Poesía Trovadoresca Gallega: Autores, Cantigas y Características del Lírismo Medieval

Otras lenguas extranjeras5,68 KB

Contexto Social e Autores da Poesía Trovadoresca

A malia o noso lirismo trobadoresco ter carácter áulico (isto é, cortesán), atopamos poetas de todas as procedencias xeográficas e estratos sociais: reis, nobres, relixiosos e criados. Na terminoloxía da época diferenciábanse tres grandes grupos:

  • Trobador: Xeralmente de condición nobre, era o compositor das cantigas, que ás veces interpretaba el mesmo. Aparece citado nos cancioneiros polo nome e o apelido: Paio Gómez Charinho, Johan García de Guillade...

  • Xograr: Intérprete de composicións alleas, aínda que algún chegou a compor tamén, acadando a sona e consideración dos trobadores. De baixa condición social, adoitaban estar ao servizo dun trobador, interpretando as cantigas que este compuña. Normalmente aparecen citados polo nome e un alcume ou lugar de procedencia: Johan Zorro, Martín de Xinzo.

  • Segrel: Trobador profesional que cobraba pola interpretación das súas composicións. Case sempre eran infanzóns pobres ou xente de baixa nobreza.

Outros personaxes que formaban parte da representación das cantigas son:

  • Menestrel: Instrumentista que executaba o acompañamento musical das cantigas.

  • Soldadeiras: Mulleres de dubidosa moralidade que danzaban e realizaban exercicios ximnásticos durante as representacións. Algunha delas tivo moita celebridade, como María A Balteira.

Características do Amor Cortés (CA)

  • Requírese un certo grao de nobreza, no home e na muller, na liñaxe e na conduta.
  • O amante posúe un complexo de calidades admirables ou, polo menos, pensa que debe posuílas.
  • A forza do amor non só presenta ao amado como admirable, senón que tamén enxera virtude no amante.
  • Mesmo cando non se exclúe o matrimonio, non se alude a el con frecuencia, sen que isto signifique que o amor sempre sexa adúltero.
  • O obxectivo do amante adoita dirixirse a manter relacións sexuais dentro ou fóra do matrimonio.
  • É un amor frustrado, ben pola imposibilidade de consumación (o que ocorre cunha frecuencia sorprendente), ben porque o desastre segue inmediatamente á consumación.
  • A miúdo hai unha transposición ao amor sexual polas emocións e as imaxes relixiosas.
  • O amante recoñece a súa inferioridade con respecto á súa dama, independentemente de que o sexa tan obxectivamente.
  • A paixón do amante pode ser totalmente correspondida pola súa dama.
  • Os amantes adoitan intentar agochar o segredo do seu amor.

Cantigas de Escarnio e Maldicir (CEM)

  • Se ben se trata de composicións de corte subxectivo, nun número significativo de textos a primeira estrofa presenta un papel introdutorio marcado por unha importante interferencia da función narrativa (algo que raramente ocorre nas cantigas de amigo ou de amor).
  • A meirande parte dos textos burlescos presentan o seguinte esquema: enunciación, paralelismo narrativo coa primeira estrofa e glosa irónica.
  • O equívoco, a ironía e a parodia son elementos que enmarcan por excelencia o esquema do cancioneiro burlesco. En máis dunha ocasión, as series positivas da cantiga de amor ou de amigo atopan aquí o seu reverso. Deste xeito, fronte ás formas «beldade», «fremosa»... xorde a contraposición «feo», «torpe», «astroso»...
  • Trobadores e mais xograres botan man dun léxico explícito para levar adiante as súas burlas. Isto ocorre de xeito especial cando a temática xira arredor do sexo.
  • A súa intención raramente é moralizante; polo contrario, o que pretenderon os trobadores era producir o riso dos oíntes. Trátase de composicións de intencionalidade e ton abertamente xocosos que, en todo caso, reflicten a moralidade dominante da época, mesmo coas contradicións desta.

Outras Formas e Xéneros Poéticos (XM)

A Pastorela

Composición de orixe occitana.

Estrutura:

  • Encontro dun cabaleiro e unha pastora nun entorn bucólico.
  • Diálogo entre ambos; solicitude por parte do cabaleiro do amor da pastora.
  • Aceptación ou rexeitamento por parte da pastora.

O Pranto

O poeta expresa a dor pola morte dunha persoa (de clase social alta: un rei, unha raíña) e loa as súas cualidades.

Estrutura:

  • Lamento pola morte.
  • Loanza das virtudes do defunto.
  • Eloxio do sucesor ou oración polo defunto.

A Tenzón

Composición dialogada onde dous poetas, alternando as súas intervencións, opinan dun tema.

  • O primeiro autor escolle tema e métrica, expón a tese e alude ao segundo.
  • O segundo autor debe mostrar a súa habilidade poética: retoma os trazos formais empregados polo primeiro e dá a réplica.
  • Temas: Aldraxes entre xograres, afirmacións presuntuosas de trobadores ou censuras (como no caso da soldadeira María A Balteira).
  • Consérvanse arredor de 30 textos.

Descargar

PDF Word HTML