Vogais medias en galego: timbre aberto e pechado

Lengua y literaturaActualizado el 3,64 KB

Resumen

O documento explica a distinción entre as vogais medias abertas (/ɛ/ e /ɔ/) e pechadas (/e/ e /o/) en galego, con regras de uso segundo a posición, o til diacrítico e a terminación das palabras. Tamén recolle como cambia o timbre da vogal radical nos verbos en -AR, -ER e -IR no presente de indicativo, subxuntivo e imperativo.

Puntos clave

  • As vogais abertas /ɛ/ e /ɔ/ aparecen, entre outros casos, en nomes rematados en -el, -ol e -oz, e en nomes rematados en -ela, -enza, -encia, -estre, -oco, -oide, -ote e -olo.
  • As vogais pechadas /e/ e /o/ aparecen nas palabras rematadas en -és (con excepcións), nos nomes en -eo, -edo, -eza, -oso, -or e -ón e en todos os infinitivos.
  • O nome das letras do abecedario (be, ce, de…) leva vogal pechada.
  • Nos verbos en -AR, a vogal radical é aberta en sílaba tónica e pechada en sílaba átona, con excepcións como cebar e botar (sempre aberta).
  • Nos verbos en -ER, querer, quecer, esquecer e poder son sempre de timbre aberto.
  • Nos verbos en -IR, no presente de indicativo (2ª e 3ª persoa do singular e 3ª do plural) a vogal radical é aberta, como en mentir (minto, mente, menten) e subir (subo, sobe, soben).

Ponte a prueba

O Timbre Vocálico en Galego

Vogais Abertas: /ɛ/ e /ɔ/

  • No caso do til diacrítico, a palabra acentuada (agás pór). Ex.: óso, vén…
  • Substantivos rematados en -el, -ol e -oz. Ex.: noz.
  • O 'e' trabado por -l ou consoante oclusiva. Ex.: melro.
  • Todo 'e'/'o' tónico de palabra esdrúxula ou grave rematada en ditongo crecente.
  • Nomes rematados en: -ela, -enza, -encia, -estre, -oco, -oide, -ote, -olo.
  • A vogal temática dos perfectos irregulares (agás SER e IR). Ex.: coubera.
  • En xeral, todo 'e' (ie) e 'o' (ue) que ditongan en castelán. Ex.: ben.

Vogais Pechadas: /e/ e /o/

  • No caso do til diacrítico, a palabra non acentuada (agás a conxunción 'e'). Ex.: oso.
  • Palabras rematadas en -és (agás: es, tes, vés, mes, través e revés). Ex.: vigués.
  • O 'o' seguido de consoante palatal. Ex.: solla.
  • Todo 'e' e 'o' que forme parte dun ditongo decrecente. Ex.: ouro.
  • O nome das letras do abecedario: be, ce, de…
  • Nomes rematados en: -eo, -edo, -eza, -oso, -or, -ón.
  • A vogal temática dos perfectos regulares (ademais de SER e IR). Ex.: fose.
  • Todos os infinitivos, incluíndo os infinitivos conxugados. Ex.: comer, sabermos… Tamén o 'e'/'o' dos verbos rematados en -ear e -oar.
  • En xeral, todo 'e' e 'o' que non ditonga en castelán. Ex.: mes.

O Timbre Vocálico nos Verbos

Distínguense tres grupos que se corresponden con cada unha das tres conxugacións:

a) Verbos en -AR (tipo levar / acordar)

Estes verbos realizan, no presente de indicativo, presente de subxuntivo e imperativo, a vogal radical como /ɛ/ e /ɔ/ cando coincide en sílaba tónica, e /e/ e /o/ cando coincide en sílaba átona.

Pres. Ind.: levo, levas, leva, levamos, levades, levan.
Pres. Sub.: leve, leves, leve, levemos, levedes, leven.
Imperativo: leva, levade.

Son excepcións: cebar e botar, sempre con timbre aberto. Tamén debemos ter coidado con verbos como mollar, pechar... nos que segue unha consoante palatal, polo que o seu timbre será pechado.

b) Verbos en -ER (tipo meter / coller)

Exceptúanse querer, quecer, esquecer e poder, sempre con timbre aberto. No presente de indicativo, na 2ª e 3ª persoa do singular e na 3ª do plural, realizan a vogal radical aberta (/ɛ/ e /ɔ/). No presente de subxuntivo e mais no imperativo, sempre pechada (/e/ e /o/).

Pres. Ind.: meto, metes, mete, metemos, metedes, meten.

c) Verbos en -IR (tipo mentir / subir)

No presente de indicativo, na 2ª e 3ª persoa do singular e na 3ª do plural, realizan a vogal radical aberta (/ɛ/ e /ɔ/).

Pres. Ind. (mentir): minto, mentes, mente, mentimos, mentides, menten.
Pres. Ind. (subir): subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cando leva a vogal /e/ timbre pechado en galego?

Leva timbre pechado nos infinitivos, nos nomes rematados en -eo, -edo, -eza, -oso, -or e -ón, e no nome das letras do abecedario. Tamén é pechada nas palabras non acentuadas con til diacrítico, agás a conxunción 'e'.

Que vogal radical levan os verbos en -AR no presente de indicativo?

Levan vogal aberta cando a radical cae en sílaba tónica, como en levo ou leva, e pechada cando cae en sílaba átona, como en levamos ou levades. Son excepcións cebar e botar, sempre con timbre aberto.

Que verbos en -ER son sempre de timbre aberto?

Os verbos querer, quecer, esquecer e poder son sempre de timbre aberto, segundo o documento.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que vogal leva o nome da letra 'be' en galego?
2. Que tipo de timbre teñen as vogais radicais dos verbos en -AR en sílaba tónica?
3. Que verbo é unha excepción dentro dos verbos en -AR, por ter sempre timbre aberto?
4. Que vogal leva a palabra 'mes' segundo o texto?
5. Como é a vogal radical de 'minto' (verbo mentir) no presente de indicativo?
6. Que terminación en nomes leva vogal aberta segundo o texto?
7. Nos verbos en -ER, como se realiza a vogal radical no presente de subxuntivo?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.