Poesía Galega da Transición: Unha Viaxe a Través de Estilos e Temas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,44 KB

Poesía de Transición: Ampliando Horizontes

Este grupo está constituído por autores que amplían a poética dos 80, optando pola reflexión trascendente e a depuración temática. Esta poética, posta ao servizo da introspección, destaca en varias voces.

Miro Villar: Conceptual e Figurativo

Na voz de Miro Villar, encontramos unha poesía conceptual e figurativa, canalizada a través de metros clásicos e múltiples rexistros. Entre as súas obras destacan Ausencias Preteritas, 42 Décimas de Febre, Equinocio de Primavera e Gameleiros.

Gonzalo Navaza: Pericia Versificadora

Gonzalo Navaza, coñecido pola súa pericia versificadora, ofrece unha poesía emotiva e irónica en obras como Fábrica Íntima e Libra. Tamén experimentou con palíndromos en A Torre da Derrota.

Arturo Casas: Exixencia Conceptual e Estilística

Arturo Casas destaca pola súa esixencia conceptual e estilística. A súa traxectoria comeza con Sombra de Unidade e continúa con Pedra de Nadir e Momentum.

Rafa Villar: Linguaxe Simbólica

Rafa Villar utiliza unha linguaxe intensamente simbólica. En Liques da Memoria indaga no proceso poético, mentres que en Casa ou Sombra explora a indagación minimalista. A súa última obra mostra a súa implicación política.

Helena de Carlos: Imbricación do Coloquial e o Clásico

Helena de Carlos combina o coloquial co clásico nunha poesía sutil e transparente, reflexiva sobre a súa propia experiencia. Entre as súas obras destacan Alta Casa, 1999 e Vigo.

Poesía Provocativa e Contestataria: Unha Segunda Vía

Esta vía, liberadora e provocativa, utiliza a poesía como un elemento de contestación, tanto desde a sinxeleza como desde a opulencia expresiva.

Antonio R. López: Sátira e Denuncia Social

Antonio R. López, desde Sucios e Desexados ata Pronomes, realiza unha sátira e denuncia das condutas sociais.

María Xosé Queizán: Recuperación do Discurso Feminino

Os libros publicados por María Xosé Queizán seguen o proxecto ideolóxico das súas restantes obras: a recuperación dun discurso feminino liberador, agora con novos imaxinarios amorosos. Exemplos disto son Metáfora da Metáfora, Despertar das Amantes e Elas. A súa obra poética está recompilada en Non o Abras como unha Flor.

Lupe Gómez: Poesía Transgresora

Lupe Gómez, na súa loita contra os convencionalismos, ofrece unha poesía provocativa. Obras como Pornografía e Os Teus Dedos na Miña Braga con Regra revelan unha poética de liña clara e frases curtas, vital e transgresora.

Yolanda Castaño: Crónica dunha Relación Erótica

Yolanda Castaño presenta unha crónica dunha relación erótica, ao mesmo tempo inocente e perversa. Entre as súas obras destacan Vivimos no Ciclo das Erofanías, O Libro da Egoísta e Profundidade de Campo.

Olga Novo: Erotismo e Reivindicación Feminina

Olga Novo retoma o tema do erotismo no seu primeiro poemario, A Teta sobre o Sol, falando da súa vivencia aniquiladora, despoxada de toda coacción social e lingüística. Esta vivencia, con símbolos propios da reivindicación feminina, volve aparecer no seu libro Nós Nus. Na súa última obra poética, A Cousa Vermella, acode á presenza do telúrico como forma de autodefinición erótica.

Chus Pato: Compromiso Ideolóxico

Chus Pato constrúe un discurso poético caracterizado polo compromiso ideolóxico explícito: nacionalismo, marxismo e conciencia de xénero. Tratase dunha forma poética polifónica que inclúe fragmentos de moi diversa procedencia, nunha ruptura decidida cos moldes clásicos do lírico. Exemplos disto son obras como A Ponte das Poldras, M-Talá, Charenton e Hordas de Escritura.

Poesía do Íntimo e o Cotián

A presenza das formas populares da fala, unida a un marcado ton épico e solidario, marcan a traxectoria poética de Anxo Angueira.

Anxo Angueira: Retrato da Comarca de Padrón

A súa traxectoria comeza arredor da comarca de Padrón con Val de Ramirás e continúa en O Valo de Manselle. Posteriormente publica Libro da Vertixe. Fóra do Sagrado constitúe un extenso e apaixonado retrato de Vigo, vista como cidade cosmopolita e mariñeira.

Fran Alonso: Mundos Urbanos

Fran Alonso utiliza os recursos da fala e mestura diferentes estruturas xénericas en obras como Persianas, Pedramol e Outros Nervios e Tortillas para os Obreiros para expresar mundos urbanos. En Cidades, explora a vida urbana.

Emma Couceiro: Reflexión sobre o Mundo Interior

Emma Couceiro, con Humidosas e As Entrañas Horas, utiliza claves simbólicas para internarse na reflexión sobre o seu mundo interior.

Estevo Creus: Influencia do Surrealismo

Estevo Creus realiza incursións no mundo interior, aínda que marcadas pola influencia de correntes como o surrealismo. Entre as súas obras destacan Arreados, Poemas da Cidade Oculta, Teoría do Lugar e Decrúa.

Outras Liñas

Manuel Outeiriño: Polifonía e Humor

Manuel Outeiriño, na polifonía de Depósito de Espantos e Letras Vencidas, tamén regulada polo humor, engádese en É a expresividade musical da linguaxe.

María do Cebreiro: Vontade de Estilo

A vontade de estilo de María do Cebreiro arrinca con O Estadio do Espello e continúa con Non Queres que o Poema te Coñeza, cheo de referencias culturalistas, e con Non Son de Aquí.

