Poesía galega do século XX: Irmandades da Fala, Xeración das Vangardas e Neotrobadorismo
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,5 KB
Contexto histórico e social de Galicia no século XX
Galicia inicia o século XX cunha sociedade marcada polo atraso económico. As forzas hexemónicas eran a fidalguía e a Igrexa, que controlaban as terras. A poboación era maioritariamente rural e moitas persoas emigraron. Obsérvanse tres cambios importantes:
- As loitas agrarias provocan a desaparición do sistema foral e o acceso do campesiñado á propiedade da terra.
- A burguesía industrial e comercial comeza a ter un certo peso na sociedade galega.
- A poboación pasa da agricultura á industria e aos servizos, e nace o movemento sindical.
En política, o rexionalismo vai dando paso ao novo ideario do nacionalismo, que conducirá ao nacemento do Partido Galeguista e á elaboración do Estatuto de Autonomía.
A situación lingüística
Prodúcese un forte descenso do uso do galego, pero xorden importantes movementos sociais e culturais a favor da lingua, como as Irmandades da Fala, creadas en 1916 por intelectuais como Antón Vilar Ponte, co obxectivo de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia.
No ámbito cultural promóvese o traballo en prol da lingua, a actividade editorial, o desenvolvemento do teatro e o cultivo da investigación científica en galego. Coas Irmandades da Fala o panorama cultural experimenta un gran desenvolvemento: aparecen editoriais, revistas e xornais.
A xeración entre dous séculos
Os poetas deste período conforman a chamada xeración entre dous séculos, entre os que destacan Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas.
Antonio Noriega Varela
Estudou a carreira eclesiástica e acabou exercendo de mestre. A súa obra, Do ermo, distingue dúas liñas poéticas:
- Poesía social: pequenos grupos de poemas a favor das querelas sociais.
- Poesía lírica pura: adopta agora un ton íntimo e emotivo que o aproxima máis á natureza.
Ramón Cabanillas
Ádentrase na literatura en galego durante a súa estadía en Cuba. Ao regresar colabora coas Irmandades da Fala e co nacionalismo, e foi membro da Real Academia Española e Galega. Como poeta recibiu as seguintes influencias: a poesía das figuras do Rexurdimento, a corrente modernista do ámbito iberoamericano e os poetas románticos europeos.
As súas obras pódense agrupar en poesía lírica e poesía narrativa:
- Poesía lírica: inclúense neste grupo as obras No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas e Da miña zanfona. Atopamos catro grandes orientacións: reivindicación cívica, intimismo, costumismo e modernismo.
- Poesía narrativa: este grupo compón se dos libros O bendito San Amaro, Da noite estrelecida, Camiños no tempo e Samos. A súa obra peticonarrativa principal é, sen dúbida, Na noite estrelecida.
A poesía de vangarda
Coñécese como xeración das vangardas. Moitos cultivaron a poesía de vangarda, como Manuel Antonio, Bouza-Brei ou Álvaro Cunqueiro; outros, como Rafael Dieste, dedicáronse á narrativa e ao teatro. Estes autores hai que situalos no contexto dos movementos de renovación artística, a busca da arte pura e a innovación da linguaxe figurada.
Os principais movementos vangardistas que se cultivaron en Galicia foron o hilozoísmo e o neotrobadorismo, ambos autóctonos, e o creacionismo, derivado das correntes europeas. Destacamos o Preludio a toda estética futura, de Vicente Risco, e ¡Mais alá!, asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.
Hilozoísmo
O elemento principal é a paisaxe, presentada nunha paisaxe humanizada. O principal cultivador é Luís Amado Carballo, autor de Porel e o galo. En canto á forma, Carballo é conservador na métrica pero vangardista na continua presenza de metáforas.
Neotrobadorismo
A difusión en Galicia da nosa lírica medieval a través da edición comentada de J. Joaquín Nunes en 1928 fixo posible a aparición deste novo discurso poético, continuador da tradición medieval. Os principais autores son Fermín Bouza-Brei e Álvaro Cunqueiro.
- Fermín Bouza-Brei: estudou Filosofía e Letras e logo Dereito, e participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos. O seu libro Nao senlleira foi o iniciador do neotrobadorismo. No seu segundo libro, Seitura, o elemento neotrobadoresco é moito menor, destacando o tema relixioso e existencial.
- Álvaro Cunqueiro: foi, ademais de poeta, un importante narrador e autor teatral. Tamén cultivou o xornalismo. A súa principal obra neotrobadoresca é Cantiga nova que se chama Ribeira. Tras a Guerra Civil publicou Dona de corpo delgado e Herba de aquí e acolá.
Creacionismo
A estética creacionista doutras literaturas influíu en alguns autores galegos. As súas características son a creación dunha realidade autónoma, a xustaposición de imaxes, a ruptura da secuencia cronolóxica e a presenza de elementos relacionados coa mecánica. O principal representante é o poeta Manuel Antonio, estudante de Náutica; a súa relación co mar inspirou os seus máis afamados versos, recollidos en Ni libre de catro a catro.
Outros ismos
Aos mencionados xuntan se outros, como os de Euxenio Montes ou Eduardo Blanco Amor. Destacamos os primeiros libros de Álvaro Cunqueiro, Mao ao norde e Poemas de si e de non; noutra liña, Luís Pimentel é autor de Triscos e Sombra do aire na herba.