A pegada cultural do exilio galego: Luís Seoane e a revista Galicia Emigrante
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,13 KB
Galicia Emigrante: Un fito na cultura do exilio
Galicia Emigrante foi unha revista que se publicou en Buenos Aires entre 1954 e 1959, baixo a dirección de Luís Seoane. A revista tivo unha periodicidade mensual e bimestral. Alén da prensa escrita, tamén foi un programa de radio que estivo en antena entre 1954 e 1971. É considerada a mellor publicación e unha das mellores audicións radiais da emigración galega.
Análise da obra poética de Luís Seoane
A continuación, analízanse diversos aspectos sobre a representación do exilio e a represión na súa obra:
1. O exiliado ante a costa galega
O motivo polo que o pasaxeiro galego que vai no transatlántico non se dirixe á Galiza e só a observa desde a distancia é a súa condición de exiliado. No ano 1949, en plena ditadura franquista, a voz poética non pode volver aos seus «lares familiares» pola situación política de falta de liberdades, xa que correría o risco de ser detido polas autoridades.
2. Simboloxía de «carcereiros» e «verdugos»
No contexto histórico da segunda estrofa, os termos «carcereiros» e «verdugos» refírense aos franquistas sublevados e aos matóns falanxistas. Pola contra, os que esixen «liberdade e xustiza» son os irmáns republicanos e galeguistas que foron represaliados, encarcerados e asasinados tras o golpe de Estado e a Guerra Civil.
3. As lembranzas do mar
As ondas do mar provocan no pasaxeiro memorias da represión contra os vencidos. O poema menciona os «feitos crueis» que foron silenciados e que aínda non foron contados por ninguén, reflectindo a dor do trauma histórico.
Características da poesía de Luís Seoane
- Poesía social e de denuncia: Menciona explicitamente a represión da ditadura con expresións como «as voces amaldizoadas dos teus carcereiros» e «as gargalladas asasinas dos teus verdugos».
- O tema do exilio: A situación inicial é a dun viaxeiro que non pode desembarcar na súa terra e debe continuar o seu camiño cara a outro destino.
- Estilo narrativo: Existe unha escasa utilización de recursos literarios complexos, optando por un ton narrativo próximo á prosa e o uso do verso longo.
- Prioridade do contido: O tema político e social predomina sobre a forma, diferenciándose así das correntes de vangarda.
Temas principais: Poesía de denuncia dos problemas sociais, a emigración (factor económico) e o exilio (factor político).
Crónica dunha realidade: Xosé Manuel Basalo Gómez
Baseado na noticia do 26 de setembro de 1972 sobre o emigrante que vive nun cano (tubo de material duro para conducir líquidos).
1. Resumo da historia
Xosé Manuel Basalo Gómez é un galego de Seoane da Cima (Ourense) de 64 anos que vive nun tubo na Praza da Liberdade en Buenos Aires. Malia a súa situación, descrívese como un home limpo, ergueito e de aspecto digno, con barba canosa. Aínda que parece rexo, padece reuma e amnesia. Traballou como tipógrafo (profesional encargado de compoñer textos) e sereno. Actualmente tramita a súa xubilación e o seu desexo é que as autoridades faciliten a súa volta á patria, xa que posúe bens en Ourense e non quere depender de ninguén. Vive de xeito austero, durmindo sobre unha sarapilleira (tipo de colcha) dentro do cano.
2. Estrutura da noticia (As 5 W)
- Que? (What): Un emigrante galego vive nun cano.
- Quen? (Who): Xosé Manuel Basalo Gómez.
- Cando? (When): 26 de setembro de 1972.
- Onde? (Where): Praza da Liberdade en Buenos Aires, Arxentina.
- Por que? (Why): Porque é un traballador empobrecido que aínda non cobra a súa pensión.
- Como? (How): Tras traballar como tipógrafo e sereno, agarda pola xubilación mentres sobrevive nun espazo público.
Cultura e Identidade: Castelao e os Símbolos Nacionais
O relato «O pai de Migueliño» (1977) está incluído no libro Cousas (1929) de Daniel Castelao, unha peza fundamental da narrativa breve galega.
A creación da Real Academia Galega (RAG)
Xosé Fontenla Leal, emigrado en Cuba, foi unha figura clave. En 1886 fundou a Revista de Galicia e impulsou a creación da Academia co apoio de Manuel Curros Enríquez. Os estatutos presentáronse en 1905 e a RAG fundouse oficialmente o 30 de novembro de 1906. A sede estableceuse na Coruña polo seu carácter liberal e por ser a residencia do seu primeiro presidente, Manuel Murguía. O impacto da emigración foi tal que os seus primeiros dez membros foron elixidos pola comunidade emigrada.
O Himno e a Bandeira
- O Himno Galego: Fontenla Leal foi o máximo responsable da súa popularización. Organizou a estrea de «Os Pinos» no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907. Foi declarado himno oficial do Centro Galego da Habana e distribuído desde alí ao resto do mundo.
- A Bandeira de Galicia: A franxa azul foi incluída e utilizada polos emigrantes nos seus primeiros actos oficiais. Co tempo, esta versión foise impoñendo entre as sociedades galegas de América e os sectores nacionalistas.
- O pasamento de Curros Enríquez: Cando Curros morreu na Habana en 1908, foi enterrado coas notas do himno e a bandeira foi utilizada como signo de identidade, sendo ondeada na súa honra nos centros galegos.