A perífrase verbal galego volver infinitivo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,37 KB

 

Presente de Indicativo


Coincidencia co momento actual.
Presente habitual: acción frecuente.
Presente histórico ou narrativo: sucesos do pasado.
Presente intemporal: verdades permanentes.
Presente prospectivo: certeza no futuro.
Presente imperativo: mandado atenuado.
Copretérito (pret. Imperfecto) de indicativo.
Coincidencia cun momento do pasado (un adverbio ou outro verbo).
Copretérito narrativo: nos contos, historias...
Copretérito. De cortesía.
Copretérito con valor de futuro (desde o pasado).
 

Pretérito (p. Perfecto)


Un feito pasado máis ou menos afastado (non precisa referente).
- Valor imperativo.
Pretérito de futuro: acción futura que se realizará axiña.

Antepretérito (pretérito pluscuamperfecto)


Un feito pasado con relación a outro tamén pasado -non con respecto ao momento actual-.

Futuro de Indicativo


Feito que aínda non sucedeu no momento actual.
Incerteza, posibilidade.
Obrigatoriedade.
Cortesía. 
 Pospretérito (Condicional / futuro hipotético).
Feito futuro con relación a un tempo pasado.
Incerteza na pasado.
Cortesía.

Presente de Subxuntivo


Coincidencia co momento actual ou co futuro.

Pretérito (imperfecto) de subxuntivo


Tempo pasado, presente (feito irreal) ou futuro (referente ao pasado)

Perífrasis

1.- 

Temporais:


Futuridade, inmediatez


*

IR +

INFINITIVO: movemento, futuro. Vai chover hoxe. Vou ir de vacacións este Nadal
*

HABER (DE

+ INFINITIVO: futuro. Han de chegar .
*
ESTAR A/PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. Olla, está para chover.
*
ANDAR PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. María anda para ter un neno.

2.-

Modais:

obriga ou hipótese/probabilidade.

*

HABER (DE)

 + INFINITIVO: hipótese. Ha (de) andar por oitenta pesos.
En pretérito : 
acción a piques de se realizar(ou imperfectiva). Tropezou e houbo caer.
*
HABER QUE + INFINITIVO:

obriga

Hai que ser educados e saber comportarse.
*
TER QUE/DE + INFINITIVO: obriga. Síntoo, mais teñen que marchar axiña.
*

DEBER (DE)

 + INFINITIVO: obriga ou hipótese. Para aprobaren deben tirar un 5. Aquí debe vivir un gaiteiro.
*

PODER +

 INFINITIVO: hipótese. Podo facer un exame sorpresa en calquera momento.

3.-  Aspectuais(os tempos non expresan o aspecto): A)

Imperfectivas



 acción na súa duración, desenvolvéndose.
*
ESTAR + XERUNDIO (=A+INF). Está a chover. Estaba cantando.
*
ANDAR + XERUNDIO (=A+INF): movemento continuado, prolongado. Anda a preparar oposicións.
*
LEVAR + XERUNDIO (=A+INF): incide sobre o inicio. Leva chovendo un mes.
*
SEGUIR + XERUNDIO (=A+INF): continúa un proceso anterior. O Teucro segue a xogar ben.
*

IR + XERUNDIO

Progresivo. A cousa vai indo a mellor
*

VIR + XERUNDIO

Segue o anterior. E ti de quen vés sendo?
b) 

Perfectivas



 acción acabada, proceso concluído.
*
ACABAR DE + INFINITIVO. Cando acabedes de charlar, poñédevos a estudar.
*VIR DE + INFINITIVO: Fin dun movemento. Veñen de cantar en París.
*
DEIXAR DE + INFINITIVO. Cando deixe de chover, sairemos dar unha volta.
*
DAR + PARTICIPIO en interrogativas e negativas: 

Non se consegue rematar o proceso iniciado

 Eu non dou chapado todo ese librote. ¿Deches sabido onde vive?
*

LEVAR + PARTICIPIO

Matiz reiterativo. Eu lévovos sufrido moito nesta vida, meus fillos.
*

TER + PARTICIPIO

Matiz reiterativo: non substitúe perfectamente o pretérito perfecto castelán. Xa che teño dito que non quero probar o tabaco.
Tamén se poden considerar terminativas (fin dun proceso):
*
CHEGAR A + INFINITIVO. Nunca chegou a se saber quen foran os asasinos.
*

ACABAR POR + INFINITIVO

Os criminais acabaron por se entregar.
*

VIR A + INFINITIVO

E así foi como veu a saberse quen fora o autor da trasnada.
c) 

Reiterativas



 acción que se repite.
*

VOLVER (A)

 + INFINITIVO. Se volves (a) tusir, estragarás o concerto.
*

TORNAR (A)

 + INFINITIVO. Foi recompensado por tornar (a) facer saídas difíciles.
d) 

Incoativas



 proceso no seu inicio.
*
BOTARSE A + INFINITIVO. Cando se botou a chover, fuximos a fume de carozo
*
POÑERSE/PÓRSE A + INFI. Púxose a cantar unha pandeirada no medio do paraninfo.
*
ROMPER A + INFINITIVO. Ponlle un dente de allo cando rompa a ferver.
*
DAR EN + INFINITIVO. Era marabilloso, ata que deu en pincharse.
*
EMPEZAR A + INFINITIVO. Tápalle a boca, xa empeza a berrar.
*
COMEZAR A + INFINITIVO. Xa comezo a aborrecerme con tanta perífrase.

Entradas relacionadas: