Prácticas de Laboratorio de Química: Ácido-Base, Pilas Galvánicas e Redox
Enviado por Chuletator online y clasificado en Química
Escrito el en
español con un tamaño de 2,97 KB
Práctica de Valoración Ácido-Base
Con axuda dunha probeta medimos 20,0 mL da disolución de HCl e vertémola nun Erlenmeyer. Colocamos a bureta mediante a pinza no soporte metálico, a cal enchemos con axuda dun funil coa disolución diluída de Mg(OH)2 0,8 M, enrasándoa correctamente. Engadimos á disolución de HCl unhas gotas de indicador apropiado. A continuación, e sen deixar de axitar a disolución contida no Erlenmeyer, abrimos a chave da bureta e vaise deixando caer lentamente a disolución de Mg(OH)2 ata que se produza o cambio de cor, o cal ocorrerá cando se gasten 15 mL da disolución.
Práctica de Pilas Galvánicas
Material
- Dous vasos de precipitados
- Fío condutor
- Tubo de vidro en U e algodón
- Pinzas de crocodilo
- Amperímetro/voltímetro
- 2 electrodos
Reactivos
- Electrodo de Cu
- Electrodo de Zn
- Disolución de sulfato de cobre
- Disolución de sulfato de zinc
- Disolución de cloruro de sodio
Procedemento
Colle dous vasos de precipitados e pon nun, aproximadamente 50 ml de disolución de ZnSO4, e noutro aproximadamente a mesma cantidade de disolución de CuSO4. Colle unha tira de papel de filtro, empápaa de disolución de NaCl, e fai que os seus extremos penetren cada un nun vaso. Así se constrúe unha ponte salina. Mete na disolución de ZnSO4 a lámina de Zn e na de CuSO4 a lámina de Cu. Pecha o circuíto cos fíos condutores e un polímetro.
Práctica de Valoración Redox
Material
- Matraz Erlenmeyer
- Bureta
- Pipeta
- Probeta
- Funil
- Soporte, pinza e noz
Reactivos
- Disolución problema de FeSO4
- Disolución de KMnO4 0.02M
- Ácido sulfúrico 1 M
- Auga destilada
Procedemento
No Erlenmeyer póñense 10 ml de disolución de FeSO4, medidos coa pipeta, engádenselle 5 ml de ácido sulfúrico 1 M e 20 ml de auga destilada para facilitar a operación. Enchemos a bureta coa disolución de KMnO4 0.02 preparada anteriormente, enrasando exactamente na división 0. Tras colocar o Erlenmeyer baixo a bureta deixamos caer pinga a pinga a disolución da bureta, ata que a disolución do Erlenmeyer pase dunha cor amarela débil a un rosa pálido. Anotamos o volume da disolución gastado. Repetimos a operación como mínimo 3 veces. Calculamos a concentración de sulfato de Ferro(II).