Propiedades Físico-Químicas do Solo e Absorción de Nutrientes

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,73 KB

Propiedades Físico-Químicas do Solo

A maior parte das necesidades dos cultivos son satisfeitas pola absorción de elementos nutritivos por vía radicular. Algúns elementos poden ser absorbidos directamente en cantidades importantes a través das follas.

Non resulta moi conveniente localizar os nutrientes minerais moi próximos ás raíces, xa que iso non favorece o adecuado desenvolvemento radicular por todo o volume do solo, dende o momento en que estas teñen á súa disposición todo canto necesitan.

Por outra parte, as raíces non poden explorar todo o volume do perfil cultural cultivable se nel existen horizontes ou capas demasiado compactas.

Dicimos que unha sal mineral disolta na solución do solo encóntrase en parte disociada, isto é, escindida (rota) en dúas partes ou ións.

O complexo arxilo-húmico do solo ten a propiedade de reter sobre a súa superficie algúns ións da solución circundante e, ao estar cargado polo xeral negativamente, atraerá sobre si os catións (Poder Absorbente do Solo).

LEWIS: Substancia ácida - en solución desprende hidroxinións (carga + queda -)

IONIZACIÓN: (Transformación de substancias en ións), que son electricamente neutras.

A maior parte dos elementos minerais son absorbidos polo sistema radicular en forma de ións.

Os elementos fertilizantes deben estar ionizados, en tres partes:

  • Necesario que exista no solo unha cantidade suficiente de auga.
  • Que exista unha certa acidez na solución circundante de auga.
  • Que exista unha certa actividade microbiana.



Absorción dos Elementos Fertilizantes: Dúas Fases

A absorción dos elementos fertilizantes comprende dúas fases diferentes:

  1. PASIVA: Corresponde coa chegada dos ións directamente ao contacto coas raíces. Interveñen dous procesos diferentes:
  • DIFUSIÓN: Cando dúas solucións de concentracións diferentes se poñen en contacto a través dunha membrana, prodúcese un fluxo de ións da solución máis concentrada á solución máis diluída, ata que se chegue a un equilibrio (iguais).
  • TRANSPORTE: A través da fase líquida, que non afecta máis que o potasio (K), e tradúcese a través dunha chegada a nivel radical dunha cantidade de ións moi superior ao que a concentración do solo podería facer pensar.

Os dous procesos están intimamente relacionados coa presenza de auga no solo. A rega xoga un papel determinante; sen rega e sen unha adecuada presenza de auga, o movemento dos ións vese moi limitado.

  1. ACTIVA: Os ións, unha vez que están en contacto coas raíces das plantas, son atrapados por algún transportador químico que lles permite superar algúns obstáculos da epiderme externa radicular. Os ións, unha vez que transportan a epiderme radicular e se encontran no interior das células vexetais, poden emigrar libremente ata os órganos superiores das plantas. O paso da solución do solo (EXTERNA) ao interior da planta conleva un consumo enerxético e necesita osíxeno, polo que nun solo encharcado ou moi compacto, a alimentación mineral das plantas vese dificultada, polo que é necesario que o aire e a auga estean simultaneamente presentes no espazo poroso do solo.

Outros factores que afectan á velocidade de absorción dos elementos nutritivos son:

  • Temperatura: Menor de 4º difícil de absorber, ideal 15º - 20º.
  • Acidez: Valores de pH menores a 5.5 limitan a absorción de K e Mg.

Entradas relacionadas: