A prosa: as irmandades e o grupo nós: narrativa, ensaio e xornalismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,64 KB

PROSA

As Irmandades da Fala buscaran desenvolver os xéneros literarios que no Rexurdimento non alcanzaran o nivel da lírica, para o que realizaran diversos concursos (de novela curta) e crearan editoriais que eran financiadas mediante subscripcións. Grazas ás Irmandades, usouse o ensaio para difundir o nacionalismo e promovéronse diferentes coleccións narrativas, coma Lar e Céltiga. Estas buscaron a modernización, estandarización e uniformización do galego, separándoo do castelán; ademais de desenvolver varias liñas temáticas: humorismo e macabrismo (propios do atlantismo), neoceltismo, simbolismo, narrativa etnográfica e narrativa naturalista.

Porén, o paso da novela curta á novela moderna aparece da man da Xeración Nós, con núcleos en Coruña e Ourense, un grupo de autores procedentes dunha clase acomodada, que nun comezo estaban desvinculados do galeguismo e defendían o individualismo e o exótico; mais que ao relacionarse coas Irmandades da Fala pasaron desa etapa pregaleguista ou de inadaptación ao galeguismo. Esta evolución esta recollida nos ensaios Nós, os inadaptados (Risco), Dos nosos tempos (Cuevillas) e na novela de Otero Pedrayo Arredor de si. O principal medio de difusión deste grupo foi a revista NÓS, sucesora da revista La Centuria de Vicente Risco, en cuxas páxinas se publicaron textos de autores coma Castelao, Cuevillas, Otero Pedrayo e o mesmo Risco.

-Vicente Risco foi o ideólogo e impulsor da Xeración Nós. A súa obra ten un carácter didáctico, sendo bastante directa e carecendo case totalmente de elementos retóricos. Destacan as súas obras O lobo da xente, O porco de pé e o ensaio
Teoría do nacionalismo galego.

-Ramón Otero Pedrayo foi de gran importancia no galeguismo ao instruír dende a súa cátedra ás novas xeracións durante o franquismo, en dentro da súa obra obsérvanse dúas liñas: a liña realista (coma Os camiños da vida) e a liña cultural (coma A romeiría de Xelmírez).

-Florentino López Cuevillas destacou polo seu labor investigador, en contraste co labor creador de Rico e Otero.

-Castelao presentaba características que o afastaban dos seus compañeiros, coma unha orixe máis popular, e a súa obra é tamén máis cercana ao pobo galego, caracterizándose polo humor e a sinteticidade. Dentro dela destacan as obras Un ollo de vidro.
Memorias dun esquelete
Cousas, Retrincos, Os dous de sempre e o ensaio Sempre en Galiza.

Tamén desenvolveuse unha narrativa vangardista, na que destacou Rafael Dieste, antecesor do Realismo máxico, coa súa obra Dos arquivos do trasno.

En definitiva, esta etapa foi un segundo Renacemento, no que se sentaron as bases da narrativa moderna e se iniciou o ensaio en galego.

Entradas relacionadas: