A quen se dirixe antón tovar en arredores

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,35 KB

(36)Aquilino Iglesia Alvariño escribiu unha poesía na que a paisaxe está humanizada e chea de resonancias clásicas, con temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte.(Cómaros Verdes,De día a día). Xosé María Díaz Castro publicou Nimbos. A súa obra ten como temas recorrentes o amor, a morte, a vida, a nostalxia da infancia perdida e o forte arraigamento coa terra, así como a relixiosidade. Luís Pimenel. (Triscos,Sombra do aire na herba), a súa poesía céntrase nas pequenas cousas do mundo cotián e caracterízase por unha visión pesimista da vida que contrasta coa descrición de ambientes finos.

Poetas da Promoción de Enlace. Denomínase a un grupo de escritores dos anos vinte que serviron de nexo entre os poetas anteriores e os novos. Antonio Tovar conxugou a intención social xunto cos poemas de corte intimista (Arredores,Non). Manuel Cuña Novás supuxo a aparición dunha nova poesía que adoptou a nosa poesía á corrente filosófica de existencialismo (Fabulario novo). Luz Pozo Garza escribe unha poesía que dialoga co pensamento clásico e mais coa tradición poética galega previa, con altas doses de intimismo, existencialismo e culturalismo (Concerto de outono, Códice calixtino).

Xeración dos 50. Comparten unhas características xeracionais comúns: non viviron directamente a Guerra Civil, realizaron estudos universitarios e comprometéronse coas liberdades e coa situación de Galicia, protagonizaron unha fonda renovación temática e formal. Nos primeiros libros destes autores apréciase unha poesía de desarraigamento e angustia, presidida polo conflito da persoa consigo mesma e coa vida. Esta tendencia denominouse “Escola de Tebra”, pola visión atormentada da vida que ofrecía. Na década dos 60 denuncian a falta de liberdades influídos por Longa noite de pedra de Celso Emilio. Uxío Novoneyra escribiu poemas paisaxísticos (Os eidos), amorosos (Muller pra lonxe) e social (Poemas caligráficos) son case sempre composicións breves de grande intensidade; uso de fonosimbolismo e a preocupación pola disposición espacial e a tipográfica dos versos. Antón Avilés de Taramancos, poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, nos que é salientable o alento épico, ás veces con resonancias mitolóxicas, xunto con outros poemas de amor ou de reflexión sobre a vida e o paso do tempo (Cantos caucanos).

Entradas relacionadas: