A prosa do primeiro terzo do século XX

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,79 KB

RESUMO TEMA 3: A PROSA NO 1º TERZO DO S. XX Durante o primeiro terzo do século XX prodúcese un intento importante de consolidación da prosa galega para acadar uns niveis de normalización semellantes aos da poesía no século anterior. Ata agora a calidade dos textos era inferior. A prensa en galego desaparecera case por completo. A narrativa e o teatro seguían sendo xéneros con pouco resultado e cultivo anecdótico. Esta etapa (1916 - 1936) é a Época Nós, comeza coas Irmandades da Fala e remata coa Guerra Civil.//Os membros máis destacados desta época naceran na década do 1880-1890. Entre eles hai que distinguir os pertencentes ó denominado Cenáculo Ourensán e os ligados á vila de Rianxo. Os primeiros, Vicente Risco e Otero Pedrayo,formados nas correntes literarias e filosóficas europeas de fins do século XIX e preocupados por temas esotéricos, mudaron o seu individualismo e a ansia de mundos exóticos por un traballo colectivo en prol da cultura galega.
Castelao e Rafael Dieste, rianxeiros de orixe, afastados do intelectualismo dos ourensáns,crean unhas obras estilisticamente máis sinxelas e contidas na forma, pero nas que os personaxes de ficción, tirados do natural galego, posúen unha dimensión máis auténtica e universal. /Todos eles son políglotas, cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.//A contribución de Ramón Otero Pedrayo foi fundamental no cultivo e modernización da narrativa e xira ao redor da Galiza contemporánea. Podemos clasificala en: a) Novelas realistas: Os camiños da vida. Ambientadas na Galiza rural do S. XIX, narran o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que experimenta a sociedade rural.//b) Novelas culturalistas: Arredor de si. Narran a evolución da conciencia galeguista na súa época. Son novelas sen acción, ideolóxicas, case máis próximas ao ensaio que á narrativa. Os trazos fundamentais da prosa de Otero son:  Estilo máis oral que literario, é dicir, o ritmo expresivo e a sintaxeresponden ás peculiaridades da expresión oral, o que lle aporta unha grande espontaneidade. /Protagonismo da paisaxe que comparte co home./Grande capacidade evocadora, o que lle permite infundir vida ó pasado. //Castelao cultivou múltiples campos sempre defendendo Galiza e os que sofren. En tanto que artista integral, Castelao mesturou texto e plástica. Moitas das súas obras narrativas ían acompañadas de debuxos ilustrativos e inventou un xénero literario: as cousas.
O seu estilo baseado na claridade eliminaba os adornos innecesarios e avanzaba con fluidez. Para lograr a claridade botou man dunha sintaxe simple e dun léxico preciso. O humor, a ironía, a tenrura e a crítica social que aparecen en case todas as súas narracións fan que a súa literatura resulte amena, profunda e denunciadora da inxustiza. A súa 1ª obra narrativa foi Un ollo de vidro.
Memorias dun esquelete
, visión sintética da realidade social, narrativa de ultratumba. A achega máis orixinal é Cousas, son 45 relatos moi curtos que combinan o texto coas ilustracións: humor, denuncia dunha realidade inxusta.Retrincos, que soncinco relatos con aparencia de autobiográficos, para enganchar ao lector na intriga (O segredo, O inglés, O retrato, Peito de Lobo e Sabela). Finalmente, escribiu unha única novela longa, Os dous de sempre, dous tipos humanos fundamentais: o emprendedor e o conformista, Pedro e Rañolas, contrapostos desde a súa infancia á madurez. //Vicente Risco cultivou tamén a narrativa. A súa obra é unha sátira da sociedade, convertida en masa e totalmente desarticulada, ou ben nela faise unha loanza da cultura popular en xeral ou de calquera forma desta en particular. //As notas que caracterizan a obra de Risco son: a precisión e a xusteza na expresión, a claridade, a síntese, o humorismo e a ironía. A súa obra principal é O porco de pé: feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística. É fundamentalmente ensaísta.//Rafael Dieste (Xeración do 25). Dos arquivos do trasno: son contos de temática variada, cheos de lirismo e humorismo, que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.//Estes autores foron tamén os impulsores do ensaio e a investigación en galego, en torno ao Seminario de Estudos Galegos. -Vicente Risco coa Teoría do Nacionalismo Galego, que servirá de guía dos nacionalistas antes da II República.  -Castelao publica en Buenos Aires Sempre en Galiza onde elabora unha nova teoría do nacionalismo. Converteuse na biblia do galeguismo despois da Guerra Civil.  -Otero Pedrayo dedicouse fundamentalmente aos estudos xeográficos e históricos, entre os que podemos destacar Ensaio histórico sobre a cultura galega. Nesta fecunda etapa da nosa cultura hai que facer mención tamén ao labor desenvolvido no xornalismo, no que todos colaboraron desdeA Nosa Terra ata a Revista Nós, pasando por El Pueblo Gallego.

Entradas relacionadas: