A Poesía Galega na Posguerra e a Xeración do 36
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,47 KB
Luís Pimentel
Luís Pimentel (Lugo, 1895 – 1958) é autor de Triscos (1950), conxunto de tan só oito textos publicado na colección Benito Soto pontevedresa con prólogo de Fole, e Sombra do aire na herba (1959). Pimentel foi un escritor sen "biografía", cunha existencia que transcorreu na súa cidade natal, Lugo, dedicado ao exercicio da medicina, á familia e á poesía. Nas creacións de Pimentel son perceptíbeis as influencias das vangardas, especialmente o surrealismo, aínda que matizadas por un marcado lirismo intimista, de raíces simbolistas. A súa poesía é inseparábel da súa cidade natal, Lugo, e caracterízase polo versolibrismo, a precisión léxica e a delicadeza.
Outros autores que publican na posguerra son: Augusto Mª Casas, Xosé Crecente Vega, Xosé Mª Castroviejo, entre outros.
A Xeración do 36
A chamada Xeración do 36 está formada polos escritores nados entre 1910 e 1920. Son moi novos aínda durante os tempos da 2ª República e apóianse inicialmente no maxisterio dos membros de dous grupos xeracionais anteriores. O triunfo do bando franquista, coas súas negativas consecuencias para o idioma e a cultura galega, condenounos ao exilio, ao silencio prolongado ou mesmo ao cambio idiomático provisorio.
Principais autores da Xeración do 36
- Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985): Investigador, arqueólogo e etnógrafo. Inicia a súa produción poética en galego en 1949 con Poemas de ti e de min. A súa obra máis salientable, Canle do segredo (1953), foi publicada en 1976.
- Xosé María Díaz Castro (Parga, 1914 - Lugo, 1989): Fillo de labregos, exseminarista e tradutor. É autor dun único libro, Nimbos (1961), que inclúe o poema "Penélope".
- Miguel González Garcés (A Coruña, 1916 - 1989): Intelectual e autor bilingüe. A súa obra poética comeza con Bailada dos anxos (1961).
- Pura Vázquez Iglesias (Ourense, 1918-2006): A súa obra mestura gozo e desacougo, paixón vital e nostalxia. Entre as súas obras destacan Íntimas (1952) e O desacougo (1971).
- Manuel Lueiro Rei (Fornelos de Montes, 1916 – O Grove, 1990): Xornalista e militante antifranquista. Publicou a Escolma ferida.
- Eduardo Moreiras Collazo (Quiroga, 1914 – Vigo, 1991): Fundador da revista Mensajes de poesía e membro da Real Academia Galega.
Outros poetas destacados son: Manuel Casado Nieto, Ramón María, Xosé Rubia Barcia, Anne Marie Morris e Xoán Pérez Creus.
Celso Emilio Ferreiro
A figura máis destacada da Xeración do 36 é Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979). Na súa obra distinguimos tres grandes liñas temáticas:
- Liña social: Con precedentes en Rosalía, Curros e Cabanillas.
- Liña intimista: De ton confesional, inconformismo e identificación coa terra.
- Liña irónica e satírica: Fortemente corrosiva e crítica.
En 1954 publica O soño sulagado, poemario de enorme sinceridade expresiva. O punto de inflexión na súa carreira represéntao Longa noite de pedra (1962), onde o poema se converte en expresión colectiva e solidaria de principios éticos de xustiza e liberdade.