Psicología: Métodos, Problemas y Niveles de Explicación de la Mente y la Conducta
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,16 KB
Psicología
Problema 1
a) Identifica e explica o problema principal formulado no texto.
O problema principal é como estudar a mente de forma científica e obxectiva. Ao contrario que o corpo ou a conduta, a mente e as emocións non se poden ver a simple vista.
b) Relaciona o fragmento coa diferenza entre conduta e procesos mentais.
A conduta é todo o que podemos ver desde fóra (falar, moverse, xestos). Os procesos mentais (pensamentos, emocións) son cousas internas que ocorren dentro da persoa e que un observador non pode ver directamente.
c) Explica como a introspección intenta responder a este problema e sinala as súas limitacións.
A introspección tenta solucionalo pedindo á persoa que mire dentro de si e explique o que sente. O problema é que é moi subxectiva: o que di a persoa non se pode comprobar con certeza desde fóra.
d) Explica como responderían de maneira diferente ao problema un estruturalista e un conductista.
- Estruturalista (Wundt/Titchener): usaría a introspección para intentar dividir e entender as partes da mente.
- Conductista (Watson/Skinner): pasaría de estudar a mente por non poder vela a simple vista, e centraríase só en estudar a conduta que se ve.
Problema 2
a) Que tipo de investigación se describe? Xustifica a resposta.
É unha investigación correlacional, porque os científicos só observan e miden se hai relación entre o sono e as notas, sen cambiar nada nin facer ningún experimento.
b) Podemos concluír que durmir máis horas causa mellores cualificacións? Explica por que.
Non. Que dúas cousas pasen á vez non significa que unha sexa a causa da outra. Correlación non é o mesmo que causa.
c) Propón unha posible terceira variable que poida influír na relación.
A organización do alumno. Alguén organizado pode organizar o seu tempo para durmir ben e tamén para estudar mellor, sacando boas notas sen que durmir sexa a causa directa.
d) Explica como podería investigarse esta cuestión mediante un deseño diferente.
Faríase un experimento creando dous grupos:
- A un grupo obrígaselle a durmir 8 horas (grupo experimental).
- Ao outro grupo obrígaselle a durmir 5 horas (grupo de control).
Despois fai un exame a ambos para ver se as horas de sono afectan de verdade ao resultado.
Problema 3
a) Identifica a variable independente e a variable dependente.
- Variable independente (VI): o contido violento que ven (é o que cambia o investigador).
- Variable dependente (VD): a conduta agresiva que teñen despois (é o que se mide).
b) Cal é o grupo experimental e cal o grupo de control?
- Grupo experimental: o grupo que ve os contidos violentos.
- Grupo de control: o grupo que non ve contidos violentos (serve para comparar).
c) Que pretende comprobar este deseño?
Pretende saber se ver contidos violentos fai que a xente se volva máis agresiva.
d) Por que un experimento permite establecer relacións causais con máis seguridade ca unha investigación correlacional?
Porque no experimento o investigador controla todo o entorno e cambia a causa de forma directa. Na investigación correlacional só se observa o que pasa na realidade, onde poden influír outras cousas sen que nos decatemos.
Problema 4
a) Identifica os diferentes niveis de explicación presentes no texto.
- Nivel biolóxico: o corpo e o sistema nervioso.
- Nivel persoal / psicolóxico: os pensamentos e emocións da propia persoa.
- Nivel social e cultural: a contorna, a familia e o traballo.
b) Pon un exemplo de información que correspondería a cada nivel.
- Biolóxico: ter un desaxuste nas hormonas ou no cerebro.
- Persoal: ter moita ansiedade ou darlle moitas voltas á cabeza.
- Social: ter moito estrés no traballo ou problemas en familia.
c) Explica por que un único nivel pode resultar insuficiente para comprender completamente o problema.
Porque as persoas somos complexas. Se a un problema como o insomnio se lle dan só pastillas (nivel biolóxico), pero non se soluciona o estrés do traballo (nivel social) nin a ansiedade (nivel psicolóxico), o problema segue aí.
d) Relaciona o texto coa consideración da Psicoloxía como ciencia mixta.
Di que é unha ciencia mixta porque mestura dúas partes: a parte biolóxica e natural (estudar o corpo como organismo) e a parte social e humana (estudar como pensamos, sentimos e vivimos en sociedade).