Ramiro Fonte: Nostalxia e Melancolía

Ramiro Fonte inicia con As Cidades de Nada unha poesía presidida polo coidado formal e as referencias culturalistas asentadas sobre a nostalxia e a melancolía proxectadas na paisaxe. Non obstante, Fonte situa tamén estas referencias como episodios da propia experiencia persoal, como elementos vividos intimamente e que acaban por formar parte do propio eu poético que establece un diálogo intenso con ese singular cosmos que o rodea. Tal proceder ocupa os versos de poemarios como Pensar na Tempestade, Pasa un Segredo ou Adeus Norte. Con Luz de Mediodía cambia o rumbo, explorando novas fórmulas expresivas, máis evidente nos derradeiros libros: O Cazador de Libros, Capitán Inverno, A Roncha dos Proscritos ou o póstumo Reversos.

Miguel Anxo Fernán-Vello: Experiencia Cosmovisionaria

A súa obra poética aparece en Trópico de Luas. Tratase dunha poesía que presenta certa unidade temática e preocupación formal. Logo da publicación de As Certezas do Clima, péchase este discurso para entrar nunha nova experiencia cosmovisionaria. As últimas achegas constitúen poesías de índole reflexiva que pretenden ser unha voz de alarma no lector. Nesta obra do trascendente vai a última obra: Dicionario do Estremecemento.

Manuel Forcadela: Estética Formalista

Manuel Forcadela é un dos autores máis representativos da estética formalista nos seus elementos culturalistas e cosmopolizantes. Nos versos de Forcadela destaca especialmente a musicalidade, a riqueza e o cromatismo das imaxes. En Ferida Acústica de Río, o preciosismo verbal, o diálogo intertextual e as referencias literarias serven para recrear ambientes íntimos e decadentes. Semellantes escenarios volverán aparecer aínda en O Regreso das Ninfas e O Varredor en Outono. O requintamento cromático e a presenza/distanciamento íntimo segue presente, polo demais, en títulos posteriores como Morte do Fadista, Refutación da Musa, Lampade e Medusa ou Música de Cinza.

Román Raña: Temas Universais

Román Raña sitúase na mesma coordenada estética ca Manuel Forcadela. Na súa poesía abundan os temas universais, tratados con gran rigor formal, musicalidade e tendencia aos metros clásicos en Nas Areias doutro Mar, Extramuros da Noite ou Da Muda Primavera. Non obstante, coa aparición de As Metamorfoses do Túnel e logo con Zen Inverno, Raña parece inclinarse por unha lírica máis reflexiva que regresa ao eu poético e na cal, á beira do esteticismo e das referencias culturalistas, xorden as vivencias persoais, a dor polas presenzas da morte ou a crónica do desamor.

Eusebio Lorenzo Baleirón: Poesía Formalista e Biográfica

A súa obra preséntase a cabalo entre a poesía formalista e a poesía de aprendizaxe das propias circunstancias biográficas. Cun corte clásico e decadente, libros como O Corpo e as Sombras e Os Días Olvidados abordan a reflexión metaliteraria e os temas intimistas como o amor, o paso do tempo e a morte. Esta última constitúe a presenza viva no seu acontecer biográfico, como evidencia o volume póstumo A Morte Presentida.

Poesía da Experiencia

Manuel Rivas: Identificación coa Terra e a Paisaxe

A identificación coa terra e a paisaxe vai cobrar unha dimensión social na súa poesía. Balada nas Praias do Oeste e Mohicania reafírmanse nesta poética, que cobrara unha expresión máis sinxela que Ningún Cisne, Costa da Morte Blues. A súa obra poética está agrupada no volume Do Descoñecido ao Descoñecido.

Cesareo Sánchez Iglesias: Reforma Sinxela

Cesareo Sánchez Iglesias aposta por unha reforma sinxela, que rexeita a narratividade e o verso longo e gaña en capacidade evocativa. É característica da súa escrita a profusión de símbolos, na maior parte plurisignificativos. Escrita Luz é unha antoloxía persoal que lle ofrece ao lector unha explicación do seu proceso creativo e poético.

O Experimentalismo

:tratase dunha tendencia que arrinca na segunda metade da decada dos setenta.entre os autores destacan.MANUEL VILANOVA:as primeiras obras "e direi-vos eu do mister das cobras" e "a lenda das arbores de prata"son libros que se articulan sobre simbolos para marcar unha poesia rupturista sen rexeitar a tradicion,direccion que volveremos atopar en "a esmeralda branca".VITOR VAQUEIRO:aposta desde o seu primeiro libro "lideiras antre a paisaxe" por unha renovacion da linguaxe poetica que a partir de "informe da gavilla"hase de centrar na recreacion culturalista dos mitos clasicos e no dialogo coas artes plasticas sen renunciar a unha forte vocacion experimental.posteriormente publicou "a fraga prateada","a camara de neboa" e "traxectorias".VICENTE ARAGUAS:os temas que forman parte do seu universo poetico participan das propostas anteriores.na sua antoloxia "billarda" hai que destacar tres libros tanto pola sua tematica amorosa como por unha clara aposta de signo renovador:"paisaxe de glasgow","as veces en domingo abonda coa tenrura" e "o gato branco".a experimentacion formal haberia que sumarlle "xuvia" e "caleidoscopio" a presenza dunha linguaxe cotia que adquire novas formulacions grazas ao contexto no que se situan as imaxes.en "maneiras de querer",un volume que presenta a sua obra completa,fundense con  sorprendente habilidade o erotismo,a melancolia e a experiencia.

Entradas relacionadas: