A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 17,68 KB

A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.


A poesia sufriu unha paralización despois da Guerra Civil.

En Galicia desde 1936 ata 1947 non se publica un libro de poemas, Cómaros verdes, fito histórico por se considerar a primeira obra importante que marca o inicio literario de posguerra. Recolle e afianza as constantes temáticas de obras anteriores de xeito que pode verse como un resumo de todo o seu quefacer poético, Aquilino Iglesia Alvariño o seu autor acentúa a presenza do versilibrismo. A partir da publicación de Cómaros verdes comeza unha lenta pero ininterrompida recuperación da poesía e da literatura en galego.

No 1949 sae en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro.

Podemos falar de tres xeracións poéticas diferentes que publican ao mesmo tempo:


1. Xeración do 36. Poetas nados entre 1910-20; a guerra cólleos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes:
Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, etc.


2. Promoción de Enlace, nados entre 1920-30. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea:
Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás, etc.


3. "Festas Minervais", nados entre 1930-40, non coñecen a Guerra Civil:
Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, Méndez Ferrín, etc. Neles xa existe unha conciencia de grupo, participan nas Festas Minervais universitarias ou na creación do grupo Brais Pinto.

Estes autores seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista... Irán aparecendo formas novas como o intimismo ou o clasicismo. Destaca a Escola da tebra: poesía intimista e pesimista da vida.  A finais dos 50 xorde o Realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo o camiño á poesía socialrealista
.


1.Celso Emilio Ferreiro. Liñas:

* Intimista, Onde o mundo se chama Celanova (1975) influenciada polo existencialismo
: presente pesimista, cheo de soidade e desacougo; nostalxia da infancia perdida en Celanova. Escribiu poemas amorosos para Moraima.

* Satírica, corrosiva e crítica, lembra as cantigas de escarnio medievais, ou o Quevedo máis mordaz.

* Socialrealista, linguaxe coloquial e directa. Temas: a Guerra Civil, a explotación dos traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo. Longa noite de pedra (1962), unha das obras da nosa literatura máis veces reeditada. O seu título converteuse nunha metáfora da ditadura franquista.

Dúas das súas obras mais coñecidas son Viaxe ao pais dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir.


2.

Uxío Novoneyra

. Poesía paisaxística e moi persoal: contemplada desde unha perspectiva mística, de fusión coa natureza; describe a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica. Hai tamén preocupación social e política. Os eidos, Elexías do Courel e Do Courel a Compostela.


3.

Xosé Luís Méndez Ferrín

. Con pólvora e magnolias (1976), camiño novo na literatura galega, achegando novos temas, nova linguaxe poética... Combina a poesía revolucionaria co lirismo intimista e o luxo estético. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o movemento beat...


4.-

Manuel María

. Autor de moitas obras e poemas musicados na segunda metade do s. XX. Temas: o amor, a arte, o compromiso político, a denuncia de eivas, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, os traballos agrarios, o urbanismo, etc. Muiñeiro de brétemas situase na liña existencialista. Documentos persoaes na liña de poesía social, Versos do lume e o vagalume mostra que e poeta de verdades expresivas.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.


Entradas relacionadas: