O período de entreguerras: crise e totalitarismos
A crise económica de 1929 e o New Deal
O auxe da bolsa e os antecedentes da crise: O Plan Dawes estableceu o crecemento económico a través de medidas como a concesión de créditos a xuro reducido entre nacións e a banca, o que permitiu a mellora da competitividade da produción, a redución de custos e prezos e a expansión de mercados. Porén, produciuse unha sobreoferta superando a demanda. En 1926 combináronse factores que conduciron á recesión económica: crise, falta de liquidez bancaria, subida do paro e acumulación de stocks, caendo os prezos e afundindo empresas e bancos.
O crac de 1929: Orixinado polo estoupido da burbulla especulativa bolsista.
O New Deal de Roosevelt:
- Regulación do mercado bolsista.
- Control bancario por parte do Estado.
- Medidas de rescate industrial e estímulo do emprego.
- Axustes no sector agrario.
- Seguro de desemprego.
- Dereitos dos traballadores e sindicatos.
O fascismo: características xerais
- Nacionalismo exacerbado, expansionismo territorial, militarismo e imperialismo baseado na idea de raza superior.
- Exaltación do Estado por riba do individuo.
- Rexeitamento absoluto da democracia.
- Liderado carismático indiscutible.
- Organización e control eféctivo das masas.
O réxime de Stalin na URSS
Stalin impúxose a Trotsky, quen foi arredado do partido, desterrado e finalmente asasinado. Impúxose a primacía absoluta da ideoloxía comunista de Estado e do socialismo nun só país.
Plans quinquenais: A URSS planificou a economía para acadar a plena industrialización, priorizando e fomentando a industria pesada, ademais de colectivizar bens inmobles, transportes e institucións financeiras. A produción acadou un notable crecemento no ferro, aceiro, enerxía e construción de infraestruturas, convertendo á URSS nunha potencia mundial nos anos 30.
Colectivización agraria (1928): Medida contra os campesiños considerados inimigos que non cumprían as directrices. O agro sufriu un gran castigo que debilitou a economía, fracasando e xerando grave escaseza.
Terror e purgas (1936-1938): Os procesos de Moscova cobraron a vida de millóns de persoas que foron xulgadas, condenadas, executadas ou enviadas a campos de concentración. O Gulag funcionou como un sistema penal baseado en campos de traballos forzados. As purgas deixaron máis de 700.000 executados e máis de 2 millóns de deportados ao Gulag.
O nazismo en Alemaña
A República de Weimar: Proclamouse tras a abdicación do káiser Guillerme II en 1918. En 1919 produciuse unha insurrección obreira que proclamou un goberno de consellos obreiros. Produciuse o ascenso do nacionalismo radical nunha situación complexa de forte recesión económica.
Ascenso nazi ao poder e fin da democracia
O aumento do malestar social facilitou a difusión do discurso do Partido Nazi, provocando unha extrema polarización política. Nas eleccións de 1932 foron elixidos 196 deputados nazis e 100 comunistas. As forzas conservadoras puxéronse de acordo e nomearon a Hitler chanceler nun goberno de coalición.
Destrución da democracia (1933): Hitler conseguiu que Hindenburg convocase novas eleccións. O goberno decretou a prohibición da prensa e das reunións da oposición. As camisas pardas sementaron o terror; tras o incendio do Reichstag, usaron a escusa para acusar os comunistas, suspendendo liberdades e abolindo o control xudicial fronte ás detencións. Os nazis non acadaron maioría absoluta, pero cos apoios do Centro Católico o Parlamento aprobou a Lei de Plenos Poderes, que facultaba a Hitler para gobernar durante 4 anos. Trala morte de Hindenburg, Hitler unificou as funcións de chanceler e presidente, autoproclamándose Führer.
A ditadura nazi
- Partido único: Ilegalización do resto de formacións.
- Depuración administrativa: Expulsión de funcionarios non arios ou non afectos ao réxime.
- Estado unificado e represión: Reforzouse a represión concedéndolles funcións policiais ás SS, creando a Gestapo e construíndo campos de concentración.
- Expansionismo: Creación do Gran Reich alemán para garantir o espazo vital (Lebensraum) da poboación alemá.
- Propaganda e racismo: Creación do Ministerio de Cultura e Propaganda para promover a ideoloxía nazi, aniquilando a liberdade intelectual, politizando o sistema educativo, proclamando a superioridade da raza aria e perseguindo aos xudeus.
- Economía: Obxectivo de facer de Alemaña unha potencia mundial mediante unha forte dirección estatal, autarquía económica, plans cuadrienais, grandes obras públicas para acabar co paro e un intenso rearmamento.
A Italia fascista
Ascenso de Mussolini: Nun contexto de conflitividade social e inestabilidade política, Benito Mussolini fundou en 1919 os Fasci di Combattimento e en 1921 o Partido Nacional Fascista. Recibiu axuda financeira da Confindustria e apoio do exército e dalgúns grupos liberais para frear o descontento social e político. As escuadras fascistas actuaron con violencia contra políticos e xornais de esquerdas. Tras a folga xeral de agosto de 1922, os fascistas substituíron os folguistas polos seus propios militantes. En outubro organizouse a Marcha sobre Roma con milleiros de camisas negras ocupando edificios públicos. O rei Vítor Manuel III negouse a declarar o estado de sitio, o goberno dimitiu e Mussolini formou un novo executivo.
A ditadura fascista
Mussolini comezou como xefe dun goberno de coalición, pero máis tarde asumiu a maioría absoluta co apoio das camisas negras, instaurando un réxime totalitario onde concentraba todo o poder. Prohibíronse os partidos e sindicatos de oposición. En 1928 o Parlamento pasou a depender do Gran Consello Fascista, que autorizaba o nomeamento dos políticos do goberno. Asináronse coa Igrexa os Pactos de Letrán en 1929. Na economía aplicouse o intervencionismo con forte protección á industria nacional e políticas orientadas cara á autarquía económica, co obxectivo final de controlar toda a sociedade.