Pronunciación das Vogais Medias en Galego: Timbre Aberto e Pechado

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 3,64 KB

O Timbre Vocálico en Galego

Vogais Abertas: /ɛ/ e /ɔ/

  • No caso do til diacrítico, a palabra acentuada (agás pór). Ex.: óso, vén…
  • Substantivos rematados en -el, -ol e -oz. Ex.: noz.
  • O 'e' trabado por -l ou consoante oclusiva. Ex.: melro.
  • Todo 'e'/'o' tónico de palabra esdrúxula ou grave rematada en ditongo crecente.
  • Nomes rematados en: -ela, -enza, -encia, -estre, -oco, -oide, -ote, -olo.
  • A vogal temática dos perfectos irregulares (agás SER e IR). Ex.: coubera.
  • En xeral, todo 'e' (ie) e 'o' (ue) que ditongan en castelán. Ex.: ben.

Vogais Pechadas: /e/ e /o/

  • No caso do til diacrítico, a palabra non acentuada (agás a conxunción 'e'). Ex.: oso.
  • Palabras rematadas en -és (agás: es, tes, vés, mes, través e revés). Ex.: vigués.
  • O 'o' seguido de consoante palatal. Ex.: solla.
  • Todo 'e' e 'o' que forme parte dun ditongo decrecente. Ex.: ouro.
  • O nome das letras do abecedario: be, ce, de…
  • Nomes rematados en: -eo, -edo, -eza, -oso, -or, -ón.
  • A vogal temática dos perfectos regulares (ademais de SER e IR). Ex.: fose.
  • Todos os infinitivos, incluíndo os infinitivos conxugados. Ex.: comer, sabermos… Tamén o 'e'/'o' dos verbos rematados en -ear e -oar.
  • En xeral, todo 'e' e 'o' que non ditonga en castelán. Ex.: mes.

O Timbre Vocálico nos Verbos

Distínguense tres grupos que se corresponden con cada unha das tres conxugacións:

a) Verbos en -AR (tipo levar / acordar)

Estes verbos realizan, no presente de indicativo, presente de subxuntivo e imperativo, a vogal radical como /ɛ/ e /ɔ/ cando coincide en sílaba tónica, e /e/ e /o/ cando coincide en sílaba átona.

Pres. Ind.: levo, levas, leva, levamos, levades, levan.
Pres. Sub.: leve, leves, leve, levemos, levedes, leven.
Imperativo: leva, levade.

Son excepcións: cebar e botar, sempre con timbre aberto. Tamén debemos ter coidado con verbos como mollar, pechar... nos que segue unha consoante palatal, polo que o seu timbre será pechado.

b) Verbos en -ER (tipo meter / coller)

Exceptúanse querer, quecer, esquecer e poder, sempre con timbre aberto. No presente de indicativo, na 2ª e 3ª persoa do singular e na 3ª do plural, realizan a vogal radical aberta (/ɛ/ e /ɔ/). No presente de subxuntivo e mais no imperativo, sempre pechada (/e/ e /o/).

Pres. Ind.: meto, metes, mete, metemos, metedes, meten.

c) Verbos en -IR (tipo mentir / subir)

No presente de indicativo, na 2ª e 3ª persoa do singular e na 3ª do plural, realizan a vogal radical aberta (/ɛ/ e /ɔ/).

Pres. Ind. (mentir): minto, mentes, mente, mentimos, mentides, menten.
Pres. Ind. (subir): subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben.

Entradas relacionadas: