A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,16 KB

TEMA 6: A PROSA ENTRE 1936 E 1976

En Galicia a partir  dos anos 50, coa creación da editorial Galaxia, comezou unha lenta recuperación do xénero, que se inicia con  Xente Da Barreira (1951) de Carballo Calero. Coetáneos de Cunqueiro, Fole, Blanco Amor e Neira Vilas son escritores procedentes da etapa anterior, como Otero Pedrayo e Carballo Calero, que continúan a liña da Xeración Nós e os escritores Da NNG, movemento que incorpora novas técnicas e temas 

A NARRATIVA FANTÁSTICA. ÁLVARO CUNQUEIRO

O autor que Representa  este tipo de prosa é Álvaro Cunqueiro, un dos escritores máis  Polifacéticos da nosa  literatura E creador  dun universo literario Singular.

 A súa literatura Caracterízase pola mestura, Realismo con fantasía, elementos máxicos e Lendarios con outros pertencentes ao mundo cotián, personaxes da literatura Universal (Merlín, Simbad…) comparten con xentes do pobo galego vivencias e Preocupacións, de xeito que consegue ligar a esencia do mundo popular galego Con  mitos doutras Tradicións.Emprega  narradores Omniscientes e unha sintaxe complexa e elaborada, que nos fai lembrar a Narración oral.  As narracións son Lineais e directas e predomina o sentido do humor.

Obras:


Novelas: As súas principais novelas son:

Merlín e familia,

 

As crónicas do sochantre, Si o vello Sinbad Volvese ás illas


:

 Aínda que estas Novelas non son tal en sentido estrito, senón unha sucesión de breves historias Unidas por un narrador común.

 Narrativa breve: as semblanzas:


- Escola de menciñeiros , Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes:
Están Integradas por relatos moi breves, centrados nun personaxe peculiar ou Insólito.

NARRATIVA REALISTA OU Realismo SOCIAL.BLANCO AMOR

Trátase dunha narrativa centrada nas clases  populares  E no espazo urbano, empregando novos recursos narrativos Renovadores  que despois serán Desenvolvidos polos autores da Nova Narrativa Galega: personaxes marxinais, Temática realista, expresión coloquial, interrogatorio, multiperspectivismo,... 

Blanco Amor é o autor que mellor representa esta liña Temática.  Foi autor de poesía e teatro, Pero o seu labor máis destacable é no ámbito da narrativa. As súas obras están Ambientadas en Auria (Ourense) e nelas predomina o narrador en 1ª persoa.  Céntrase na problemática das clases máis Desfavorecidas: probreza, a fame, a marxinación e mesmo a delincuencia e a Violencia.

Obras:


A esmorga,(1959)  Os biosbardos,(1962)

Xente ao lonxe

(1972).  A esmorga, que apareceu en Buenos Aires Porque a censura prohibiu publicala en España ata 1970, É unha novela de vocación Sociolóxica que presenta importantes innovacións técnicas, temáticas e Expresivas.

Realismo POPULAR. ÁNXEL FOLE.

Ánxel Fole é O representante desta líña temática. Son reproduccións literarias e cultas do Conto popular, empregando técnicas narrativas propias destes contos (narración En espiral, fórmulas de introdución e remate, chamadas de atención ao Auditorio, recreación  da fala popular…). As súas obras mesturan una realidade material (O Courel, o Incio, ..  e as Súas xentes) e unha realidade inmaterial que recrea as crenzas sobrenaturais e Supersticións da tradición rural galega (aparecidos, lobos, Supersticións, lendas populares... ). Aínda que os Elementos fantásticos teñen case sempre una explicación realista.  As súas obras mási destacebles son Á lus do candil. Contos a carón do Lume(1953) e Terra brava . Contos da Solaina(1955)

O MUNDO RURAL E A EMIGRACIÓN. NEIRA VILAS

Sobresae no campo da narrativa. Recolle nas súas obras Unha crónica da sociedade galega rural de posguerra e da emigración a América, Experiencias que el coñeceu de preto, a través  Dunha narración simple  e sen grandes Artificios léxicos. De carácter máis tradicional que os Seus coetáneos, mostra cun tratamento cruamente realista a vida da Galiza rural E da emigración. Os conflitos dos personaxes xorden do enfrontamento co medio, Da loita cotiá pola supervivencia. En cambio na NNG o medio físico é urbano, e O personaxe sofre conflitos psicolóxicos internos.

Tendo en conta as características temáticas  acostúmase a clasificar a súa narrativa en Catro núcleos:

- Vivencia infantil no mundo da aldea:
Memorias Dun neno labrego, Cartas a Lelo....

- Mundo rural observado desde un punto de vista do Adulto:

Xente no rodicio, Querido Tomás..

-Narracións centradas no mundo da emigración:

Camiño Bretemoso, Remuíño de sombras

.. -Estampas líricas e semblanzas. Son Evocacións subxectivas e emocionadas Lar, Nai...

Entradas relacionadas: