Procesos Xeolóxicos Internos e Externos da Terra: Dinamismo Terrestre

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología

Escrito el en español con un tamaño de 3,86 KB

A Dinámica Terrestre: Isostase e Procesos Internos

Isostase: proceso de ascenso e descensos dos materiais de diferentes densidades para conseguir o equilibrio. A astenosfera deixaba que as concas se afundisen debido ao peso que se acumulaba e, a medida que se retiraba este peso, o relevo levántase.

No interior da coda hai tres factores que modifican os materiais:

  • A presión: a temperatura e os esforzos de compresión que producen diaxénese, que é a transformación dos sedimentos en rochas sedimentarias.
  • O metamorfismo: que son cambios das rochas ao ser sometidas a altas presións e temperaturas.
  • O magmatismo: que é a fusión das rochas que forman magma.

Movementos das Placas Litosféricas

  • Diverxente: o seu bordo é construtivo; nel créase nova litosfera oceánica e prodúcese dorsais oceánicas.
  • Converxente: con dous tipos:
    • Destrutivo: destrúe a litosfera oceánica e produce zona de subducción.
    • De colisión: prodúcense colisións entre continentes e zonas de obducción.
  • Cinzalla: con bordo pasivo que produce falla transformante.

A convección do manto é a causante do movemento das placas litosféricas.

O núcleo ten altas temperaturas polo impacto de asteroides, a desintegración de elementos radiactivos e a decantación de materiais máis densos.

O Modelado do Relevo: Axentes Externos

Texto descritivo polo seu aspecto e interpretativo pola súa formación.

Meteorización

  • Meteorización mecánica: xelifracción, termoplastia e descompresión.
  • Meteorización química: oxidación, disolución, carbonatación e hidrólise.
  • Meteorización biolóxica.

Erosión e Acumulación

Erosión: evacuación de detritos, modelaxe característica na superficie, formación de penechairas e redistribución da masa.

Acumulación de sedimentos: por decantación, que é o paro de fluxo ou acreción cinética.

Acción dos Axentes Xeolóxicos Externos

Procesos Fluviais e Torrenciais

Fluvial: o río encáixase nun val ao perder velocidade, traza meandros e, cando o relevo ascende, o río encáixase formando socalcos (que son relevos graduados que representan antigos meandros) e outeiros testemuña (que son relevos residuais illados con cima plana).

Torrencial: cárcavas, regos, barrancos profundos, vales en V e corgos. Os leitos son amplos e os materiais deposítanse en conos de dexección (acumulacións pequenas con forte pendente), abanos fluviais (acumulacións extensas) e pedimentos (conxunto de abanos).

Vento, Augas Mariñas e Glaciares

Vento: deflación e abrasión eólica.

Augas mariñas: retroceso de acantilados e trituración dos materiais.

Glaciar: vales en U e zonas de sobreexcavación.

Dinámica Kárstica

Formas Erosivas Superficiais

Disolución: formando lapias (que son regos producidos nas rochas solubles) e colapso (cando se derrumba o teito e aparecen depresións chamadas dolinas).

Formas Subterráneas

Galerías: túneles horizontais, simas (conductos verticais que poden chegar á superficie) e salas (grandes cavidades irregulares).

Sedimentación Kárstica

Acumulación de arxila de descalcificación: ao disolverse o carbonato de calcio quedan residuos de arxilas acumulados.

Precipitación de sales solubles: cando o carbonato de calcio se precipita formando travertinos.

Entradas relacionadas: