Pensamento Político de Hannah Arendt e Fundamentos do Feminismo Contemporáneo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,3 KB
Hannah Arendt: O Totalitarismo e a Liberdade de Pensamento
Hannah Arendt (1906-1975) foi unha filósofa e pensadora política xudía de orixe alemá. Creceu na cidade natal de Immanuel Kant (Königsberg). Estudou filosofía en diferentes universidades de Alemaña, nas que foi alumna de Heidegger, Husserl e Jaspers. Viviu en primeira persoa a persecución do nazismo, polo que tivo que fuxir de Alemaña e exiliarse primeiro en Francia e despois nos Estados Unidos. Esta experiencia marcou profundamente o seu pensamento.
A súa obra céntrase sobre todo na análise dos sistemas políticos do século XX, especialmente do totalitarismo, e na reflexión sobre a vida política e a liberdade humana. As súas obras máis importantes son:
- As orixes do totalitarismo (1951)
- A condición humana (1958)
- Eichmann en Xerusalén: un estudo sobre a banalidade do mal (1963)
As Orixes do Totalitarismo
En As orixes do totalitarismo investiga como, no século de maior avance da razón en ciencia e tecnoloxía, foi posible a irrupción de novas formas políticas que pretenden a dominación total do ser humano. Atopa as súas orixes na hostilidade cara aos xudeus e na expansión imperialista, polo que divide a obra en tres partes: Antisemitismo, Imperialismo e Totalitarismo.
O fragmento proposto trata o tema de como unha das estratexias fundamentais do totalitarismo para lograr o control absoluto da sociedade é a eliminación da iniciativa intelectual e a substitución de persoas creativas por fanáticos obedientes, convertidos en "masa". No texto podemos atopar catro ideas principais:
- A iniciativa intelectual é máis perigosa para o totalitarismo ca a oposición política.
- Os líderes totalitarios perseguen a actividade intelectual polo funcionamento esencial do sistema político.
- O totalitarismo necesita suprimir toda iniciativa individual e espontaneidade.
- A transformación da individualidade nunha sociedade uniformizada garante a lealdade.
O Concepto de Totalitarismo e a Liberdade
Para Hannah Arendt, o totalitarismo é un réxime político no que unha persoa ou partido exerce un dominio completo sobre a sociedade, establecendo unha nova orde moral e social. Historicamente, correspondíase co nazismo alemán e o estalinismo soviético.
Arendt retoma a tradición filosófica que afirma que a liberdade comeza no pensamento. En A condición humana, asegura que o pensamento permite distanciarnos do mundo e ser libres. O pensamento e a acción son as características que fan posible a pluralidade. A arte ou a espiritualidade permiten ao ser humano cuestionarse sobre o mundo, algo incompatible coa obediencia cega.
As Fases da Dominación Total
Arendt afirma que existen tres fases para a dominación total:
- Matar á persoa xurídica (eliminar dereitos).
- Asasinar á persoa moral (destruír a capacidade de xulgar o ben e o mal).
- Destruír a individualidade.
O totalitarismo é a experiencia do "mal radical". Nos campos de concentración, o individuo xa non é persoa, senón un "espécime do animal humano".
A Banalidade do Mal e a Esfera Pública
O obxectivo final é asegurar a obediencia absoluta mediante a destrución da esfera pública e o diálogo. Este fenómeno relaciónase co concepto de "mal banal" introducido en Eichmann en Xerusalén: o mal exercido por "homes masa" que obedecen sen cuestionar as consecuencias.
En conclusión, Arendt segue sendo unha autora fundamental para pensar a liberdade, a responsabilidade e a democracia deliberativa fronte aos sistemas autoritarios.
Disertación: A Muller como "Segundo Sexo"
Introdución
A muller foi considerada "segundo sexo" por natureza ou porque a sociedade a situou historicamente nesa posición? Esta cuestión afecta á liberdade e á dignidade humana. Para reflexionar sobre isto, partiremos da crítica de Mary Wollstonecraft e a teoría de Simone de Beauvoir.
Desenvolvemento
Mary Wollstonecraft, na súa Vindicación dos dereitos da muller, denuncia que as mulleres foron educadas para agradar e depender. Reclama educación e racionalidade, pois unha sociedade que impide ás mulleres ser independentes é unha sociedade inxusta.
Simone de Beauvoir profundiza nisto coa súa famosa frase: "non se nace muller, chégase a selo". Distingue entre:
- Sexo: O aspecto biolóxico.
- Xénero: Unha construción social, normas e expectativas aprendidas.
O home foi considerado o suxeito principal, mentres que a muller foi definida como "o Outro". O feminismo é, polo tanto, unha loita pola liberación humana e a autonomía individual.
Conclusión
A muller non é "segundo sexo" por natureza, senón por construción cultural. Unha sociedade xusta debe garantir que todas as persoas poidan vivir con liberdade, sen papeis impostos.
Gramática Española: Sintaxe e Morfoloxía
6. Oraciones Subordinadas Sustantivas
Estas oracións funcionan como un substantivo dentro da oración principal.
- Verbo principal: Conxugado en indicativo.
- Nexos comúns: que, si, interrogativos ou exclamativos.
Funcións principais:
- Como Suxeito (SUJ): "Que estudies es importante".
- Como Complemento Directo (CD): "Creo que tiene razón".
- Como Complemento Indirecto (CI): "No doy importancia a que te hayas olvidado".
- Como Complemento de Réxime (CRég): "No te quejes de que no te escuche".
- Como Modificador (MOD):
- Do substantivo: "Tengo la sensación de que hay alguien aquí".
- Do adxectivo: "No estoy seguro de si Luis ha aprobado".
- Do adverbio: "Nos quedamos cerca de conseguir una medalla".
7. Perífrasis Verbais
Aspectuales (Modo da acción):
- Incoativas: Acción que empeza (empezó a llover).
- Durativas: Acción en desenvolvemento (está estudiando).
- Terminativas: Acción que acaba (acabó de llegar).
- Reiterativas: Acción que se repite (volvió a intentarlo).
- Resultativas: Acción completada (tengo hecho el trabajo).
Modales (Actitude do falante):
- De obrigación: tienes que estudiar.
- De posibilidade: debe de ser tarde.
- De intención: voy a salir.
8. Oracións Impersoais
Son aquelas que non teñen suxeito léxico ou non se pode identificar.
- Unipersonal: Verbos meteorolóxicos (llueve todo el día).
- Gramatical: Verbos haber, hacer, ser (Hay muchas personas, Hace dos años).
- Refleja: Se + verbo en 3ª persoa (Se vive bien aquí).
- Eventual: Verbo en 3ª persoa do plural sen suxeito determinado (Llamaron a la puerta).
Exemplos Prácticos
- Subordinada sustantiva (CD): Pienso que mañana lloverá.
- Subordinada adxectiva: El libro que me prestaste es muy interesante.
- Voz pasiva: El examen fue corregido por la profesora.
- Construción causal: No salí porque estaba cansado.