¿Cuál es el propósito del protocolo de enlace de tres vías de TCP?
Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en
español con un tamaño de 2,75 KB
Protocolo máis utilizado é o: TCP/IP que combina dous protocolos independentes: o TCP(Transmisión Control Protocol). A información é fragmentada en paquetes. Os paquetes, debidamente etiquetados, son enviados por diferentes camiños cara ao ordenador de destino o chegar alí reorganízanse os paquetes (aprovéitanse mellor as redes). Engádese información que permita determinar se a recepción de datos é correcta. O IP (Internet Protocol). Transporta os paquetes de información o ordenador( Host) de destino.Os ordenadores ou Host identifícanse mediante o seu nome e o seu enderezo IP.
As dirección IP poden ser: a) IP estáticas: Corresponden a ordenadores que se conectan a Internet usando sempre a mesma IP. Os servidores de Internet usan estas direccións b) IP dinámicas: Equipos que utilizan unha
IP diferente cada vez que se conectan a Internet. Os provedores de Internet usan IP dinámicas porque teñen máis clientes que direccións IP. C) IP públicas: Visibles en todo Internet. Un equipo con IP pública é accesible dende calquera ordenador conectado a Internet. D) IP privadas: Visibles soamente dende outros equipos da propia rede
LAN. Os equipos poden saír a Internet a través dun router que teña IP pública.
-O enderezo IP son catro números de tres cifras, cada un entre 000 e 225,
-Unha parte da dirección IP identifica á rede á que pertence o ordenador e outra parte ao equipo dentro da rede.
-Máscara de Subred: Indica que parte da IP do equipo identifica a rede, e que parte representa o equipo dentro da rede. Ex: Ip: 192.168.10.21 Máscara de Subred: 255.255.255.0 A rede é 192.168.10 e o equipo 21 de esa rede.
-Porta de enlace: É a IP do equipo(router) a través do cal unha rede local se conecta o exterior (Internet). Para relacionar o nome ca dirección IP, desenvolveuse un sistema de dominios para identificar os ordenadores, o DNS (Domain Name System).
Podemos navegar con direccións IP ou DNS
Como coñecer a dirección IP dun equipo durante unha conexión: comando ipconfig
Como coñecer que servidor DNS está utilizando o noso equipo:comando ipconfig/all
Como coñecer a IP asociada a unha DNS: nslookup dirección DNS
-Control do funcionamento dunha rede: a)
ping
127.0.01 :
comprobá que a tarxeta está ben enlazada ao protocolo TCP/IP b) ping IP do noso equipo : comprobá a configuración c) ping IP da porta de enlace: comprobá a conectividade con Internet d) ping dirección web: comprobá que os DNS funcionan correctamente