A Prosa Galega de Posguerra: Autores e Obras Clave

Enviado por Mathy y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,54 KB

A Prosa Galega de Posguerra

Prosa: Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural só é posible no exilio, facendo poesía crítica e de compromiso. En Galicia comeza a recuperarse en 1947, coa saída de Comaros Verdes (Álvaro Cunqueiro). En 1949 sae a colección Benito Soto (Ferreiro) e no ano seguinte nace a Editorial Galaxia. Logo virá a prosa.

Clasificarase nestes 6 sucesos:

  1. Continuación da prosa da Xeración Nós

    Risco, Pedrayo ou Carballo Calero (autor da 1ª novela de posguerra, no 1951, A xente da Barreira, que narra a vida de xeracións dunha familia fidalga).

  2. O realismo fantástico

    Por Álvaro Cunqueiro. Mestura elementos árabes, greco-latinos e nórdicos con elementos do mundo popular.

  3. O realismo popular

    Por Ánxel Fole. O popular ascende á categoría de culto por un texto que non se afasta do relato oral.

  4. O realismo social

    Por Blanco Amor. No Ourense, a vida das clases obreiras ou marxinais.

  5. O realismo rural

    Por Neira Vilas. Penurias da vida labrega.

  6. Nacerá a Nova Narrativa Galega (NNG)

    Da man dos autores máis novos, como Ferrín, Mourullo ou Casares.

Principais autores e obras:

  • Álvaro Cunqueiro

    Éxito en prosa. Características:

    • Mestura de realismo e fantasía: Personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad...) comparten a vida con xentes do pobo galego.
    • Estilo oral: De neno escoitou contos, o que influíu no gusto pola forma oral.
    • Disgregación da novela: Relatos dentro de relatos.

    Merlín e familia: é a súa 1ª obra en galego. Recreación da materia de Bretaña desde unha perspectiva galega. Escribiu tamén libros de semblanzas.

  • Ánxel Fole

    Despois da guerra viviu nas montañas de Lugo. A súa obra Á lus do candil está formada por libros de contos ambientados nas montañas de Lugo e escritos coa lingua do lugar. Os temas seguen a tradición oral: contos (lobos, persoas desaparecidas, premonicións...) combinados cun agudo sentido do humor.

  • Blanco Amor

    A súa narrativa desenvólvese en Auria (Ourense), no ambiente que el vivira de neno. Destacamos as dúas prestixiosas obras:

    • A esmorga: Renovación da narrativa na temática como na forma. É a declaración dun acusado diante do xuíz que conta a historia tráxica del e dous compañeiros (homes marxinais).
    • Xente ao lonxe: Traballadores que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que quere unha escola relixiosa. Antítese de A esmorga, xa que son descritos desde a perspectiva da colectividade. Técnica e tematicamente é a máis complexa, xa que mestura diferentes narradores. Suso, neno de 12 anos, vai madurando ao longo da obra.
  • Neira Vilas

    Afastado dos autores da NNG. A súa obra ten dous focos:

    • Galicia interior: Sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. Os personaxes son incapaces de escapar dese mundo. A máis sobresaliente é Memorias dun neno labrego.
    • Galicia emigrante: Problemas xerados a causa da emigración forzosa: a morriña da terra, loita por saír da pobreza…

Entradas relacionadas: