Primeiros Auxilios en Accidentes Químicos: Guía de Actuación
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Medicina y Salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,2 KB
Primeiras Actuacións en Caso de Accidente: Xeneralidades
PRIMEIRO: REQUIRIMENTO URXENTE DE ATENCIÓN MÉDICA, indicando cantos detalles concirnan a este e, se se trata dunha agresión química, mostrando, a ser posible, a etiqueta do produto causante. Mentres non chega a ASISTENCIA DO FACULTATIVO, deben SEGUIRSE AS INSTRUCIÓNS descritas a continuación, en concepto de PRIMEIROS AUXILIOS:
A. Actuación en Caso de Corrosións na Pel
Por Ácidos
- Retirar rapidamente a roupa empapada polo ácido (cortándoa se é necesario).
- Botar abundante auga á parte afectada.
- Neutralizar a acidez da pel con bicarbonato sódico, durante 15 ou 20 minutos.
- Cubrir con pomada para queimaduras e/ou acudir a Urxencias.
Por Ácido Fluorhídrico
- Fregar a pel con auga ata que a brancura desapareza.
- Facer unha inmersión da parte afectada en disolución saturada arrefriada con xeo de magnesio sulfato 7-hidrato, durante un mínimo de 30 minutos.
- Cubrir con pomada para queimaduras e/ou acudir a Urxencias.
Por Álcalis
- Aplicar auga abundante.
- Neutralizar con ácido bórico (solución saturada) ou ácido acético (solución ao 1 %).
- Cubrir con pomada para queimaduras e/ou acudir a Urxencias.
Por Halóxenos
- Botar inmediatamente un chorro de amonio hidróxido 20 %.
- Lavar con auga.
- Cubrir con pomada para queimaduras e/ou acudir a Urxencias.
Por Substancias Redutoras
- Aplicar unha compresa de potasio permanganato (solución ao 0,1 %).
- Acudir a Urxencias, se existe algunha irritación.
Outros Produtos Químicos
- Botar auga abundante na parte afectada.
- Lavar ben con auga e xabón.
B. Actuación en Caso de Salpicaduras nos Ollos
Por Ácidos e por Halóxenos
- Inmediatamente despois do accidente, irrigar os dous ollos con grandes cantidades de auga temperada (a ser posible, ben a chorro ou con axuda dunha pera de goma grande).
- Manter os ollos abertos. Se é necesario, collendo as pálpebras e estirándoas cara ao exterior, manténdoos separados de modo que a auga penetre debaixo das pálpebras. Continuar coa irrigación polo menos durante 15 minutos.
- A continuación, lavar os ollos con sodio bicarbonato (solución ao 1 %) con axuda da bañeira ocular, renovando a solución dúas ou tres veces, deixando por último en contacto durante cinco minutos.
- Finalmente, verter en cada ollo unha gota de aceite de oliva puro.
Por Álcalis
- Inmediatamente despois do accidente, irrigar os dous ollos con grandes cantidades de auga temperada (a ser posible, ben a chorro ou con axuda dunha pera de goma grande).
- Manter os ollos abertos. Se é necesario, collendo as pálpebras e estirándoas cara ao exterior, manténdoos separados de modo que a auga penetre debaixo das pálpebras. Continuar coa irrigación polo menos durante 15 minutos.
- A continuación, lavar os ollos con ácido bórico (solución ao 1 %) con axuda da bañeira ocular, renovando a solución un par ou tres veces, deixando por último en contacto durante cinco minutos.
- Finalmente, verter en cada ollo unha gota de aceite de oliva puro.
Por Outros Produtos Químicos
- Inmediatamente despois do accidente, irrigar os dous ollos con grandes cantidades de auga temperada (a ser posible, ben a chorro ou con axuda dunha pera de goma grande).
- Manter os ollos abertos. Se é necesario, collendo as pálpebras e estirándoas cara ao exterior, manténdoos separados de modo que a auga penetre debaixo das pálpebras. Continuar coa irrigación polo menos durante 15 minutos.
- Finalmente, verter en cada ollo unha gota de aceite de oliva puro.
C. Actuación en Caso de Inxestión de Produtos Químicos
Antes de calquera actuación concreta:
- REQUIRIMENTO URXENTE DE ATENCIÓN MÉDICA.
- Retirar o axente nocivo do contacto co paciente.
- Se o paciente se encontra inconsciente, poñelo en posición inclinada, coa cabeza de lado e sacarlle a lingua cara a adiante.
- Non dar a inxerir nada pola boca nin inducir ao vómito.
- Mantelo quente (tapalo cunha manta).
- Se o paciente está consciente, mantelo quente (tapalo cunha manta) e recostado.
- Estar preparado para practicar a respiración artificial boca a boca.
- Non o deixar xamais só.
- Non dar bebidas alcohólicas sen coñecer a identidade do veleno. O alcohol na maioría das veces aumenta a absorción dalgúns velenos.
- Obter atención médica tan pronto como sexa posible.
D. Actuación en Caso de Inhalación
- Levar o paciente ao aire fresco inmediatamente.
- Obter atención médica tan pronto como sexa posible.
- Ao primeiro síntoma de dificultade respiratoria, iniciar a respiración artificial boca a boca. O osíxeno debe ser administrado soamente por persoal adestrado. Continuar a respiración artificial boca a boca ata que o médico o aconselle.
- Tratar de identificar o vapor velenoso.