaron a presenza do galego na Administración e no ensino. Danlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas:
- Céltiga en Ferrol
- Lar na Coruña
- Alborada en Pontevedra
Ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a Revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedraio e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido «Grupo Nós». A eles lígase a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O Trunco da Guerra Civil e a Posguerra Inmediata (1936-1949)
O golpe de Estado do xeneral Francisco Franco e a consecuente Guerra Civil española (1936-1939) truncou toda esta produción literaria. Após a vitoria do bando nacional, a literatura en lingua galega esmorece. Tan só, na máis inmediata posguerra, se conta con testemuños teatrais de tipo folclórico, semellantes aos producidos na ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1929).
Será precisamente unha obra teatral o primeiro texto publicado en libro após a barbarie de 1936, a zarzuela ¡Non Chores, Sabeliña! (1943) de Xosé Trapero Pardo. O seguinte, o poemario de Aquilino Iglesia Alvariño Cómaros Verdes (1947).
A Recuperación Institucional e Cultural (1950-1979)
A cousa comezará a mudar a partir de 1950, ano no que aparece, da man de Ramón Piñeiro, Xaime Isla Couto e Celestino Fernández de la Vega a editorial Galaxia.
A cousa comezará a mudar a partir de 1950, ano no que aparece, da man de Ramón Piñeiro, Xaime Isla Couto e Celestino Fernández de la Vega a editorial Galaxia.
Eventos Clave na Década de 1960
Durante a década de 1960, Galiza verá acentuado o proceso de recuperación cultural que xa comezara no decenio anterior. Todo este proceso terá as súas repercusións na literatura. Así, no ano 1961 celebrarase a primeira e única edición do Certame de Teatro do Miño e, dous anos despois, en 1963, no ano no que se celebra por primeira vez o Día das Letras Galegas, aparecerá a revista Grial, órgano de vital importancia no ámbito literario e cultural.
Igualmente, entre 1963 e 1965, terán lugar as tres edicións dos Premios de Teatro Castelao. As agrupacións culturais a partir de 1960 van proliferar fortemente, o cal influirá sobre todo no teatro.
A Literatura Post-Estatuto (1980-1999)
A partir da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no ano 1980, a tesitura da literatura galega vai mudar acorde coa nova situación socio-política. Se ben para o caso da poesía hai que remontar ata a década de 1970; neste apartado tratarase sobre todo a literatura desde 1980 ata 1999.