Poesía Gallega: Generaciones del 36, Enlace y Festas Minervais (1936-1975)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,32 KB

Xeración do 36

Foi denominada por Ferrín como a Xeración do 36. Nados entre 1910 e 1920, algúns dos seus trazos caracterizadores son:

  • Están marcados pola guerra e pola posguerra na súa experiencia persoal e familiar.
  • Inician a súa produción e o seu compromiso coa realidade galega baixo o maxisterio dos homes do Grupo Nós e das vangardas. Seguen variadas tendencias: neotrobadorismo, paisaxismo, intimismo...

Autores da Xeración do 36

  • Aquilino Iglesia Alvariño: Poesía paisaxística: Cómaros verdes, nela canta o amor e as paisaxes.
  • Xosé Mª Díaz Castro: Escribiu unha soa obra, Nimbos (1961), que ten como núcleos temáticos a concepción tráxica da vida (existencialismo), o amor e a morte xunto a Galicia (poesía social).
  • Cunqueiro: Na posguerra reincorpórase á poesía galega con Dona do corpo delgado (1950), Herba aquí e acolá (trata o culturalismo).
  • Celso Emilio Ferreiro: Pasa por ser en Galicia o máximo representante da poesía social, en Longa noite de pedra podemos observar nel varias liñas temáticas:
    • A liña social: Así son temas frecuentes o antibelicismo, a liberdade e a solidariedade cos que sofren.
    • A liña satírica: A ironía, o sarcasmo, a burla e o humor marcan o poema “Cemiterio privado”.
    • A liña intimista: Tematicamente está orientada á dor e á angustia existencial (que se coñece como a Escola da Tebra). Onde o mundo se chama Celanova.

    Obra poética: O soño sulagado.

Promoción de Enlace

Presenta os seguintes trazos:

  • Son poetas nados entre 1920 e 1930.
  • Formados nos anos máis duros da posguerra (pobreza económica e cultural).
  • Recibiron primeiro a influencia da cultura castelá e logo en galego.
  • A súa poesía caracterízase pola temática existencial e angustiada, así como polo compromiso social.

Autores da Promoción de Enlace

  • Antón Tovar: Cunha temática intimista de carácter existencial, na que nos revela unha visión tráxica e resignada da realidade e da propia vida, destaca con Calados esconxuros.
  • Luz Pozo Garza: Trata temas como o amor, desamor e morte. Destaca o Concerto de outono, Códice calixtino.
  • Manuel Cuña Novás: Afonda no tema da angustia persoal con Fabulario novo.


A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

Trazos comúns

  • Nacen arredor da década de 1930-1940.
  • Escriben só en galego.
  • Dánse a coñecer nas Festas Minervais. Tamén colaboran no suplemento cultural do xornal compostelán “La Noche”.
  • Maniféstanse en dúas liñas poéticas sucesivas:
    • A Escola da Tebra: Temas: a morte, soidade, a desesperanza...
    • O socialrealismo: Temas: a opresión, a guerra...

Autores

  • Uxío Novoneyra: Que divide a súa obra poética en dous grupos: a liña paisaxística centrada na montaña do Courel (destaca Os eidos) e a liña cívica que nace con Viet Nam canto.
  • Xosé Luis Méndez Ferrín (Ourense, 1938). A súa produción poética comeza coa temática angustiada e intimista da Escola da Tebra. Poesía enteira de Heriberto Bens, recolle as composicións de política e histórica. Con pólvora e magnolias (1976) é o libro máis influente no cambio de orientación da poesía galega.
  • Xohana Torres: Estacións ao mar, caracterízase por ser unha poesía temporalista e de fondo compromiso con Galicia.

Outros autores serían: Manuel María con catro liñas poéticas:

  • O existencialismo da Escola da Tebra en Muiñeiro de brétemas.
  • A poesía paisaxística, centrada na Terra Cha, de tintes sociais, clásicos ou intimistas (Terra Cha).
  • A poesía comprometida, combativa, na que ecoa a ironía e a sátira (Documentos persoaes, Aldraxe contra a xistra...).
  • A poesía intimista e de corte existencial que destacan os “poemas ao outono”, así como Xosé Luis Franco Grande e o Salvador García-Bodaño.


Poesía entre 1936 e 1975: A Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais

A primeira obra poética relevante publicada vai ser Cómaros verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño; a partir de aquí comeza unha lenta recuperación, impulsada por editoriais como Monterrey ou Bibliófilos Gallegos, e sobre todo Galaxia (1950). Así, a partir da década dos cincuenta reiníciase timidamente a publicación de poesía en galego. Aos autores que se formaran (e mesmo publicaran) antes da guerra súmanse novas voces: as da xeración poética do 36, nados entre 1910 e 1920, formados na cultura republicana dos anos 30 e que vivirán na fase final desa formación o drama da Guerra Civil; as da Promoción de Enlace, nados entre 1920 e 1930, formados nos anos máis duros da posguerra (pobreza económica e cultural), influenciados polos poetas surrealistas da Genereción del 27 española, polas vangardas galegas e a xeración do 36; e as da xeración dos 50 ou das Festas Minervais, nados arredor de 1930-1940, mostran un radicalismo vital que determina un estrito monolingüismo, influenciado polo ambiente no que medraron e a liña galeguista restaurada por Galaxia; danse a coñecer nas Festas Minervais (certames poéticos restaurados entre 1953 e 1964 na Universidade) e colaboran no suplemento cultural do xornal compostelán La Noche.

As principais tendencias da poesía de posguerra son:

  • Continuísmo coas liñas estéticas anteriores aos 36, tematicamente descomprometidas como: hilozoísmo, neotrobadorismo, ruralismo.
  • O existencialismo da Escola da Tebra a través dunha poesía angustiada, pesimista. A angustia existencial, o espanto, a dor de vivir... marcan a súa temática. Os libros Muiñeiro de brétemas de Manuel María (1950) e Fabulario novo de Manuel Cuña Novás.
  • A poesía socialrealista, Temas como a denuncia da opresión e a solidariedade cos humildes. Destacan Documentos persoaes de Manuel María e Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
  • O culturalismo, destacan Iglesia Alvariño, Á. Cunqueiro.

Entradas relacionadas: