Posibilismo político
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,81 KB
O fascismo é un movemento político e social de carácter totalitario e xenófobo, que se caracterizou pola negación do pluralismo político (a través dun modelo de partido único) e o exercicio total do poder por un líder carismático que se considera intérprete da vontade da nacíón. Impón o sometemento do individuo ao Estado e a súa entusiasta adhesión ao réxime, e emprega a violencia e o medo para someter á sociedade, a través do control policial e da represión. Tamén fai uso da propaganda a través de mensaxes demagóxicas.
Outros trazos carácterísticos do fascismo son a defensa da desigualdade entre os seres humanos (por razón
económica, de raza ou de sexo), o nacionalismo imperialista exacerbado, o militarismo que xustifica a guerra
como vía para o progreso da nacíón ou a desconfianza na razón e o enaltecemento dos instintos e paixóns.
O Terceiro Reich, instaurado por Hitler, foi un réxime totalitario baseado no culto ao líder e na eliminación das liberdades.
Caracterizouse oola política exterior expansionista: os nazis consideraban que o pobo alemán era superior e estaba
destinado a dominar o resto. Pretendían anexionar todos os territorios con minorías alemás e
conquistar un “espazo vital” co que nutrirse de alimentos e recursos.
•Polo racismo: para manter a “pureza racial”, perseguiron e eliminaron a toda minoría considerada
inferior (xudeus, xitanos...) e mesmo ás persoas con discapacidades físicas ou psíquicas.
•Polas prácticas antidemocráticas: suspendéronse as liberdades e eliminouse toda oposición política;
para iso, a policía foi substituída polos grupos paramilitares nazis, creouse unha policía secreta do
Estado (Xestapo) e construíronse campos de concentración.
•Pola autarquía económica e o rearmamento: o Estado exerceu un forte control da economía para
conseguir a autarquía. Para superar a crise económica fomentáronse as obras públicas e a industria
pesada, sobre todo a armamentística.
•Polo control ideolóxico: o réxime
da educación para estender a ideoloxía nazi entre a poboación alemá.