Poesía Galega entre 1936 e 1975: Evolución, Autores e Correntes Literarias

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,23 KB

Poesía Galega entre 1936 e 1975: Contexto e Evolución

Tras a Guerra Civil, instaurouse en España unha ditadura que supuxo a desaparición da liberdade e a negación da diversidade cultural e lingüística. O galego foi expulsado da vida pública e do cultivo literario, sufrindo unha represión que destruíu o esforzo de décadas anteriores. Só no exilio, liderado por figuras como Castelao dende Bos Aires, se mantivo unha importante actividade cultural.

A Poesía dende 1936 ata 1975

Durante máis dun decenio, a literatura galega en Galicia deixou de existir, trasladándose ao exilio. A partir de 1950, coa fundación da Editorial Galaxia, iniciouse a recuperación cultural. Distínguense tres grupos xeracionais principais:

1. A Xeración do 36

Autores formados na República e discípulos da Xeración Nós. Destacan:

  • Luís Pimentel: Poesía intimista (dor, medo, infancia) con influencias vangardistas.
  • Aquilino Iglesia Alvariño: Autor de Cómaros verdes, integrando paisaxismo e neotrobadorismo.
  • Xosé María Díaz Castro: Autor de Nimbos, destacando o poema social "Penélope".
  • Celso Emilio Ferreiro: Iniciador do socialrealismo con obras como Longa noite de pedra.

2. A Promoción de Enlace (1920-1930)

Formados na etapa máis dura do franquismo, transitan do castelán ao galego. Destacan Antón Tovar, Luz Pozo Garza e Manuel Cuña Novás.

3. A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

Nados entre 1930-1940, destacan pola Escola da Tebra, o socialrealismo e o paisaxismo renovador. O grupo Brais Pinto é fundamental, con autores como Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias), Manuel María e Uxío Novoneyra.


Análise de Autores e Obras

  • Lorenzo Varela (Compañeiros da miña xeración): Poema sobre a dor e a memoria dos amigos asasinados. Emprega metáforas, antíteses e símbolos como a "cesta de pombas e mazás".
  • Aquilino Iglesia Alvariño (Cómaros verdes): O vento como entidade mitolóxica mediante a personificación e a metáfora.
  • Luz Pozo Garza (O paxaro na boca): Contraste entre a vitalidade da natureza e a marxinación infantil.
  • Luís Pimentel (Sombra do aire na herba): A primeira comuñón como rito máxico e puro, cargado de simbolismo relixioso.
  • Uxío Novoneyra (Cousos do lobo): Uso do fonosimbolismo para evocar a natureza salvaxe.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias): Renovación poética que combina compromiso político e estética lírica.
  • Antón Tovar: Poesía existencial marcada pola tristeza e a busca frustrada de Deus.
  • Manuel María (Bando): Crítica social e denuncia da falta de liberdade baixo a estrutura dun bando municipal.
  • Xosé María Díaz Castro (Penélope): O mito clásico como símbolo da frustración e a espera eterna de Galicia.

Entradas relacionadas: