Química en Galego: Mesturas, Substancias Puras, Leis Ponderais, Teoría Atómica y Estrutura do Átomo

Química6,5 KB

Mesturas e Substancias Puras

Mestura: substancia formada pola unión de dúas ou máis substancias que non reaccionan entre si. Pódense separar mediante procesos físicos e a súa composición e propiedades son variables.

  • Mestura homoxénea: non se distinguen os compoñentes que a forman.
  • Mestura heteroxénea: é posible observar os distintos compostos.

Substancia pura: non se pode separar noutras máis simples mediante procesos físicos e posúe composición e propiedades constantes.

  • Elementos: non poden descompoñerse noutras substancias puras máis simples mediante procesos químicos.
  • Compostos: substancias puras que poden descompoñerse noutras máis simples mediante procesos químicos.

Reacción Química e Leis Ponderais

Reacción química: proceso polo que unha ou varias substancias iniciais (reactivos) se transforman noutras substancias finais (produtos).

Lei de Lavoisier (conservación da masa): en toda reacción química a masa total dos reactivos que reaccionan é igual á masa total dos produtos da reacción.

Lei de Proust (proporcións definidas): a proporción entre as masas en que dous ou máis elementos se combinan para formar un determinado composto é sempre constante e independente do procedemento para formalo.

Lei de Dalton (proporcións múltiples): cando dous elementos se combinan entre si para formar máis dun composto, as masas dun deles que se combinan cunha mesma masa do outro para dar diferentes compostos están nunha relación de números enteiros sinxelos.

Teoría Atómica de Dalton

Os elementos están constituídos por átomos, que son partículas materiais separadas e indestrutibles. Os átomos dun mesmo elemento son iguais en masa e en todas as demais calidades. Os átomos dos distintos elementos teñen masa e propiedades diferentes. Os compostos fórmanse pola unión de átomos dos correspondentes elementos nunha relación numérica sinxela.

Principios dos Gases

Principio de Avogadro

Volumes iguais de gases diferentes, medidos nas mesmas condicións de P e T, conteñen o mesmo número de partículas.

Lei dos Volumes de Combinación (Gay-Lussac)

Os volumes das substancias gasosas que interveñen nunha reacción química, medidos nas mesmas condicións de P e T, gardan entre si unha relación de números enteiros sinxelos.

Teoría Cinético-Molecular dos Gases

  • Os gases están formados por moléculas moi distintas entre si, e o volume que ocupa o gas está case baleiro.
  • As moléculas de gas non experimentan interacción entre elas, salvo cando chocan entre si.
  • As moléculas atópanse en continuo movemento aleatorio, describindo traxectorias, e experimentan choques elásticos entre elas e coas paredes do recipiente.
  • A presión é consecuencia dos choques das moléculas de gas contra as paredes do recipiente.
  • A enerxía cinética media das moléculas dun gas é proporcional á temperatura e independente da natureza do gas.

Métodos de Separación de Mesturas

  • Decantación: separa dous líquidos inmiscibles ou un sólido e un líquido que non se mestúran. Baséase na diferenza de densidades.
  • Filtración: separa un sólido do líquido no que está en suspensión (non disolto). Baséase na diferenza de tamaño das partículas.
  • Cristalización: separa un sólido disolto nun líquido. Baséase na diferenza de volatilidade, é dicir, de facilidade para evaporarse.
  • Destilación: separa un líquido (ou sólido) disolto noutro líquido. Baséase na diferenza de puntos de ebulición.
  • Extracción cun disolvente: separa un dos compoñentes dunha mestura disolvéndoo. Baséase na diferente solubilidade nun disolvente determinado.
  • Cromatografía: separa os compoñentes dunha mestura que se moven a distinta velocidade polo mesmo soporte. Baséase na diferenza de retención dos compoñentes nunha base fixa.

Estrutura do Átomo

Teoría atómica de Dalton

A materia está formada por átomos.

Electrón: modelo atómico de Thomson

O estudo da condutividade de gases a baixa presión revelou un chorro de partículas con carga negativa procedente do cátodo (raios catódicos). Eran partículas que se afastaban do cátodo en liña recta, estaban provistas de grande enerxía cinética e comportábanse como unha corrente eléctrica de carga negativa.

Protón: modelo atómico de Rutherford

Empregando un cátodo perforado, observouse unha radiación de partículas con carga positiva que parecía provir dos canais abertos do cátodo (raios canais). Estaba formada por partículas con carga positiva, e a relación entre a carga e a masa era diferente segundo o gas empregado no tubo. A carga destas partículas era igual á do electrón pero de signo contrario, o que xustificou a existencia doutra partícula: o protón.

Neutrón

Segundo Moseley, as magnitudes atómicas son:

  • O número atómico (Z) indica o número de protóns.
  • O número másico (A) indica o número de neutróns.

Orixes da Teoría Cuántica

Teoría electromagnética da luz (Maxwell)

Segundo Maxwell, a luz é unha onda electromagnética con las seguintes características:

  • Amplitude: desprazamento máximo dun punto con respecto á posición de equilibrio.
  • Lonxitude de onda: distancia entre dous puntos análogos consecutivos (metro, m).
  • Frecuencia: número de vibracións por unidade de tempo (hertz, Hz).
  • Período: tempo invertido en efectuar unha vibración completa.
  • Velocidade: velocidade coa que se propaga a onda.

Espectros atómicos de emisión

Radiación emitida por un elemento en estado gasoso cando se lle aporta suficiente enerxía.

Teoría cuántica de Planck

Os corpos emiten ou absorben a enerxía en forma de paquetes ou cuantos de enerxía, segundo a expresión E = h·ν.

Descargar

PDF Word HTML