A prosa galega entre 1936 e 1976: principais correntes

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,24 KB

A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores

Existen catro liñas narrativas que se desenvolveron neste período:

1. Realismo social

Recrea a vida das clases populares nun ambiente urbano e introduce novos recursos narrativos. Nesta liña destaca Blanco Amor coa súa obra máis importante: A Esmorga. Coa publicación desta novela iníciase a renovación da narrativa galega e convértese nun dos máximos representantes do realismo social. Outras obras destacadas deste autor son Os biosbardos e Xente ao lonxe.

2. Relato fantástico

Mestura o mundo real e o fantástico, así como o mundo tradicional galego cos mundos míticos doutras literaturas. O máximo representante é Cunqueiro, autor dunha triloxía de relatos composta por:

  • Escola de menciñeiros
  • Xente de aquí e acolá
  • Os outros feirantes

Mestura con gran mestría o realismo, a fantasía e o humor. Tamén gustaba de combinar temas e personaxes doutras literaturas coa nosa tradición, como sucede en Merlín e familia ou Se o vello Sinbad volvese ás illas.

3. O conto

Reelabóranse de forma culta contos de ambientación popular. O máximo representante é Ánxel Fole. Na súa obra pódense describir dous trazos básicos: o seu apoio na tradición da narrativa popular oral e a constante mestura de elementos realistas con outros fantásticos, de misterio e humor. Entre toda a súa produción destaca Á lus do candil.

4. Social-realismo ou épica rural

Aborda temas do mundo rural e da emigración desde unha perspectiva social e realista, cun estilo formal entre o tradicional e o propio da Nova Narrativa. O máximo expoñente é Neira Vilas. A súa primeira obra, Memorias dun neno labrego, e outras como Cartas a Lelo, teñen un protagonista infantil e desenvolven o tema da formación do neno labrego na Galicia de posguerra, rodeado por un medio hostil e de miseria económica e cultural. Noutras, como Xente no rodicio, hai xa un protagonista adulto e nelas retrátase o mundo rural ou da emigración nun ton triste e pesimista.

Entradas relacionadas: