A poesía das irmandades da fala. Características autores e obras representativas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,73 KB

A poesía na época das irmandades da fala. Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Outros poetas Da época.

A situación de Galicia:

·Gran Emigración.

·A Situación do campesiñado mellora algo (Poden converterse en donos das terras e Prodúcense melloras técnicas).

·A Fidalguía rural vai desaparecendo. O seu lugar vai ser ocupado por unha clase Burguesa que vive do comercio e que soe ter orixe maragata e catalá.

·A Unica industria existente é a conserveira en mans de cataláns.

·Nace O nacionalismo galego (1916) coa fundación das Irmandades da Fala. Arredor Destas irmandades xúntanse os principais autores desta época.

Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869-1947):

Foi un autor de Carácter predominantemente social e de ideoloxía republicana anticlerical.

A maior parte Da súa poesía ten como tema a paisaxe galega. Ofrece unha visión poética e Impresionista da natureza e inicia unha corrente coñecida como Neovirxilianismo. Son poemas nos que se amosan sós a natureza e o poeta, que Adopta fronte dela unha actitude de humildade, manifestando a súa admiración Incluso polas cousas máis diminutas que a compoñen.

Foi autor dun único Libro de poemas que sufriu un proceso de continua reelaboración, expurgando Unhas composicións e engadindo outras novas ata a ultima edición en vida. O titulo Inicial foi Montañesas mais, a partir Da súa 3ª edición, pasou a denominarse Do Ermo

Na súa poesía Distínguense dúas liñas:

·1ª Etapa, de carácter costumista e ruralista. Destaca polo dominio da lingua e da Métrica popular que dota aos seus versos dunha gran musicalidade.

·2ª Etapa de carácter máis culto que revela a lectura dos poetas mais clásicos Latinos (Rubén Darío e poetas portugueses). Nesta etapa escribe unha poesía Mais elaborada na que se aprecia un maior coidado da lingua e o uso de estrofas Cultas como o soneto.

Á súa obra de Creación hai que engadir A virxe y-a Paisanaxe (Compilación de cantigas populares na honra da Virxe María con un Prologo) e Como falan os brañegos (Colección De refráns e ditos populares da súa terra publicado na editorial Nós)

Ramón Cabanillas (Cambados 1876-1989)

É o poeta mais Sobresaínte da época, vencellado aos principais acontecementos históricos e Culturais do primeiro terzo do XX. Na súa traxectoria poética distínguense Catro etapas:

·Unha Primeira de formación na que comeza a escribir en castelán mais, ao emigrar a Cuba, entra en contacto con intelectuais galeguistas e asume o compromiso de Escribir en galego. No desterro e Vento mareiro , onde se nota a Influencia de Rosalía e Curros así como a incorporación das novidades métricas E estilísticas do Modernismo de Rubén Darío. Nestes versos amósanse a voz dun Poeta civil que denuncia a miseria dos labregos, o abuso dos caciques,…

·Unha Segunda etapa galeguista na que destacamos Da Terra asoballada. Influenciado polas Irmandades, asume a voz do poeta civil Que loita polos intereses de Galicia e pon a súa pluma ao servizo da difusión Do ideario galeguista.

·Unha Terceira etapa mitolóxica, que coincide coa reorientación ideolóxica das Irmandades cara a posturas mais culturalistas. Escribe agora unha poesía na que Se empeña en reconstruír o pasado mítico de Galicia (Na noite estrelecida).

·Unha Ultima etapa de posguerra. A partir de 1931 Cabanillas deixa de publicar e Escribir, salvo algúns poemas de circunstancias durante a República e dous romances Publicados durante a guerra. A finais da década dos corenta empeza a segunda Etapa de madurez creadora. Dada a situación de penuria e persecución política Que padecía o galego, a voz de Cabanillas volve a asumir o papel simbólico de recuperación E dignificación cultural que desempeñara nas primeiras décadas do século. Publica entón no 1951 Antífona da cantiga (Editorial Galaxia).

Na súa Obra poética achamos temas e formas diferentes:

·Temática Social: Da terra asoballada ou No desterro onde aínda nos topamos con Ecos de Rosalía, Curros e Pondal.

·Poesía Narrativa con influxo do Modernismo: Na Noite estrelecida. Formada por tres poemas onde retoma o tema da Bretaña Galeguizándoo. Con esta obra Cabanillas busca crear un marco simbólico que Axude á causa do nacionalismo galego.

·Poesía Intimista: A rosa de cen follas.

Cabanillas foi Capaz de asimilar os modelos do XIX e superalos grazas a incorporación Dalgunhas das correntes renovadoras da literatura occidental (O saudosismo Portugués). Ten tamén influencias do Modernismo, a súa versatilidade métrica e Rítmica, o seu gusto polo sensual, musicalidade...

Outros poetas:

·Victoriano Taibo: Abrente.

·Xosé Crecente Veiga: Codeseira

Entradas relacionadas: