A Prosa Galega do Primeiro Terzo do Século XX e a Revista Nós

Enviado por alex y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en con un tamaño de 2,67 KB

A prosa no primeiro terzo do século XX

A revista Nós (1920-1936), supervisada por Risco, levaba o subtítulo de "revista mensual da cultura galega" co obxectivo de expandir a ideoloxía nacionalista.

Colaboradores destacados

Dentro dos colaboradores cómpre salientar a Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas, cuxas características principais son:

  • Rigorosa formación universitaria.
  • Ideoloxía conservadora: mantiñan unha relación estreita que os levou a participar na política, rexeitando a sociedade industrial e idealizando a sociedade tradicional.
  • Compromiso cultural: participaron na revista para incidir no pobo galego e devolverlle a súa personalidade propia.

Castelao, quen lle deu o título e a dirección artística á revista, posúe características que o distinguen do grupo de Ourense. O resultado do labor deste grupo foi un grande pulo para a prosa galega, tanto na novela de ficción como na prosa científica e ensaística.

Vicente Risco (1884-1963)

Fundou a revista Nós e o Partido Nacionalista Republicano, que máis tarde se integrou no Partido Galeguista. Posteriormente, distanciouse do galeguismo e chegou a xustificar a sublevación franquista.

Na súa evolución cómpre marcar unha etapa galeguista (1920-1930), precedida e seguida de etapas non galeguistas.

Obras narrativas salientables

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919): relato de ultratumba con humor.
  • O lobo da xente (1925): transcrición dunha lenda de lobishome.
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925): recrea lendas de mouros e celtas.
  • A coutada (1926): diálogo filosófico onde defende que os fidalgos volvan aos seus pazos.
  • Os europeos en Abrentes (1927): varios capítulos dunha novela inacabada publicada na revista Nós (sátira contra os homes de talento).
  • O porco de pé (1928): novela satírica e didáctica baseada no seu pensamento aristocratizante.

Risco incorporou temas urbanos e exóticos, sinalando valores como o humor, a claridade, a ironía e a agudeza. Podemos distinguir tres etapas na súa traxectoria:

  • Etapa pregaleguista (antes de 1920): explicada en Nós, os inadaptados.
  • Etapa nacionalista (1920-1930): explicada en Teoría do nacionalismo galego.
  • Etapa posnacionalista (1934-1963): explicada en Mitteleuropa.

Entradas relacionadas: